venres, 26 de decembro de 2014

Outras informacións da reunión co director xeral de Función Pública do 23 de decembro

Na reunión do pasado 23 de decembro, a parte de anunciarnos un novo cronograma de recuperación da paga extra de 2012, informou o director xeral de varios asuntos: lei de emprego público, fondo de acción social, diferencial IPC galego, persoal veterinario, supresión categorías do convenio e integración do persoal dos chiringuitos.

LEI DE EMPREGO PÚBLICO.
O máis salientábel por non estar no texto da LEPG é o miserable plan de recuperación da extra. Con relación ao demais simplemente nos relatou o que xa temos no texto modificado no Consello da Xunta: que si supresión do plus de altos cargos, que si eliminación das xefaturas de servizo na cobertura por libre designación (outra vez...). 

Fala ademáis: da creación das escalas de funcionarios de Servizos Socias (Menores), do encadramento de axentes facultativos medioambientais e delineantes no grupo B, da redación de datas límites para a integración do persoal doutras Administración que chegou en LD (antes do 18/09/2014) e sobre a funcionarización (antes da entrada en vigor do EBEP).

FONDO DE ACCIÓN SOCIAL
A Administración Tributaria di que hai que facer a declaración á data de devengo. Así que este ano pasado as persoas que cobraran o FAS do 2013 teñen que facer unha declaración complementaria, xa que os efectos tributarios son á data de devengo e non de cobro.

DIFERENCIAL IPC GALEGO
Di que só se paga ao persoal funcionario ou laboral da Xunta, así como o persoal dos nos entes que se tivesen adherido ao Convenio Colectivo do persoal laboral da Xunta ou que teñan un acordo similar. Esto vai polo persoal do INGACAL que non percibe este "concepto" nas súas nóminas.

PERSOAL VETERINARIO MATADOIROS
Sobre unha cuestión preguntada na Comisión de Persoal, é incompatíbel cobrar a productividade con gozar de días de descanso de asuntos propios por compensación do traballo o 24 e 31 de decembro. Asegura que Función Pública ten o mesmo criterio que Sanidade.

SUPRESIÓN DE CATEGORÍAS DO CONVENIO
Mandarán un listado coa cuantificación dos postos dos procesos de consolidación de persoal laboral que está relacionado co que nestes días se manexa en relación á supresión de categorías. Descargar arquivo

INTEGRACIÓNS DO PERSOAL DOS CHIRINGUITOS

Enviarán un borrador de orde de integración EPOSH, IET e XESTUR. Di que publicarán en xaneiro (actualizado 05/01/2015) os dos xerentes das Fundacións de Desenvolvemto Comarcal,  a da Axencia Humanitaria e a da Fundación Galiza-Emigración.  Xa enviaron a de Innovación. Despois comezarán co de Turismo.

Sinalan cambios menores e di que se respeta a sentenza do contencioso gañada pola CIG contra o Decreto de Integración. Din que publicarán a modificación do Decreto en breve.

Actualización

Ningún comentario:

Publicar un comentario