xoves, 27 de novembro de 2014

Candidatura da CIG ao Comité de Empresa SSCC

O vindeiro día 4 de decembro, o persoal laboral dos Servizos Centrais da Xunta de Galiza ten a oportunidade de exercer o seu dereito ao voto nas eleccións sindicais.

Agora toca decidir, que Comité de Empresa queres? Un comité que actúe como tal ou un comité que ante calquera problema che propoña que vaias ti a amañar os teus asuntos.

A CIG entende que un comité debe ser a canle das reivindicacións e da defensa dos traballadores e non pode estar integrado por delegados e delegadas que o ven todo "complicado" e que poñen peros a calquera cousa, senón por compañeiros e compañeiras que afrontan os retos e cren que calquera cousa é posible se hai vontade e unidade.

A candidatura que presenta a CIG está conformada, logo dun proceso democrático interno, por unha proposta plural que representa, toda unida, un sindicalismo de clase e combativo, que loita pola defensa dos dereitos dos empregados e empregadas públicas e por uns Servizos Públicos Galegos e de Calidade e con clara vocación de servizo á cidadanía.

A CIG é un sindicato que representa o incoformismo co sistema actual e quere loitar por cambiar as cousas. Somos persoas que, como todas e todos, temos defectos, pois somos humanos, pero que dende a honradez e a modestia queremos ser a plataforma que represente os teus intereses como traballador e traballadora. Porque cremos que as cousas se poden facer mellor.

Por todo isto, pedímosche o voto o día 4 de decembro.

COA CIG SOMOS MÁIS FORTES

CANDIDATURAS DA CIG AO COMITÉ DE EMPRESA DE SSCC


Ningún comentario:

Publicar un comentario