martes, 31 de xullo de 2012

Preferentes: a Xunta reforza o IGC contratando á empresa da que é apoderada Micaela Núñez Feijóo

O custo da arbitraxe das preferentes pagarémosllo todos os galegos á irmá do presidente da Xunta.


A pesar de anunciar que sobran funcionarios, o goberno do Partido Popular acaba de presentar ás organizacións sindicais unha proposta para pagar produtividade a persoal funcionario que temporalmente desenvolva a tarefa de arbitraxe nos laudos sobre as preferentes no Instituto Galego de Consumo. Ante a falta de árbitros, que teñen que ter a condición de persoal ao servizo das Administracións Públicas, a Xunta ten que recorrer a funcionarios/as doutras consellarías para sacar adiante os procedementos. Independentemente de que se habilite a arbitraxe o persoal do Instituto Galego de Consumo vai ver como aumenta o volumen de traballo sen que se incremente a plantilla para asumir esta nova carga ao ter que ser asumido un maior volume de traballo na fase de tramitación polos funcionarios/as de consumo, sendo só os árbitros os que van cobrar a productividade.

xoves, 26 de xullo de 2012

O timo dos moscosos ou do privilexio que nunca foron

Unha das grandes medidas "estrela" do Goberno de Rajoy é facer tábula rasa cos días de libre disposición (ou moscosos) e igualalos a 3 en todas as Administracións Públicas. De todas e todos é sabido que esta medida, na práctica, non supón un auténtico aforro nin unha solución aos problemas de financiamento da débeda pública. Máis ben é un "que os jodan" como o que gritou Andrea Fabra desde a bancada do Congreso dos Deputados cando se facía referencia ás persoas en paro.

Pois  ben, se facemos un pouco de historia descubrimos que os moscosos máis que un privilexio foron un timo; unha magra compensación polo altísimo IPC no ano 1983 no canto da suba salarial que recolleron moitos convenios colectivos. No fondo, a supresión de días de libre disposición, así como os adicionais por vacacións, non deixan de ser outra rebaixa salarial encuberta.

Javier Moscoso del Prado e Muñoz, Ministro de Presidencia de Felipe González, aprobou os "días Moscosos" o 23 de decembro de 1983 a cambio de non incrementar os soldos segundo o IPC que era do 12,2% (fonte: INE).