martes, 17 de febreiro de 2015

A suspensión das obras na Residencia de Maiores de Caranza impiden dar asistencia pública aos ancians da comarca de Ferrol

O COMITÉ DE EMPRESA DE TRABALLO E BENESTAR DA CORUÑA DENUNCIA A SUSPENSIÓN DAS OBRAS DE REMODELACIÓN DA RESIDENCIA DE MAIORES DE CARANZA. O pleno do concello de Ferrol tratará, vía mocións dos grupos da oposición, a situación de desidia e abandono dunhas obras iniciadas pero paralizadas sen xustificación

Representantes do Comité de Traballo e Benestar da Coruña, entrevistaronse cos grupos municipais da oposición do concello de Ferrol, co fin de exporlles a grave situación que se esta a vivir na Residencia de Maiores de Ferrol. Na xuntanza cos grupos municipais acordouse presentar mocións no Pleno, coa toma de palabra por parte de traballadores do Centro para que expliquen as consecuencias de terse iniciado unhas obras e paralizado sin rematalas ( con buratos e paredes derruidas nas plantas).

A solución dos problemas da Residencia de Maiores de Caranza adscrita á consellería de Traballo e Benestar pasa ademáis de rematar o antes posible coas obras iniciadas pola ampliación das prazas para persoas asistidas, retomándose a creación dun novo módulo para residentes asistidos.

O Comité de Empresa considera que é urxente e imprescindible para paliar a situación de numerosos anciáns da comarca de Ferrol que a Residencia de Maiores de Caranza sexa posta en disposición de usar todas as prazas que dispon, sendo totalmente insuficientes as actuáis que coa merma das obras solo son 127 (Do total de 191 que ten de capacidade a R.M. de Caranza si estivesen as obras rematadas). Denunciamos asi mesmo que que están derivando residentes a centros privados a mais de 100 kilómetros de distancia de Ferrol, co suplicio que supon para as familias e cos problemas de saúde que acarrean os traslados nas persoas maiores tanto de depresión como de adaptación a un novo Centro (circunstancia que moitas veces reduce a esperanza de vida nos ancians trasladados).

Estamos ante a perdida de 64 prazas na Residencia de Maiores que non se poden ofertar a unha lista de espera para entrar no centro moi abultada e con necesidades urxentes de ingreso nun cnetro de atención a persoas maiores. 

Tamén se trampean as ratios pois a maioria dos validos non o son e precisan aseos,cueiros e axuda para o desempeño das tareas máis esenciais na súa vida diaria, polo que no momento de facer o informe foron calificados como validos pero dado o retraso en ser chamados para ingresas xa pasaron a ser persoas asistidas.

O Comité de Empresa esixe da conselleira Beatriz Mato que teña en conta a situación de necesidade que vive a comarca de Ferrol na demanda de prazas pública para atender a persoas maiores asistidas e rematen dunha vez as obras da R.M. de Ferrol coa creación de novas prazas para persoas asistidas, tendo en conta que é Ferrol a comarca que mais déficit de prazas ten de toda Galicia, moi por debaixo das que se ofrecen noutras comarcas de similar poboación.

Ningún comentario:

Publicar un comentario