luns, 6 de abril de 2015

Propostas de "mellora" da Consellaría de Traballo e Benestar para os centros de Benestar

A Conselleria Traballo e Benestar manda por fin as tan prometidas  propostas para os centros de Benestar. Descargar propostas

Pero como xa nos ten acostumados/as esta Conselleria, que nos considera os/as parentes pobres da Xunta, non soluciona para nada os problemas que ela mesma creou facendonos os /as paganos da crise que crearon eles e non nos…

En ninguna das duas opción  aparece por ningun lado data de reposición do artigo 19

Na primeira opción da proposta  os postos a crear son  de fin de semana... traballo en precario que non permite vivir con decencia a unha familia; traballan todos os fines de semana do ano…así que a tan cacareada conciliación para as persoas que ocuparían estas prazas non existe, postos de contrato basura. A proposta de pagamento...unha infamia, supon una unha esmola por seguir exactamente igual que agora... un fin de semana de cada tres,  xornada máxima anual  que segue a ser xornada minima, etc… Non podemos deixarnos mercar  por 50 ou 75 euros ao mes, que co desconto queda bastante menos, porque  iso non compensa non poder estar coa familia como o resto do mundo, non compensa traballar como escravas/os, non compensa enfermar de agotamento...

Na segunda opción da proposta, todo o orzamento, 3.200.000 euros son para creación de postos, una boa parte tamén de fin de semana, e que son claramente insuficientes para poder reponer o artigo 19 a respeito dos descansos adicionais por domingos e festivos.

QUEREMOS DATA DE REPOSICIÓN DO ARTIGO 19!

QUEREMOS DESCANSAR!

SEGUIMOS NA LOITA POLOS NOSOS DEREITOS SUSTRAIDOS E REQUISADOS POLO GOVERNO DE FEIJOO!

Ningún comentario:

Publicar un comentario