luns, 19 de xaneiro de 2015

Persoal subcontratado: non lles importa pagar máis cando a irmá de Feijóo é un cargo importante da empresa

A finais do ano pasado aprobouse a Lei estatal da transparencia, acceso á información pública e bo goberno, neste último aspecto queríamos centrar a nosa reflexión.

Todos coñecemos (e se somos traballadoras e traballadores públicos aínda máis) o acusado descenso de contratacións de personal para os servizos públicos; todos sabemos como estaban as urxencias neste Nadal por falla de persoal sanitario, tamén vemos que non se chama a case ninguén das listas de contratación da Xunta, o persoal docente imparte materias que nada teñen que ver coa súa especialidade; e todo para un suposto aforro no gastos de personal, que está blindado, e segunde levan vendendo durante 5 anos é cáseque o culpable de todos os males do país.

Pero o traballo hai que facelo, e grazas a esta cerrazón en contratacións, a única maneira (ás veces buscada polo propio político neoliberal) de tirar para adiante é facer contratacións externas, revestidas de gastos de investimento, onde parece que o mar non ten cancelas e se segue a gastar sen miramento ningún partidas que sairía moito máis barato asumilas con contratacións propias (non habería que pagar o IVE nin o beneficio empresarial do contrato de servizos).

Supoñendo a mesma calidade, calquera persoa sabe que o sentido común rixe calquera economía, polo tanto se no super A a laranxa está máis barata, non a vai comprar ao super B. Nas Administracións públicas parece que non rixe este principio xeral do aforro e outros intereses están por riba de todo.

Vaia un exemplo para ilustrar esta reflexión:

A secretaría xeral de Cultura ten un almacén no Polígono do Tambre (Compostela) onde xestiona a organización dos seus libros, maiormente edicións que compra e que reparte por centros docentes e culturais. Pois ben había dúas opción para levar a cabo este traballo:
  • Opción A). Contratar da lista de substitucións un persoal subalterno que se encargase dese traballo. Custo anual: 20.000 € (gastos sociais incluídos).
  • Opción B). Contratar unha empresa que levara a cabo esa labor. Custo anual: 60.000 €. (IVE incluído)
Que opción pensades que se escolleu?? 

Pensade mal e acertaredes… desde o ano 2013 a empresa EULEN (a da irmá de Feijóo) xestiona os fondos bibliográficos da Xunta co traballo dunha persona e cun contrato plurianual  (tres anos a razón de 60.000 €/ano). Este e moitos outros exemplos valerían para sustentar a idea de que o traballo feito por personal público é máis ventaxoso a todos os niveis (económico e social) para a cidadanía e para as propias Administracións.


Ningún comentario:

Publicar un comentario