venres, 14 de novembro de 2014

Vindeira reunión do Comité de Seguridade e Saúde Laboral dos Servizos Centrais

Achegamos a proposta que nos remite a Xunta para a reunión do Comité de Seguridade e Saúde Laboral dos Servizos Centrais por se alguén quere facer algunha alegación ou propor algo máis.

A convocatoria está prevista para o martes 25 de novembro (ás 10:00) e a proposta de puntos para orde do día que existe actualmente é a seguinte:

1) Avaliacións de riscos que foron tratadas nas últimas reunións do Comité de Seguridade e Saúde de Servizos Centrais para engadir na orde do día:
·         D.X. de Mobilidade
·         Avaliación e Plan de Acción da D.X. de Relacións Exteriores.
·         Edificio de Medio Ambiente en San Lázaro.
·         Subdirección Xeral de Admón. Industrial sita na rúa Tomiño
·         Edificio Administrativo da Rúa Pastoriza (Axencia Tributuria e Política Lingüistica)
·         EGAP
·         Cultura e Educación (San Caetano)
·         Facenda (San Caetano)
·         Medio Rural e Mar(San Caetano)
·         Presidencia(San Caetano)
·         Traballo(San Caetano)

2) Solicitude de avaliación dos riscos físicos e psicosociais dos postos de traballo do persoal inspector de servizos sociais da Consellería de Traballo e Benestar.

3) Reiteración da necesidade de iniciar e impulsar as accións ao respecto das medidas de prevención e sanción do acoso sexual que obriga a Lei 7/2004 de 16 de xullo, galega para a igualdade de homes e mulleres


Ningún comentario:

Publicar un comentario