xoves, 5 de febreiro de 2015

Reclama o que é teu (se queres): parte devengada da paga extra de 2013

Nas asembleas destes días falamos e aclaramos "o que din que van devolver" e o que "está escrito que van devolver". Entre toda esta palla non está a parte devengada da paga extra de 2013 á que xudicialmente tamén se nos recoñece o dereito e que representaría 1/3 do complemento específico.

Se queres deixarlle esta cantidade xenerosamente á Xunta, podes facelo; tamén podes agardar a que sexan moitas as persoas que reclamen e ver "se o devolven de oficio", aínda que neste caso non están sendo demasiadas pois só afecta ao persoal da Xunta e non ao de todas as Administracións como no caso da paga extra de 2012, ou podes esixir primeiro vía reclamación administrativa e logo vía xudicial a parte de recorte retroactivo da paga extra 2013 e os xuros. Nas asembleas explicamos o que é esta parte devengada, a diferenza entre persoal funcionario e laboral, e que facer se queres reclamalo. En calquera caso, trátase dunha decisión persoal.

Reflexionouse na asemblea de San Caetano sobre a actitude do noso colectivo, se "pasamos de todo", mesmo cando se fala de recuperar cartos, e saiu o clásico "temos o que merecemos". Na CIG non cunde o desánimo porque cremos que non temos o que merecemos, que é unha minoría a que ten secuestrada o que a maioría merecemos, esa minoría que non fai máis que recordarche que "nada se pode facer".

Para as persoas que non poidechedes vir pero vos interesa o tema, pensade que "algo sempre se pode facer":



Ningún comentario:

Publicar un comentario