mércores, 4 de febreiro de 2015

O Boletín da polémica: Que cesen xa o director xeral da Función Pública

Ladrán Sancho, logo cabalgamos

O Boletín de xaneiro causou polémica nalgúns círculos da casta da Xunta que considera a contraportada "moi grave" ou mesmo "humillante". Nela aparece unha turba enfurecida que está pronta a queimar ao director xeral da Función Pública e a conselleira de Facenda lista para cortarlle a cabeza. Ao final non vai ser esta, que se nos marcha para Vigo (canto menos ata que rematen as eleccións municipais).

Temos que admitir que é certo, pasámonos de freada. Se aínda nos tiveran denigrado nos medios todos os días, se aínda nos tiveran recortado o poder adquisitivo nun 30% en 4 anos, se tiveramos que pagar por enfermar, se nos recortasen os días de asuntos propios e as vacacións, se nos quitasen o fondo de acción social, se nos roubaran as pagas extras completas, se tivesemos un concurso cada non se sabe cando, se nos quitasen o dereito a promocionar, se houbera uns procesos selectivos que nunca soubéramos o que van durar, cando vai saír ou se se risen de nós a máis non poder.... En fin, de existiren todas esas circunsancias, igual a situación sería realmente "moi grave" pero moi grave para a maioría do persoal.

Por desgraza, recortáronos o poder adquisitivo nun 30% en 4 anos, temos que pagar por enfermar, recortaronos os días de asuntos propios e as vacacións, quitáronnos o fondo de acción social, roubáronnos as pagas extras completas, sacan un concurso cada non se sabe cando, quitannos o dereito a promocionar, hai uns procesos selectivos que nunca sabemos o que van durar e cando vai saír e denigraron a nosa condición de empregados públicos todo o que quixeron desde os medios de comunicación e máis.

E todo para que? Para que esas persoas de arriba, que parece que "humillamos" co noso Boletín, sigan vivindo de marabilla. Somos nós as persoas que están sendo humillandas día a día e o que resulta "moi grave" é que nos deixemos seguir humillando.

Que máis nos teñen que facer? Qué novas represalias van seguir tomando, se aínda non protestando todo o que deberamos, seguen a tratarnos coma traballadoras e traballaores de segunda, coma escravos que non merecemos decidir nada, nin saber nada e só temos que cumprir ordes. Mexan por nós, non digamos que chove

Coa CIG non cabe o medo, nin hai profeta que non nos atrevamos a caricaturizar.

Descargar o Boletín

Neste número:

- Editorial: Que cesen xa ao director xeral da Función Pública
- Novas en destaque: Afiliate a CIG; asembleas pagas extras
- Novas breves
- A contra da polémica

Ningún comentario:

Publicar un comentario