luns, 7 de abril de 2014

Últimos acordos da Xunta de persoal dos Servizos Centrais

No último pleno celebrado o 3 de abril pola Xunta de Persoal dos Servizos Centrais da Xunta de Galiza, os principais puntos e acordos que se aprobaron foron os seguintes:
  • Logo de analizar os diferentes problemas que están a xurdir coa aplicación da orde de flexibilidade, con respecto á conciliación familiar, como son a tardanza inxustificada en resolver solicitudes de flexibilización horaria (hai detectados casos de oitenta e pico días de retraso na AMTEGA, Sanidade e Facenda), que logo de emitir informe a XP tárdanse máis de un mes en resolver, falta documentación nas peticións de informes e resolucións que obrigan a ter un tempo de presenza efectiva no caso da conciliación familiar, acordouse presentar alegacións ás instrucións que remitiu a Administración e comunicar tamén a nosa queixa pola tardanza en respostar e informar con reparos cando se observe algunha irregularidade.
  • Con respecto ás irregularidades que están a xurdir dos diferentes concursos de traslados que se están a resolver, así como presións recibidas por parte de persoal que consigue algunhas prazas, acordouse presentar unha denuncia pública dun caso concreto dunha persoa da escala de finanzas e remitirlle todas as irregularidades detectadas á Dirección Xeral da Función Pública. 
  • Denunciar que persoal estatutario do Sergas e dalgunha empresa pública está a facer funcións que só corresponden ao persoal dos corpos xerais da Xunta de Galiza.
  • Instar ao presidente da Xunta para que se revisen as medidas no emprego público que se aprobaron hai dous anos e se retiren, polo menos, parte dos recortes que o conxunto das traballadoras e traballadores públicos levamos sufrido dende aquela, xa que a situación económica vai tan ben e xa que así o prevía a propia lei de Medidas no Emprego Público.
  • Solicitar a rehabilitación integral dos edificios Administrativos de San Caetano, respectando a normativa aplicable por parte do Patrimonio Cultural, prevención de riscos e en cuestións de accesibilidade.
  • Instar á Función Pública a que non se faga uso político da promoción interna e se convoque inmediatamente, así como o resto de procesos relacionados coa carreira profesional que están pendentes de resolver, como é a promoción interna horizontal.
  • Outras das cuestións máis destacables que se acordaron foron denunciar perante a Inspección de Traballo a falta de información das horas extras e dos traslados de persoal, remitir varias denuncias de asistencias técnicas aos grupos parlamentares, a petición dun prendido das luces máis cedo e solicitar o amaño da rampa de acceso a persoas con discapacidade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario