venres, 19 de decembro de 2014

Normas para recoñecemento de trienios ao persoal laboral temporal da Xunta de Galiza


Anunciaba na última Mesa Xeral o director xeral de Función Pública que "farán este recoñecemento de oficio e tentarán incorporalo na nómina de xaneiro". A Orde só fala de "oficio" no caso de servizos previos prestados como persoal laboral da Xunta, ou unha vez sexan recoñecidos os prestados noutro réxime non laboral da Xunta ou noutras Administracións.

As persoas que xa teñan feita esta reclamación previa a vía laboral ou o asunto no xulgado teñen que facer unha nova solicitude de novo de acordo coa presente Orde.

1.-Ao persoal laboral temporal os servizos prestados como laboral na Xunta seranlles recoñecidos de oficio sen necesidade de presentar solicitude .

2.- O persoal que teña servizos prestados na administración da Comunidade Autónoma como persoal non incluído no ámbito do Convenio Colectivo da Xunta (funcionario/a interino/a, Sergas, ....) deberá ACREDITAR ESTOS SERVIZOS ANTE A UNIDADE DE PERSOAL NA QUE PRESTA SERVIZOS ( no modelo que se adxunta)

3.- O persoal que teña servizos prestados noutras Administracións (Estado, Local, Xustiza...) deberá PRESENTAR CERTIFICACIÓN ORIXINAL (no modelo que se adxunta no DOG) asinada polo órgano competente.

Os efectos económicos terán efecto a partir da data da solicitude.

Os servizos prestados a tempo parcial computaranse como se fosen a tempo completo e a remuneración será proporcional a xornada realizada. O mesmo tratamento terán os servizos prestados como contrato fixo descontinuo.


Ningún comentario:

Publicar un comentario