venres, 17 de abril de 2015

Pedimos a anulación das oposións do Consorcio, o cese de Lois Castrillo e investigación dos enchufes

Béndita hemeroteca...


QUINTANA DEBE ANULAR AS OPOSICIÓNS DO CONSORCIO, CESAR AO XERENTE LOIS CASTRILLO E ABRIR UNHA INVESTIGACIÓN SOBRE OS ENCHUFES DA ADMINISTRACIÓN PARALELA DA XUNTA

O consorcio de servizos sociais, organismo de administración paralela creado a instancias do Vicepresidente da Xunta de Galicia, Anxo Quintana, ten numerosas persoas traballando que entraron a dedo e van consolidar o seu posto para toda a vida cun concurso-oposición amañado. O procedimento de selección para postos que en principio eran temporais foi dun exame con entrevista final.Pasados uns mes de interinidade, agora esta aberto o proceso de consolidación para que estas persoas teñan unha praza fixa.O procedemento é moi sui generis, poucos temas, poucas preguntas e sin descontar as negativas e ao final decide a puntuación por concurso. Puntuación para que as persoas xa contratadas contan cun plus de puntos que fai imposible que calquera opositor librte obteña a apraza.


O listado de persoal das galescolas e dos servicios centrais está cheo de militantes do BNG. Entraron con un traballo temporal, cunhas probas donde a entrevista era determinante e van a rematar a lexislatura con un posto fixo para toda a súa vida gracias á posta en marcha dun proceso de consolidación que prima sobre todo, precisamente eses meses traballados, cunha valoración sobre dimensionada e que deixa sin opcións a calquera opositor que non estea xa traballando no Consorcio.

Ao escandalo que supuxo xa a contratación de Lois Castrillo (xerente colocado a dedo por Quintana), Andres Vazquez e Pilar Candocia,  con denuncias ante notario, acertando previamente ao proceso para quen ían ser as prazas, sumase a control absoluto por parte do quintanismo dun proceso de consolidación convocado un mes antes das eleccións autonomicas, cun goberno en funcións e cando o PSOE afirma no seu programa electoral que as galescolas pasaran a depender da Consellería de Educación.

Os servicios centrais do Consorcio ubicanse en Santiago de Compostela e son desta comarca varios militantes do BNG que teñen o seu posto adxudicado polos quintanistas que dirixen o Consorcio. Entre eles destacan:

Maria del Mar Lado Vila con praza de técnico superior, membro do consello comarcal do BNG de Santiago.

Victoria Rei Mariño, traballadora do Consorcio contratada como Técnico Superior fai escasamente 1 ano. Rei Mariño figura como suplente na lista que encabeza Anxo Quintana as autonomicas do 1 de marzo.

Forman parte tamén do grupo de persoas beneficiadas polo proceso de consolidación:
  • Ximena Maria Campos Pérez, candidata do BNG nas listas municipais de Sada.Contratada como Técnico Superior.
  • Maria Uxia Sanmartin Gonzalez formou parte da lista do BNG nas municipais polo concello de Sarria.Contratada como auxiliar administrativo de inclusión social.
  • Marina Villaverde Ferro, no 2005 entrou de concelleira do BNG no Concello de Outes. Contratada no consorcio coa categoria de Intervencion Sociocultural.

Anxo Quintana, por medio de Lois Castrillo ex-alcalde do BNG en Vigo como máximo responsable do Consorcio, mantén asi a fidelidade interna dun numeroso grupo de persoas que teñan o seu futuro laboral pendente dun proceso de oposicións que foi denunciado por sindicalistas da administración galega como manipulado para enchufar as persoas que xa están traballando. Un proceso que para un grupo de Técnico Superior esixe 100 temas menos que para unha oposición da Xunta, con 40 preguntas sin descontar as negativas e puntuando os servicios prestados de xeito definitivo fan que todas as persoas do BNG que teñen o seu posto provisionalmente no Consorcio teñen mais que asegurado que van a ser persoal fixo, nuns postos de traballo que de seguirse a costumbre dos gobernos autonomicos rematara por facelos funcionarios da Xunta de Galicia para toda a vida.

Por todo elo SOLICITAMOS A ANULACIÓN DAS OPOSICIÓNS FRAUDULENTAS DO CONSORCIO, O CESE INMEDIATO DE LOIS CASTRILLO E PILAR CANDOCIA, A APERTURA DUNHA INVESTIGACIÓN PARA DELIMITAR ATA QUE GRADO ESTA IMPLICADO ANXO QUINTANA E A CANTAS PERSOAS SE VIRON BENEFICIADAS POLO ENCHUFISMO NA ADMINISTRACIÓN PARALELA DA XUNTA (Consorcio, galescolas, SEAGA,etc)

Compostela, 5 de febreiro de 2009.

Xan Carlos Ansia. Delegado da CIG en Vicepresidencia da Xunta de Galicia.Membro do Consello Confederal.

Xesús Tarrío Peón.Delegado da CIG.Xunta de Persoal  de Servicios Centrais.

*************************
ACLARACIÓN: O sindicato CCOO publicou unha serie de falacias o pasado 15 de abril, día anterior ás eleccións de persoal funcionario da Xunta de Galiza (día de reflexión, por certo). Entre estas, dicían “dinlle ao persoal o que nese momento convén dicirlle…”. Todo por unha nota que publicou esta sección sindical dos Servizos Centrais na Xunta de Galiza á que podedes acceder neste enlace:


O motivo de publicar estas notas é demostrar que a CIG non vende motos, non di ao persoal o que quere ouvir, como se pode comprobar diciamos o mesmo en 2009, en 2012 e agora no 2015. Por este motivo, esta nota de prensa foi publicada de xeito íntegro e tal e como foi enviada naquel momento, no ano 2009. A CIG demostra deste xeito que é un sindicato INDEPENDENTE, non coma outros aos que lles gusta máis o despacho que a loita obreira.

Nesta denuncia, faise referencia a diversos cargos que estaban daquela no BNG sobre os enchufes na Administración Paralela da Xunta. É obvio lembrar que a CIG é un sindicato de clase e NACIONALISTA pero tamén plural, e por iso, dentro da diversidade existente no marco político actual, defende tamén a política como un medio de consecución da liberdade da nosa nación: GALIZA. Hai que comentar tamén que a práctica totalidade destes cargos, daquela denunciados, xa non militan na actualidade no BNG.

Nós temos claro que opcións sindicais alleas á nosa nación, como é CCOO, si que teñen outros obxectivos que non responden ás demandas do noso país. Peor aínda cando pretende facer sindicalismo atacando o que eles amosan non ter, diversidade, participación e democracia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario