martes, 30 de xuño de 2015

Convocatorias de procesos selectivos no Sergas

No DOG do martes 30 de xuño de 2015 publícase a convocatoria de procesos selectivos para o acceso a varias categorías de persoal estatutario do Sergas polo sistema de concurso-oposición (total: 201 prazas) O prazo de solicitudes rematará o 20 de agosto de 2015.

Pica na imaxe para ampliala


Ata sempre, Quique!: Minuto de silencio en San Caetano en memoria do axente forestal falecido na extinción dun incendio

O luns, 29 de xuño, despedimos ao compañeiro Enrique Casanova cun minuto de silencio enfronte dos diferentes centros de Traballo da Xunta. Quique era axente forestal e o pasado sábado falecía durante as labores de extinción dun incendio no Concello de Guntín.

Nos Servizos Centrais a concentración tivo lugar enfronte da sede da Consellaría do Medio Rural e do Mar en San Caetano. A pesar de que a convocatoria foi feita con escasas horas de antelación e non foi moi explícita, lamentamos a escasa concorrencia ao acto. O que non ten escusa é a falta de consideración da Xunta, que nin presenza nin loito oficial. Agardamos que se investigue o ocorrido xa que Quique tiña solicitado un cambio de posto dado o seu estado de saúde.

Minuto de silencio noutros edificios da Xunta

luns, 29 de xuño de 2015

A CIG denuncia á Consellaría de Traballo e Benestar por discriminar ao seu persoal co horario de verán

Hai algo difícil de entender. 

O persoal peor tratado en toda a Xunta de Galicia é o persoal que traballa a quendas nos centros da Consellería de Traballo e Benestar. Isto ocorre dende o ano 2012 no que a Xunta de Galicia quitou o artigo 19 e deixou a este persoal cunhas quendas machacadores de traballar dous domingos sí, un non, dous sí, un non......tres noites consecutivas, sete días consecutivos.....

E a este persoal que é o peor tratado da Xunta de Galicia, non se lle aplica a reducción de xornada nos meses de verán que se lle aplica ao persoal que traballa de luns a venres na mesma consellaría, nos mesmos centros.

Isto é o que é difícil de entender: que o Persoal peor tratado pola Consellería de Traballo e Benestar non reciba o mesmo trato que teñen outr@s compañeir@s.


Borrador do temario dos proceso selectivos de persoal veterinario

Achega Función Pública o borrador do programa  que rexerá para as vindeiras convocatorias os procesos selectivos da escala de persoal veterinario. Admite alegacións antes das 14 horas do vindeiro 2 de xullo. Agardamos que fagan máis caso que nos temarios para corpos xerais.

Actualmente hai pendentes dúas convocatorias de persoal veterinario: oferta do 2014 (6 prazas) e do 2015 (47+1 de consolidación). A convocatoria de proceso selectivo será única.  A última información sobre este tema era que "a programación" se aprobaría en xuño e que o primeiro exame non sería antes de abril do 2016. Tamén hai pendente un concurso desta escala polo medio do que avanzaban a convocatoria podería ser en setembro.

A CIG convoca concentracións en todas as comarcas o 1 de xullo contra a entrada en vigor da Lei Mordaza




Con motivo da entrada en vigor o próximo mércores, 1 de xullo, da Lei de Seguridade Cidadá, a CIG ten convocadas concentracións en todas as comarcas en rexeitamento a unha normativa a través da que o PP pretende amordazar a loita obreira e a mobilización social, convertendo os conflitos laborais en conflitos de orde pública, deseñando un novo e amplo catálogo de sancións e reducindo, pola vía administrativa, as garantías xurídicas.

xoves, 25 de xuño de 2015

Concentración frouxa do persoal laboral en San Caetano en defensa do concurso e da recuperación do convenio colectivo

Compañeiros de servizos centrais xunto con membros do Comité de Empresa de Traballo e Benestar da Coruña
O martes, 23 de xuño, tivo lugar unha concentración que citou en San Caetano ao persoal laboral de diferentes lugares do país. A pesar do difícil de cadrar quendas, houbo persoal laboral que fletou buses e se desprazou ata Santiago para a protesta, xuntando unhas 300 persoas ás que se uniu escaso persoal funcionario desta casa co que conseguimos facer unha pequena manifestación que rodeou o edificio administrativo.

Neste acto, reivindicábase a recuperación do artigo 19 do Convenio colectivo (descansos de domingos e festivos), a convocatoria inmediata do concurso de traslados e unha viraxe na política de recortes e amortizacións nos postos públicos da actual Xunta.

Recuperación do poder adquisitivo: gatillazo de Rajoy? globo sonda? que se aclaren, vannos devolver algo ou non?

Puido ser unha metedura de pata, un quero pero non podo, tamén pode ser que non o tivese falado cos que mandan de verdade... O caso é que onte, na xornada de San Xoán, mentres os últimos fumes aínda saían das cacharelas que asaran churrasco, chourizos e até sardiñas na noite anterior, fontes que citaban ao mismísimo Rajoy aseguraban que nos ían devolver o 75% daquela paga extra que nos roubaron en 2012. Tamén falaban de que nos ían a restituir algún día de asuntos propios, algún canoso e mesmo se estudaba un mínimo incremento retributivo.

Pero no medio da mañá, apareceu o secretario de Estado de Relacións coas Cortes, José Luis Ayllón, apagando as brasas e dicindo que o Goberno non planeaba «neste momento» reintegrar esa paga extra. Ayllón manifestou tamén a súa sorpresa por esas informacións.

E non acabou o conto aí, xa ao final da mañá, apareceu neste caso o amigo Montoro considerando incorrecta a información anterior pero asegurando que a intención do Goberno Central era devolver ese cacho de paga extra na medida en que as posibilidades orzamentarias, esa marxe da que falan, o fagan posible. Unha coña.

Axentes medioambientais denuncian que actualmente a Xunta non está preparada para unha oleada de incendios coma a do 2006

NOTA DE PRENSA AXENTES MEDIOAMBIENTAIS DA XUNTA

Os Axentes Medioambientais advirten como o Goberno da Xunta de Galicia mantén no tempo un dispositivo de extinción de incendios forestais diminuído de persoal e medios, cunha organización que, a maiores de ser pouco obxectiva, contén métodos autoritarios que en nada favorece que a engrenaxe dun operativo complexo, como é o do SPDCIF, poida funcionar cun mínimo de efectividade.

Así podemos ver como, tras innumerables denuncias dos traballadores, se mantén no seu posto ao Xefe do Distrito XVI (Deza – Tabeirós), a pesares de que a descoordinación que está a xerar en materia de persoal o fai claramente incompetente para ese cargo.

luns, 22 de xuño de 2015

Concurso de Administración xeral: aberta a fase de resultas e listaxe de postos

Tal e como figuraba na orde da convocatoria, este luns, 22 de xuño, publicoue a listaxe de potenciais postos de resultas. Hai de prazo ata o 3 de xullo para solicitar a participación nesta fase, para o cal será preciso ter presentado anteriormente a solicitude de participación.

Función Pública xa está a remitir as contrasinais para acceder ao expediente electrónico (tamén se pode acceder con certificado dixital). A partir do 4 de xullo, e ata o 23 dese mes,  poderase sacar a folla de emenda ou conformidade de datos do expediente.

Acceso á listaxe de postos de resultas (22/06/2015)
Acceso a toda a información do concurso

venres, 19 de xuño de 2015

A CIG gaña as aleccións de Traballo e Benestar da Coruña

CIG........7 delegados/as (249 votos)
CCOO....6 delegados/as (234 votos)
UGT.......5 delegados/as (188 votos)
CSIF......4 delegados/as (141 votos)
CUT.......1 delegado/a (36 votos)

A CIG agradece a todo o persoal laboral o apoio recibido e o respaldo maioritario ao traballo sindical baseado na denuncia constante e a defensa a ultranza dos deretitos do persoal laboral.

A CIG en Traballo e Benestar da Coruña vai traballar arreo e sin dilación pola recuperación do artigo 19 e dos dereitos recortados polo Partido Popular.

Continuamos a disposición de todo o persoal laboral para xunt@s loitar pola defensa dos dereitos das traballadoras e traballdores  con contundencia e participación.

xoves, 18 de xuño de 2015

Manifestación en defensa do servizo público de Correos - Compostela - 20 de xuño


Hai máis parlamentares que empregados/as públicos/os teletraballando na Xunta

Unha nova no Heraldo de Aragón falaba sobre os medios técnicos dos membros do Parlamento aragonés en comparativa co resto de cámaras lexislativas. Nesta descubrimos que os medios e as condicións de Aragón e Galiza eran idénticos.

Máis aló dos medios para favorecer o teletraballo e que haxa señorías que traballen máis que outras, o realmente curioso e odioso é a comparativa coa implantación do teletraballo na Xunta.

Hai menos xente teletraballando aquí (62) que parlamentares hai no Parlamento galego (75). Iso por non falar de que para favorecer o teletraballo a Xunta nin achega nin subvenciona medio técnico nin telemático nin informático algún; teléfono, ordenador e conexión a internet deben correr pola conta da persoa que teletraballa.

Aínda así, esto non deixa de ser unha curiosidade. O problema de fondo é a elevada discrecionalidade que existe á hora de xestionar este dereito recoñecido pola lei de emprego público. O persoal da Xunta é coñecedor desto, razón polo que as solicitudes totais rondan as 124 dos 2000 potenciais postos que poderían teletraballar segundo aseguraba a Xunta. En calquera caso, desas 124, a metade foron denegadas e moitas en postos relacionados coas novas tecnoloxías, unha completa incongruencia.

O PPdG tamén rexeita a blindaxe de postos na Xunta

Corría o ano 2008 e daquela entraba no Parlamento a antiga Lei de Función Pública refundida no Decreto lexislativo 1/2008 coas novidades do EBEP. Daquela o PPdG denunciaba a excesiva "politización da Xunta" a través desta lei co concurso específico para as xefaturas de servizo e falaba dun intento de blindar a xente de confianza nos seus postos(*).

Uns 7 anos despois a situación mudou bastante: o concurso específico é marabilloso, mesmo se pode extender en postos de nivel inferior á xefatura de servizo, o do persoal directivo non é politizar a Administración, xa non hai exceso de postos de LDs, as avaliacións do desempeño por criterios subxectivos son obxectivas e blindarse con xente de confianza ante un eventual cambio de Goberno é fetén.

Semella que desde a oposición defender a non politización da Administración e a profesionalización e independencia do seu persoal ten sentido pero cando se toca moqueta hai que facer todo o contrario co fin último de manter o poder (e os cartos públicos que van con el) a toda costa.

Últimas actuacións e acordos do Pleno da Xunta de Persoal do 16 de xuño

Tralo primeiro Pleno ordinario de consitución da nova Xunta de Persoal, realizouse un segundo Pleno cargado de puntos de interese que na súa maioría foron aprobados por unanimidade (lei de emprego público, concuso, comisións de servizo, flexibilidade...). Tamén se deu conta das últimas actuacións levadas a cabo desde a Comisión Permanente.

Lei de emprego público:

Acórdase realizar un pronunciamento en contra desta lei dada a recén entrada en vigor, dado como se impuxo e o lesivo que resulta tanto para os intereses, especialmente do persoal funcionario da Xunta, ao que se lle aplica de cheo, como para a prestación obxectiva dos servizos públicos.

Acórdase tamén crear un grupo de traballo propio co fin de desenvolver unha campaña de información e mobilización con relación a esta lei entre o persoal funcionario dos Servizos Centrais. Así mesmo este grupo vixiará de preto as convocatorias dos mal chamaos "concursos específicos" dado o seu alto nivel de discrecionalidade.

mércores, 17 de xuño de 2015

Blindarse con xente de confianza ante un hipotético cambio de goberno

NOTA DE PRENSA CONXUNTA CIG-CCOO-UGT-CSIF

A Xunta pretende blindar os postos máis altos de persoal funcionario con xente de confianza ante un hipotético cambio de goberno. Tras a denuncia destas manobras por parte dos sindicatos, o Director Xeral de Función Pública ameazounos co exercicio de accións penais


As organizacións sindicais con representación na Administración Autonómica (CIG, CCOO, UGT e CSIF), alertamos das manobras que está a desenvolver a Xunta de Galicia nos procesos de Promoción Interna, para intentar blindar os postos máis altos do persoal funcionario, con xente da súa confianza, ante un hipotético cambio de Goberno.

A CIG denuncia un novo accidente no CAPD da Coruña por falta de mantemento

Hai exactamente unha hora, ás 16 e cuarto, acaba de ocorrer outro accidente no CAPD Coruña. Xusto a esa hora, e tal como amosan as fotos, caeronse tres placas de escaiola no office onde fregase a louza, e ca enorme sorte de que as placas non golpearon a nengunha das Camareiras que estaban traballando alí nese momento.

No espazo dun ano caeronse 4 veces placas de escaiola ao carón da Lavandería -a última o 24 de maio- e hoxe por primeira vez xa caen placas de escaiola noutra parte  cas conseguintes fugas de auga, e coa sorte sempre de que non golpearon a Camareiras que estaban traballando alí.

Cómo pode ser que isto ocorra continuamente?


Instrucións e mesas de votación para as eleccións de Traballo e Benestar na Coruña o 18 de xuño

Achegamos en documento descargable unhas instrucións a ter en conta para as votacións das eleccións sindicais do Comité de Empresa da Consellaría de Traballo e Benestar na Coruña.

Tamén achegamos outro documento descargable coa situación e horario das mesas de votación.

martes, 16 de xuño de 2015

Esiximos que cese o bloqueo de acceso ao blogue de CIG San Caetano desde os equipos da Xunta

Desde os equipos informáticos do persoal destinado nos Servizos Centrais da Xunta de Galiza está habendo problemas puntuais para acceder á seguinte páxina web:


Vai dúas semanas nos puñamos en contacto coa dirrectora do AMTEGA (Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galiza) para que puxera solución a este tema que xa denunciaramos vía web cada vez que se producía un bloqueo. Actualmente, avísannos compañeiras e compeñeiros dos Serivzos Centrais que seguen tendo problemas para acceder ao noso blogue.

Non é a primeira vez que temos denunciado situacións similares, en marzo de 2012, e en xuño e agosto de 2013, onde dende a rede corporativa da Xunta de Galiza non se permitía o acceso a determinadas webs informativas de ideoloxía, podemos chamarlle así para non darlle máis voltas, de esquerdas.

Neste caso, este blog informativo trátase da ferramenta prinicipal de comunicación e de acción sindical desta sección sindical, que vén de gañar as recentes eleccións á Xunta de Persoal Funcionario dos Servizos Centrais e que, polo tanto, estase bloqueando a web do sindicato maioritario. Agardemos que tanto a AMTEGA coma Función Pública sexa consciente da repercusión que pode ter esta circunstancia, achacable únicamente, a unha acción de bloqueo arbitrario por parte da Administración Pública da Xunta de Galiza.

Convocatorias no DOG de procesos selectivos de acceso libre e promoción interna A1, A2, C1 e C2

No DOG do 18 de xuño previsiblemente publicarán as convocatorias dos catro subgrupos de promoción interna e acceso libre: A1, A2, C2 e C1

Nas 8 convocatorias a data de realización do primeiro exercicio "non será antes do 16 de xaneiro do 2016" 


ACTUALIZACIÓN: tal e como anunciábamos, no DOG do 18 de xuño xa podedes atopar as convocatorias destes procesos. Ollo ao prazo de 20 días naturais a partir do seguinte ao da publicación para a presentación de solicitudes.

Por certo, o do director de Función Pública é vergoñento: pon todas as dificultades do mundo ao persoal para unha promoción interna obxectiva e transparencte e logo mandan un masivo anunciándolle ao persoal que hai convocatorias de promo interna e mesmo de libre con quenda de promo interna. 

O luns, 15 de xuño, aprobáronse as convocatorias de acceso libre aos subgrupos A1, A2, C1 e C2 de corpos xerais sen apenas cambios coma xa se anunciou na Mesa Xeral do 9 de xuño. O voto das catro centrais sindicais foi en contra.

As convocatorias da promoción interna aprobáronse na Comisión de Persoal do martes, 16 de xuño. Previamente tamén houbo unha reunión co director xeral da Función Pública para ver de meter novos cambios nos borradores da promoción interna. Estes cambios remitíronnos unhas horas antes da Comisión de Persoal e pouco antes da reunión. Posteriormente na Comisión, aprobáronse os borradores unilateralmente por parte da Administración, inlcluíndo estas últimos cambios en varios textos normativos, despois que algunha que outra amenaza de denuncia xudicial.

A CIG denuncia serios problemas no CAPD da Coruña por falla de persoal

NOTA DE PRENSA DA SECCIÓN SINDICAL DA CIG DE TRABALLO E BENESTAR A CORUÑA

O CAPD CORUÑA, como a maioría dos Centros da Consellería de Traballo e Benestar, ten un problema estrutural de base: Ten pouco persoal para todo o traballo que hai.

Este problema estrutural de base agrávase ca política da Consellería de cubrir menos da metade das baixas e menos da metade das vacacións.

Estas últimas dúas semanas a situación tornouse insostíbel no Colectivo das Camareiras chegando a estar de baixa 4 Camareiras, ademais da propia Gobernanta, o que provocou unha desorganización total.

A Xunta de Galicia minte sobre os medios que actuaron no lume de Lousame

NOTA DE PRENSA CONXUNTA DE CIG-CCOO-UXT-CSIF 

A Consellería do Medio Rural segundo a nota de prensa do 12 de xuño do Correo Galego, sobre o lume sufrido no concello coruñés de Lousame onde arderon 28 has, afirmou o seguinte: “La Xunta refuta a denuncia dos sindicatos, asegurando que en Lousame las brigadas helitransportadas acudiron en helicópteros”.
Os Axentes Medioambientais pídenlle a Xunta de Galicia que deixe de contar mentiras en relación os incendios forestais e que conte a verdade.
Os Axentes Medioambientais afirman que, como no seu día denunciaron na nota de prensa enviada os medios que “las brigadas helitransportadas tuvieron que desplazarse hasta la zona cero en vehículos”.

Concentración de persoal laboral en San Caetano martes 23 de xuño e apoio da Xunta de Persoal dos Servizos Centrais

Despois de varias solicitudes de traballadoras e traballadores, fundamentalmente da Consellaría de Traballo e Benestar, así como por parte do Comité desta consellaría na provincia da Coruña, o Comité Intercentros convoca unha mobilización central en San Caetano para o martes, 23 de xuño. O acto dará comezo a partir das 10:30 na explanada do aparcadoiro na parte frontal da Presidencia.

Neste acto denunciarase os reiterados incumprimentos e suspensións do convenio colectivo impostas pola Consellaría de Facenda. Pídese a convocatoria inmediata do concurso de traslados para o persoal laboral da Xunta de Galiza e a recuperación dos artigos suspendidos do convenio colectivo a través de diversas normas de rango legal, como sería o artigo 19 que regulamenta os descansos en domingos e festivos do persoal que traballa a quendas. O que significaría volver a recuperar o de que traballar un domingo ou festivo inhabilita para traballar o seguinte, a compensación correspondente en tempo de descanso e os 2 días de descanso semanal que coñece boa parte do persoal da Xunta

Case 2 millóns de € en convenios da Axencia de Turismo coa Igrexia Católica

No DOG do 15 de xuño publícanse os convenios de colaboración subscritos pola Axencia Turismo de Galicia no primeiro cuadrimestre do ano 2015. Coma sempre botamos en falta algo máis de información que o nome do convenio, a súa data de sinatura e o custe económico. Aí remata toda a transparencia e neste tipo de gastos é ben necesaria dada as cantidades de diñeiro que fluen por esta vía e a polémica da súa xestión.

Nestes convenios vai destinados 1.814.025€ en diferentes convenios para a Igrexia Católica nas súas diferentes formas (dióceses, fundacións). O premio gordo vai para a Fundación Catedral de Santiago para a execución da obra de rehabilitación da edificación Asilo de Carretas e a creación dun centro de acollida aos peregrinos en Santiago de Compostela. En total son 1.550.000€ dos cales o 80% está cofinanciado con eses fondos que parecen infinitos e que encheron de cemento o noso país: os Feder.

luns, 15 de xuño de 2015

A Xunta dálle dous concursos seguidos á mesma empresa de publicidade por valor de 1 millón de euros

A Xunta acaba de concederlle a unha mesma empresa de publicidade a execución de dúas campañas  instituicionais por valor dun millón de euros e cunha semana de diferencia.
 
J&J Publicidad y Comunicación
, unha empresa publicitaria de Vigo, recibiu o 15 de maio 194.000  euros da Secretaría Xeral de Medios e o 22 de maio, outros 820.000 máis da Consellería do Medio Rural. O seu obxectivo son executar campañas que xa apareceron aprobadas pola Xunta en xaneiro deste ano.

Así, e segundo recolle o DOG, o pasado 15 de maio, a Secretaría Xeral de Medios formalizou con J&J Publicidad y Comunicación  o contrato administrativo de servizos para a elaboración dunha creatividade necesaria para o desenvolvemento das distintas campañas institucionais en datas de especial relevancia nos anos 2015 e 2016.

Xustamente unha semana despois, a mesma empresa recibía, desta volta, por parte da ecretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, a formalización do contrato do servizo consistente no desenvolvemento da campaña publicitaria Produtos de Galicia: a calidade como valor de referencia para a promoción, sensibilización, comercialización e venda de produtos de alimentación.

Alegacións á modificación da RPT de Facenda e últimos cambios

O 12 de xuño remitiunos Facenda o borrador da táboa de equivalencias da relación de postos de traballo cos últimos cambios con motivo da xuntanza que tivo lugar ese mesmo día. Descargar documento

Aproveitamos para achegarvos as alegacións presentadas pola CIG. Descargar documento

Por que se endurece a promoción interna? As conexións entre Función Pública e AGRUPA

1. Existe unha asociación, a Asociación de Funcionarios do Corpo Superior (AgrupA), cuxo fin é a defensa dos intereses corporativos das persoas asociadas, cunha importante capacidade de influencia sobre función pública que estaría condicionando os procesos de promoción interna e outros que afectan a todo o persoal funcionario.
Foto do cocktail de nadal que figura no seu blog

2. É un feito obxectivo tamén, porque está publicado no blog desta asociación, que esta ten presentado alegacións ao proceso de promoción interna e de acceso libre. Non publican o contido destas alegacións e descoñécese cales foron asumidas por Función Pública ao respecto ou en que medida están freando a asunción das demandas sindicais e da xente.

3. Existe a sospeita fundada de que cargos directivos de función pública, son membros desta asociación. Isto implicaría que:

Os novos borradores da promoción interna sen cambios para unha nova Comisión de Persoal o 16 de xuño

O persoal funcionario pedíalle vai menos de dúas semanas ao máximo responsable do Goberno galego negociar o modelo da súa promoción interna, non impoñelo. O único que fixo o Presidente da Xunta foi "aparentar" que eran razonables pero cos seus actos demostran que este Goberno non o é.

Os feitos foron os seguintes: o venres 5 de xuño ían ir xa para aprobar a unha comisión de Persoal uns borradores que Función Pública pretendía impoñer sen atender ao berro unánime dos sindicatos en nome do persoal funcionario pedindo negociar. A Xunta de Persoal interceptou ao Presidente da Xunta tralo Consello o 4 de xuño e pediulle que parase tal aberración. Ao día seguinte suspenderon a Comisión de Persoal e prometeron negociar outro modelo.

O martes 9 remitían outro modelo que dicían era o do 2004 pero que non se parecía en nada para os subgrupos A1 e A2 e daban ata venres para presentar alegacións. Os sindicatos presentaron as seguintes alegacións conxuntas e ese mesmo día recibían convocatoria para unha vindeira Comisión de Persoal o 16 de xuño. Xunto con esa convocatoria veñan uns borradores extacatemente iguais que os quemandaron o día 9. Tamén enviaron a convocatoria dunha reunión previa o día 15 co director xeral da Función Pública.

venres, 12 de xuño de 2015

Comunicado da Xunta de Persoal con respecto aos novos borradores da promoción interna

Despois de examinar os borradores das convocatorias da promoción interna de persoal funcionario, tras a nosa conversa co Presidente da Xunta, queremos manifestar que estes borradores non responden ao que lle demandaba este órgano de representación.

Estabamos pedíndolle que negociaran o modelo da fase de oposición pero non sobre a base de empeorar o que xa había, como sucede nos subgrupos A1 e A2 que vén a propoñer un primeiro exame sobre temas e non sobre textos legais, coa problemática que isto supón dado que non hai un temario vinculante publicado en ningures. Nin manter o endurecemento das probas para o acceso ao grupo C2, aos que se lle engaden nove temas fronte ás convocatorias anteriores.

Os temarios abertos non supoñen “seleccionar aos mellores” nin mellores profesionais como dixo ao Presidente da Xunta, aproveitando coma sempre para menosprezar  aos empregadas e empegados públicos  de xeito subliminal. O único que supoñen é maior inseguridade xurídica e máis posibilidades de impugnación de preguntas, nuns xa tristemente célebres exames de oposicións na Xunta caracterizados polo elevado número de irregularidades e anulacións.

En calquera caso, a promoción interna debe negociarse coa representanción dos empregados públicos, baixo unhas premisas de obxectividade e transparencia e sen volver a esixir coñecementos esixidos no grupo ou subgrupo de procedencia.

Ademais, compre destacar que a Lei de emprego público permite, consonte ao seu artigo 80, reducir non só temario senón tamén o número de probas. Non convén poñer impedimentos á negociación alí onde a lei non o fai.

Todo isto, sen prexuízo, de seguir demandando que o dereito á promoción interna sexa un dereito real, non unha figura que se utilice de xeito electoralista, e que permita desenvolver unha verdadeira carreira profesional, convocada de xeito regular, frecuente e sen continuos e radicais viraxes nos modelos das convocatorias.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2015
Xunta de Persoal dos Servizos Centrais

RPT Turismo: a Xunta por fin crea as prazas necesarias para poder cumprir a sentenza do Tribunal Supremo

Agora só falta que o Tribunal termine de executar a sentenza aprobando ás 12 persoas aspirantes para as 12 prazas convocadas.

O xoves, 11 de xuño, enviaba a Secretaría Xeral da Presidencia informaba do envío da documentación que remitiron á Dirección Xeral de Función Pública e á Dirección Xeral de Avaliación para proseguir coa tramitación da modificación da RPT da Axencia de Turismo de Galicia.

O cambio máis destacable prodúcese con relación á escala de Inspección de Turismo no que pasan a crear 8 postos (e non os 5 inciais propostos) pra dar cumprimento a sentenza que obrigaba a repetir o proceso selectivo do 2001 que, xunto a 4 vacantes cubertas por persoal interino, sumarían as 12 novas prazas necesarias. Desto falábamos no noso artigo "a fondo" da páxina 2 do Boletín de maio.

O director xeral da Función Pública informaba deste cambio na Comisión de Persoal do 15 de xuño cun engadido sobre un recente auto do Tribunal Superior de Xustiza que viña a dárlle a razón a Xunta. A realidade é que este último auto non lle dá a razón á Xunta exactamente. Segundo fontes consultadas, o auto vén dicir que se tire para adiante co proceso selectivo paralizado desde 2001 e que non fai falta agardar pola RPT de Turismo para facelo. Curiosamente, esta última era unha das xustificacións da Función Pública anos atrás para dilatar a execución da sentenza que obrigaba a repetir o proceso.

xoves, 11 de xuño de 2015

Cambios no horarios dos buses do persoal que traballa nos Servizos Centrais por mór da xornada de verán

Coma todos os anos, distribúe Monbus os cambios nos horarios de saída e volta dos seus buses. De todos os xeitos, hai vida en transporte colectivo, mesmo por estrada, máis aló das liñas regulares e chámase "transporte obreiro".


mércores, 10 de xuño de 2015

Novos borradores de promoción interna con cambios substanciais na fase de oposición do A1, A2 e C1

Achega Función Pública novos borradores das convocatorias de promo interna con cambios de certo peso no C1, A2 e A1:

- C1 quitan o suposto práctico con 8 preguntas cortas e poñen un test de 20 preguntas de carácter práctico (2 mal quitan 1 ben). Pasan a 1h no lugar de 2h de tempo máximo

- A2 quitan o terceiro exercicio de temas pero no primeiro exercicio en lugar de ser tipo test, vai ser sobre leis é sobre os 29 temas que había no terceiro exercicio; pasan de 80 a 100 minutos neste primeiro exercicio. O segundo exercicio seguirá versando sobre os 12 textos legais e será desenvolver.

- A1 manteñen o terceiro exercicio de temas (62) e endurecen o primeiro exercicio tipo test que versará sobre estes 62 temas e non sobre os textos legais anteriores (14); pasan de 100 a 120 minutos neste primeiro exercicio. O segundo exercicio seguirá versando sobre os 14 textos legais e será desenvolver.

- C2 seguen co mesmo modelo.

En todos os corpos o prazo para a realización do primeiro exercicio ampliase a "non antes do 15 de xaneiro". Dan de prazo ata venres ás 12h para presentar alegacións.

Agora que xa está na Voz, envía Función Pública a nota informativa da xornada de verán

Unha vez publicada primeiro na Vox como denunciamos o martes, 9 de xuño, a final da mañá remitía a Dirección Xeral da Función Pública unha nota informativa sobre a xornada de verán aos correos corporativos da Xunta. Para este envío a Función Pública non tivo ningún tipo de censura no envío dos masivos á que somete á Xunta de Persoal dos Servizos Centrais.

Nesta nota, e para non variar, quedan fóra as persoas con xornadas especiais que non teñen ningún tipo de compensación. Tanta espectación e tanto segredo e agora resulta que sigue igual que o ano pasado; exclusiva para a Voz que en breve acabará fusionándose co DOG... por iso da austeridade.

NOTA INFORMATIVA SOBRE HORARIO DE VERAN 2015

Vindeiro borrador das novas Instrucións de permisos, vacacións e licenzas

Na Mesa Xeral do 8 de xuño, a parte de confirmarse a imposición do modelo de proceso selectivo de acceso libre aos corpos xerais de persoal funcionario da Xunta e da creación dunn novo macrochiringuito,  falouse de varias cuestións de interese como: o anuncio dunhas novas instrucións de permisos, vacacións e licenzas, os chamamentos do persoal orientador das oficinas de emprego e o desenvolvemento de varios procesos selectivos.

martes, 9 de xuño de 2015

Outro indicio da recuperación económica: volven os pinchos a San Caetano

O que vemos na foto son os restos dun café nunhas xornadas de tuberculose bovina, aínda que tal e como quedou o chan, valoramos que puidera ser máis ben porcina. Vale que non son os pinchos doutrora, simplemente é un café con pastas e biscoito, pero aínda estamos iniaciando a remontada...

O Voceiro: especial eleccións Traballo e Benestar

Xa está dispoñible para descarga o número de xuño de 2015 do "Voceiro", especial eleccións sindicais, o boletín informativo da sección sindical da Consellaría de Traballo e Benestar da Coruña.

Neste número:

  • Vota CIG: a forza do teu voto
  • Coñece ás nosas candidatas e candidatos
  • Aquí estamos: a CIG de sempre pero distinta
Descarga O Voceiro

Descarga separata co cartaz eleitoral

Datos de flexibilidade e teletraballo na Xunta a 31 de maio de 2015

Acheganos a Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa os datos mensuais acumulados da flexibilidade e teletraballo na Xunta de Galiza correspondentes a abril e maio.

Respecto a marzo, nestes dous meses as flexibilidades automáticas aprobadas aumentaron en 86 e as flexibildades familiares en 69. Por mes, temos as 40 e pico novas flexibilidades automáticas de todos os meses, porén hai un lixeiro repunte nas familires que habitualmente son de menos de 10 ao mes. As denegacións acumuladas nestes dous meses foron de 1 na flexibilidade automática e 5 na familiar, chegando a un total de 25 e 12 respectivamente.
 
Na Xunta hai actualmente 6.820 persoas con flexibilidade automática e 882 con flexibilidade familiar na Xunta de Galiza, cousa moi distinta ao co sucede co teletraballo. 
 

A xornada de verán 2015 "publicada" na Voz

Para variar, temos outro caso máis de confirmación de cuestións que afectan ás nosas condicións de traballo polo "outro DOG", a Voz de Galicia.

A semana pasada preguntabamos a Función Pública pola entrada en vigor da xornada de verán e se ían rexir as mesmas instrucións respecto ao horario flexible que o ano pasado. Contestounos que na Comisión do Persoal do venres "nos diría algo" e efectivamente así foi: nos dixo que o martes, 9 de xuño, "nos diría algo".

De momento, a Voz xa confirma que o modelo virá ser idéntico: Esta flexibilidade horaria permitirá a eses 11.000 traballadores que realizan funcións administrativas nas dependencias da Xunta dispor de marxe para adiantar ou demorar a súa entrada (na franxa comprendida entre as 8 e as 9 da mañá) e o momento da súa saída (entre as 14 e as 15 horas), sempre que completen as 6 horas de traballo continuadas requiridas. Só resta que agora Función Pública saque esa nota e confirme as adaptacións cos horarios flexibles.

Borradores de convocatorias de acceso libre A1, A2, C1 e C2

Achega Función Pública os borradores para a Mesa Xeral do 9 de xuño. Estes borradores corresponden ás convocatorias dos procesos selectivos de acceso libre para os corpos xerais de persoal funcionario dos subgrupos A1, A2, C1 e C2. 

Voltan ao deseño de temas no lugar de textos legais concretos. Como curiosidade reservan 4 de 15 prazas para quenda de promoción interna no A1 e 3 de 10 prazas no A2. Non sabemos moi ben onde está a promoción interna xa que non estabelecen ningún tipo de redución de temario e/ou exercicio por esta quenda.



Da OEP do 2015 faltarían por convocar 30 prazas do A1 e 9 prazas do A2.

O sábado como día inhábil para os permisos

Para os efectos de vacacións o sábado era día inhabil na anterior Lei de función pública. A nova Lei de emprego público considera tamén como inhábiles os sábados para os efectos dos permisos por falecemento, accidente ou enfermidade grave, sen prexuízo das adaptacións que se estabelezan para o persoal con xornadas especiais de traballo.

Acabouse a intepretación ilóxica fomentada por Traballo e Benestar que ao coller este permiso cun sábado de por medio, independentemente que tiveses que traballar ou non, contaba como día de permiso. Foi tal a presión desta consellaría que Función Pública chegou a ditar unha aclaración neste sentido, dándolle a razón a Traballo e Benestar. Dado que xa non se considera hábil para o gozo deste permiso, se non se traballa o sábado, non conta. Así pois, esa aclaración de Función Pública xa non ten vigor.

O que falta agora é a adptación para o persoal con xornadas especiais. A redación actual está posta para o persoal  quen ten o descanso semanal sempre en sábados e domingos. E que pasa co persoal que traballa a quendas cando o descanso semana​l​  pode ser luns-martes; martes-mércores, etc? 
Por iso esta redacción ten que adaptarse ao persoal que traballa a quendas, aspecto que contempla a segunda parte do artigo 108.3 cando dí, "SEN PREXUIZO DAS ADAPTACIÓNS QUE SE ESTABLEZAN PARA AS XORNADAS ESPECIAIS DE TRABALLO".

RPT Facenda: últimos cambios e aclaración sobre os postos con complemento de informática

Achega Facenda un novo listado de quitvalencias da súa proposta de modificación de RPT cunhas cantas correccións comentadas na xuntanza do 5 de xuño e a eiminación do requisito imprescindible 194* na xefatura de sección de control orzamentario (Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio). Descargar nova documentación

Respecto ao tema máis candente, Facenda indicou que Función Pública deu instrucións de non tocar nada que saia no concurso, en concreto os complemento de informática das xefaturas de negociado vacantes das intervencións de Presidencia, Cultura e Sanidade. É dicir, que á xente que concurse a eses postos vanlle respetar as condicións do específico tal e como saen no concurso, e que o dito complemento retirarano só cando quede vacante no futuro (non neste concurso).


luns, 8 de xuño de 2015

Comisión de Persoal do 5 de xuño: ábrese nova negociacion promoción interna e horario de verán

A esta comisión de persoal ía como único tema as 4 bases de convocatoria da promoción interna de corpos xerais de persoal funcionario (A1, A2, C1 e C2). A postura mantida tanto polo persoal funcionario como pola súa representación era a negociación dun modelo que fose de promoción interna non a imposición dun modelo adaptado de acceso libre.

Como xa tiña anunciado previamente ao comezo da Comisión, o director xeral de Función Pública confirma que non se van votar estes borradores e que abre un novo proceso negociador co fin de chegar a un acordo coa representación do persoal. Para a semana que vén convocarán unha mesa de negociación.

Como cambios concretos, a parte do modelo ao que finalmente se chegue, anuncian que no A1 o tempo do primeiro exercizo pasa de 100 a 120 minutos e no A2 o primerio exercicio pasa de 80 a 100 minutos.

venres, 5 de xuño de 2015

Reunión da comisión de avaliación das solicitudes de ingreso na escola infantil de Vite para fillas e fillos do persoal dos SSCC da Xunta

O 5 de xuño desenvolveuse a comisión para a baremación das solicitudes recibidas para a Escola Infantil de Vite para as prazas reservadas a fillas e fillos do persoal dos Servizos Centrais da Xunta de Galicia.

Para o curso 2015-2016 reserváranse 58 prazas (12 para curso de 0 -1; 19 para o curso de 1-2; e 27 para o curso 2-3). Recivíronse 36 solicitudes, pero un/unha solicitante desistiu da súa petición. Polo tanto, admitíronse 35 nenos e nenas. Todo o mundo obtivo praza.

A distribución das solicitudes admitidas por curso é a seguinte:

Curso 0-1: 7 nenos/as (5 prazas vacantes)

Curso 1-2: 11 nenos/as (8 prazas vacantes)

Curso 2-3: 17 nenos/as (10 prazas vacantes)

Das prazas vacantes reservaranse 5 para o curso 0-1; 2 para o curso 1-2, e 2 para o curso 2-3. O resto pasan á convocatoria de acceso xeral.

A Xunta de Persoal consegue abrir un novo proceso negociador na promoción interna

COMUNICADO DA XUNTA DE PERSOAL DOS SERVIZOS CENTRAIS
Suspéndese a votación na Comisión de Persoal dos textos das convocatorias da promoción interna de persoal funcionario que pretendía impoñer Función Pública. Comunica o director Xeral de Pública que se abre un novo proceso negociador co fin de acadar un acordo coa representación do persoal.

Congratulámonos de que a presión feita onte pola Xunta de Persoal diante do Presidente da Xunta dera os seus froitos. Agora agardamos que se abra realmente un novo proceso negociador onde o modelo de promoción interna sexa realmente negociado.

Tamén:

Facenda frea os cambios na promoción interna tras as queixas de funcionarios a Feijóo nos corredores de San Caetano

Facenda pospone aprobar a convocatoria de 320 prazas de promoción interna

xoves, 4 de xuño de 2015

A Xunta de Persoal conversa co Presidente da Xunta tralo Consello pola promoción interna

NOTA DE PRENSA REMITIDA POLA XUNTA DE PERSOAL DOS SERVIZOS CENTRAIS

A Xunta de Persoal conversa co Presidente da Xunta tralo Consello pola promoción interna

Declarou que non coñecía o procedemento das últimas convocatorias, ante o que se lle convidou a tomar un viño e explicarllo pormenorizadamente

Con tan só 48h de antelación convocaba a Dirección Xeral de Función Pública unha Comisión de Persoal Ordinaria para venres, 5 de xuño, na que a Administración vai aprobar as convocatorias de promoción interna dos corpos xerais de persoal funcionario. Non cambian nada respecto dos últimos borradores, achegados a principios de maio, a pesar do escrito de alegacións conxuntas das 4 organizacións sindicais pedindo negociar. Nestes borradores segue habendo unha insalvable distancia entre o modelo das últimas convocatorias e o actual que é clavado a un acceso libre. Para que vale pois ter aprobado unha oposición?

Hoxe pola mañá reuniuse de urxencia a Comisión Permanente da Xunta de Persoal dos Servizos Centrais para tratar de impedir este sin sentido. Decidiu facer un escrito dirixido ao Presidente da Xunta (achégase documento) para entregarlle en man no que se solicitaba que as persoas representantes da Xunta se senten a negociar e non impoñan o seu modelo.

mércores, 3 de xuño de 2015

Continúa a burla da Xunta ao seu persoal coa promoción interna

Con tan só 48h de antelación convoca a Dirección Xeral de Función Pública unha Comisión de Persoal Ordinaria na que só van as convocatorias de promoción interna dos corpos xerais de persoal funcionario. Non cambian nada respecto dos últimos borradores, achegados a principios de maio.

A Comisión de Persoal, na que previsiblemente a Administración aprobará estas convocatorias cos votos en contra das 4 organizacións sindicais, terá lugar ás 13:30 na EGAP. Tras este paso só resta a súa publicación no DOG que sería na vindeira ou vindeiras semanas.

Comisións, prórrogas e adscricións persoal funcionario de abril-maio de 2015

Continúa o mercado negro fervendo cando temos o mercado legal do concurso en marcha. Nestes dous meses aparecen 109 comisións de servizo (31 negociados, 26 seccións) pero o máis chamativo é seguir vendo comisións en postos de LD (niveis 28 e 30), xente que probablemente vendo o acontecido no último concurso (non en todos os casos) acabe participando no concurso e apalancando unha sección (21 prazas).

Así mesmo, nas prórrogas hai 72 negociados e 65 seccións, dentro de 235 resolucións. Este elevado número temos que pensar que se debe á proximidade do concurso... Se se resolvese axiña non sería problemático pero ao resolverse nun ano, pois temos un novo xogo do que só participan no seu beneficio uns poucos, as persoas que teñen sorte no mellor dos casos, e non a gran maioría do persoal funcionario.

A política de incendios forestais da Xunta: a improvisación

NOTA DE PRENSA REMITIDA POR AXENTES MEDIOAMBIENTAIS

No Goberno da Xunta de Galicia segue a estar patente a improvisación coa que se actúa en materia de incendios forestais. Mentres os incendios devastan os montes galegos e as previsións de bon tempo e ventos desencantes continúan, a Xunta segue sen facer os deberes. O dispositivo contraincendios está mermado, non se cubren as xubilacións, nin as baixas, nin as vacantes e isto un ano tras outro e por riba a Xunta propón amortizar 10 postos de Axentes Medioambientais/Forestais, dos cales 5 son en Ourense, a provincia onde se concentra o maior número de incendios de toda a península.
Os Axentes Forestais e Medioambientais, son únicos profesionais con formación específica en materias forestal e medioambiental, con competencias en control, xestión e vixiancia medioambientais e son os que dirixen a extinción do 99% dos lumes de Galicia. A día de hoxe, este colectivo xa ten esgotados os períodos de gardas extraordinarias fora da época estival.

martes, 2 de xuño de 2015

Constituída a nova Xunta de Persoal dos Servizos Centrais da Xunta de Galiza

O martes, 2 de xuño, celebrouse a primeira reunión da nova Xunta de Persoal, órgano de representación do persoal funcionario dos Servizos Centrais da Xunta de Galiza, logo das eleccións sindicais do pasado 16 de abril.

luns, 1 de xuño de 2015

Poucos cambios na RPT de Tursimo

Como sempre dicimos, a negociación colectiva nesta Administración non existe. Achégannos os cambios na documentación remitida con relación á proposta inicial da RPT da Axencia de Turismo: cambios de denominación, modificacións en méritos e pase a concurso específico dun montón de LDs pero aínda mantendo 7 de 25 inciais acolléndose a esa excepcionalidade da que fala a lei de emprego público.

Nada de fomentar a carreira profesional na escala de Inspección de Turismo. Nada de renunciar ao persoal directivo. Nada sobre a subdirección que só ten 7 xefaturas de servizo, e decimos só non exclusivamente en sentido sarcástico, senón porque só ten 7 postos e os 7 son de xefatura de servizo. Nada sobre cumprir a sentenza en canto ao proceso selectivo de Turismo do 2011 e crear 12 prazas e non só 5...

Nova Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde

Se eran poucas as axencias que xa tiñamos na Xunta, aparece agora a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde. Soar soa ben, de nome, pero non hai nada novo baixo a luz do sol xa que vén ser a antiga Fundación Escola Galega de Administración Sanitaria que coñece moi ben o persoal do Sergas.

Vaivos o proxecto de Decreto de estrutura e estatutos que irá a unha vindeira Mesa Xeral. 

O Boletín - maio 2015: Non deixes de ser alto cargo...

https://drive.google.com/file/d/0B1evwCG_jwK2RjVPM1drQ29sbXM/view?usp=sharing
Xa está dispoñible en versión electrónica o agardado número 223 do Boletín dos Servizos Centrais na Xunta de Galiza.

Descargar Boletín

Ler en Calameo

Nesta edición:

  • Editorial: Non deixes de ser alto cargo por medo a perder cartos
  • O proceso selectivo máis longo da Xunta: 14 anos para realizar o último exercicio
  • Novas (concurso, procesos selectivos, lei de emprego público, recuperación paga extra 2012, listas de substitución, RPTs).
  • Humor: verán azul, inverno negro

Outro millón de euros para os medios de comunicación (axudas directas e convenios fraudulentos)

Segue a notarse a melloría na recuperación da situación económica que na Xunta atoparon 1 millón de euros máis para os medios de comunicación. Non os atopan tan facilmente para sanidade, educación, servizos sociais ou calquera tipo de servizo público que sexa de prestación directa, ou sexa, que non haxa cazo polo medio.

Do que estamos falando aquí é das seguintes resolucións do DOG:



RPT da Consellaría de Facenda: eliminación complemento de informática de postos das Intervencións e LDs a fartar

Achega Facenda unha proposta de modificación da súa RPT co obxecto de debatela o vindeiro 5 de xuño nunha xuntanza que terá lugar na sala de xuntas da consellaría ás 12:30h. Na documentación achegan a memoria funcional e mais a táboa de equivalencias dos postos.

Falamos de debater porque tal e como se enfoca nesta Administración a negociación colectiva o que é esta proposta acabará resultando punto por punto o que finalmente aproben na Comisión de Persoal.

Trátase dunha modificación en profundidade, no que se abordan varios cambios estruturais, recortes autoimpostos polas limitacións da lei de orzamentos que invirten aínda máis a pirámide dos recursos humanos propios na Xunta, exceso de concurso específico para cubrir xefaturas de seccións, exceso de LDs para cubrir xefaturas de concurso (a lei fala de excepcionalidades e aplícano a 1 de cada 2) e... eliminación do "complemento de informática" dos postos das intervencións "cando o posto sexa vacante", así pois, estes postos xa non chegarán a fase de resultas do recente concurso.

O curioso desta última proposta é que destes postos que van retirar ese complemento hai 3 que foron ofertados no concurso de traslados. Que vai pasar con estes postos? Vannos eliminar ou vannos manter e cando chegue a persoa a tomar posesión se atopará con que xa non ten ese complemento? Curiosamente, e por primeira vez, non apareceu publicado o complemento específico de cada posto na listaxe de postos ofertados no DOG.


A Xunta asegura que non houbo destrución de emprego público e que os recortes non incrementan a sinestralidade



No PP non teñen un problema de comunicación, teñen un problema de non saber diferenciar a realidade e a ficción.

O director xeral da Función Pública manifestou neste derradeiros días ensede parlamentaria que por mor dos recortes sufridos co Goberno do Partido Popular non se incrementou o número de sinistros nin se destruíu emprego público.

Pois ben, dende a CIG queremos rexeitar estas afirmacións con datos que demostran que o Partido Popular falta a verdade cando fai estas manifestacións.

No derradeiro ano 2014, o 45% dos accidentes laborais e das baixas por enfermidade profesional foron na Consellería de Traballo e Benestar e máis concretamente na Área de Benestar e, diste 45%, o 85% foron baixas por sobre esforzo. A maiores destes datos que falan por si mesmo, manifestar que as categorías máis afectadas polos mesmos, nunha porcentaxe que chega a máis do 90% afecta as categorías de atención directa ao usuario, é dicir, Auxiliares de Clínica, Coidadores/as e Camareiros/as-Limpadores/as.

Estes datos de tan alta siniestralidade laboral directamente relacionados cos sobre esforzos veñen dados pola diminución de efectivos nun número moi elevado.

Investigan os contratos da Dirección Xeral de Xuventude con cargos do PP

Os temas da corrupción no noso país, máxime se falamos da Xunta, semella que son case inexistentes e a penas teñen cobertura nos medios tradicionais, non sendo que a cousa se volva moi grande. Por que será?

A continuación vai un caso, unha gota nun océano de enchufismo na Xunta de Galiza, que destaparon desde o xornal Galicia Confidencial. A continuación a resposta da Xunta que é de perogruio: que se trataba dun contrato de autónomo, non coa súa empresa...

Investigan os acordos do ex D.X. de Xuventude por contratar a cargos do PP
Ovidio Rodeiro, ex director xeral de Xuventude, e agora candidato do PPdeG en Boqueixón, tería supostamente contratado durante varios anos os servizos da empresa da que é directivo un dos candidatos do PP en Teo.

A Xunta confirma que Xuventude contratou ao número 2 do PP de Teo, pero non a súa empresa
O ex director xeral de Xuventude, e agora candidato do PP en Boqueixón, Ovidio Rodeiro, contratou ao número 2 da lista do PP de Teo para realizar a iniciativa “Parlamento Xove” en 2014 e 2015.

Resumo da xuntanza sobre as condicións de traballo do persoal laboral dos centros de Benestar. 27/05/2015

Asisten pola Administración o director xeral da Función Pública, a secretaria xeral da Consellería e os diferentes subdirectores. Descargar documentación entregada durante a xuntanza.

Empeza a reunión entregándonos unha documentación que consiste nun folio onde o máis salientable é que se propoñen a dotación de pluses que xa foron negociados na mesa correspondente o 12 de maio de 2015 e a creación de 4 terapeutas ocupacionais a media xornada (outra forma de precarizar o emprego).

Comeza a reunión o Director Xeral da Función Pública manifestando que a situación económica da comunidade autónoma non permite a reposición do artigo 19. Pero si que hai diñeiro para os medios de comunicación, os centros concertados, peroal directivo, plusiños de altos cargos, integracións...

Mesa Xeral e Comisión de Persoal extraordinaria do 27 de maio con varios "varios"

O 27 de maio houbo Mesa Xeral e Comsión de Persoal exprés con punto único: RPT de ATRIGA. Tratábase de "negociar" a amortización de 4 postos vacantes que foron ofertados no concurso. De novo volveuse comprobar a liturxia que supoñen estas reunións das que o máis positivo é que dean algunha información do que van facer en breve con relación a algún tema da Función Pública.
Con relación á RP da ATRIGA, as 3 xefaturas de grupo que neste día se cargaron, xa foran modificadas facía poucos días (DOG do 15/05/2015), e ofertadas no concurso de corpos xerais (DOG 20/05/2015), pero din que esto foi un erro, porque tiñan previsto amortizalas.

Din que o motivo das amortizacións é financiar a creación doutros postos necesarios para unha futura reorganización prevista na mesma unidade: falan de crear unha xefatura de sección e dous negociados, para o que nos convocarán "proximamente".

Publicarán en breve corrección de erros no DOG e actualizarán o buzón de postos.

Voto: CIG, CCOO e UGT, en contra. CSIF a favor.

Varios