venres, 5 de decembro de 2014

ELECCIÓNS PERSOAL LABORAL SSCC – A CIG RECUPERA TERREO



A CIG sitúase como o único sindicato que mellora os resultados de fai catro anos, pasa de catro delegados a seis, CCOO, que tiña a presidencia até o de agora, pasa de sete a seis, CSIF mantense e UXT baixa de catro a tres.

Votos colexio de técnicos/as:

CIG 87 votos 

CCOO 100 votos

CSIF 76 votos

UXT 40 votos

Neste colexio non dispoñemos neste momento do nº de brancos e nulos

DELEGADOS/AS: CIG 4, CSIF 4, CCOO 5, UXT 2


Votos colexio de especialistas:

CIG 42 votos

CCOO 31 votos

CSIF 42 votos

UXT 19 votos

11 brancos e 8 nulos

DELEGADOS/AS: CIG 2, CSIF 2, CCOO 1, UXT 1


TOTAIS VOTOS:

CIG 129

CCOO 131

CSIF 118

UXT 59


TOTAIS DELEGADOS/AS:

CIG 6 delegad@s

CCOO 6 delegad@s

CSIF 6 delegad@s

UXT 3 delegad@s

Como primeira valoración, temos que amosar a nosa satisfacción pola suba de resultados, aínda que non polo feito de non ter obtido, por só dous votos, a maioría no Comité de Empresa.

Non entanto, a CIG incorpora novas persoas nun Comité que tentarán facer deste órgano de representación unha ferramenta útil que canalice as reivindicacións e a loita polos dereitos do persoal laboral dos Servizos Centrais.


Grazas a todas e todos os que participastes nesta votación e particularmente, aos e ás que nos destes a vosa confianza.

Ningún comentario:

Publicar un comentario