luns, 23 de febreiro de 2015

Resposta á carta de despedida da conselleira de Facenda dun compañeiro...

... pero dos de a pé, dos de verdade, dos que traballan ao teu lado.

Querida “compañeira”, como te tomaches a liberdade de tratarme de compañeiro, voume tomar a confianza de tutearte, espero que non che pareza mal. Alegróme de que che fora tan ben na túa andadura nesta consellería e nesta administración autonómica. Como ti dis levas 15 de servizos e xa fuches, xefa de servizo, subdirectora, interventora xeral e conselleira, é decir, todos postos que se designan a DEDAZO sen ter que demostrar principios de mérito e capacidade.

Hai xente que leva ben mais anos ca ti na administración e aínda non conseguiu nin aproximarse ao nivel máximo que lle pudera corresponder dentro do seu grupo, a pesares de facer cursos de formación e acumular méritos durante varios anos, pero claro, non pudemos participar nos concursos de traslados que ti como conselleira responsable de Función Pública non convocaches, nin pudemos participar nas promocións internas que tampouco convocaches, a pesar de que neses procedementos si que se respectarían os principios de mérito e capacidade para poder ascender dentro da administración. Tamén, como última responsable da Función Pública, es complice de que as comisións de servizo se repartan por criterios de amiguismo sen que se resolva ningunha con unha motivación que sexa pública, todo ocultismo.

En vista de como ti conseguiches os teus postos, supoño que ti consideras estes sistemas do dedazo os mais idóneos para cubrir postos na administración, outrxs pensamos de outro xeito, creemos na independencia dos empregadxs públicxs para que a administración sexa mais transparente e non se xeneren caldos de cultivo para posibles corruptelas.

Ti tranquila, vaite para Vigo e que che arranxen alí “lo tuyo”, que nos xa seguiremos defendendo aquí o noso, o de todos os empregados públicos, o que ti non supeches defender, aínda a pesar de que ti tamén eres empregada pública e fuches a máxima responsable de defender os dereitos de todos os empregados públicos da Administración galega, que parece que xa esquenciches iso.

Un saúdo e que vaia ben.

P.D.: Non sei se na organización política a que representaches estes últimos anos como conselleira estarán moi de acordo con que utilices as expresións do tipo “ata sempre compañeiros”, esas son expresións mais propias de esquerdosos revolucionarios chavistas ou cubanos, que dunha futura alcaldable por tan insigne e pulcro partido para a cidade olívica.

Ver carta de despedida da conselleira.

Ningún comentario:

Publicar un comentario