xoves, 30 de xullo de 2015

Montoro de rebaixas: oferta 1% de suba, 1 dia de AP e subir a taxa de reposición...

O amigo Montoro, ese tío tan simpático que vemos pola tele, ese que chegou a afirmar en pleno rescate que os soldos estaban a subir..., baixou persoalmente este xoves á tarde á area da negociación sindical a vendernos a moto a todos e a todas as empregadas públicas.

Non hai como perder unhas eleccións para que estes tíos se poñan a darnos faragullas, a darnos unha pequena parte do que nos levan roubado durante anos (estes e os que estaban antes, todo hai que dicilo).

mércores, 29 de xullo de 2015

Denuncia sobre as oposicións de Turismo: A Xunta de Persoal presentouse perante a citación da Fiscalía

Membros da Xunta de Persoal e outros compañeiros na comparecencia
A Xunta de Persoal dos Servizos Centrais da Xunta de Galiza, presentouse a semana pasada nos xulgados de Compostela atendendo a citación que a Fiscalía de Santiago fixo logo da denuncia presentada polas irregularidades das oposicións de Turismo de 2001 e que foron voltas a convocar este ano.

venres, 24 de xullo de 2015

Mañá saimos á rúa - 25 de xullo, día da PATRIA GALEGA

Por unha Galiza ceibe e sen explotación!

Un ano máis, a Confederación Intersindical Galega (CIG) chama a todos os seus afiliados/as e simpatizantes a participar de xeito activo nos actos que se celebran o 25 de Xullo por todo o país para conmemorar o Día da Patria Galega, así como na manifestación unitaria que percorrerá as rúas de Santiago de Compostela o sábado baixo o lema 'A nación galega'.

mércores, 22 de xullo de 2015

Facenda aclara a versión de LibreOffice nas convocatorias de libre e promoción interna ao C2 por pedimento da CIG

Atendendo o escrito da CIG remitido o 30 de xuño de 2015, Facenda publicou no DOG do 22/07/2015 correccións de erros para as convocatorias de C2-libre e C2-promoción interna, aclarando que a versión de LibreOffice esixida nas probas selectivas será a 4.2.4.2.

A Xunta de Persoal dos SSCC presenta a denuncia polas oposicións de Turismo aos grupos parlamentares

A todos non, aos que nos quixeron recibir (o PP nin se sabe nin contesta)...

Onte, seguindo o acordado polo pleno da Xunta de Persoal, os representantes deste órgano de representación do persoal funcionario dos Servizos Centrais da Xunta de Galiza, entrevistáronse, por esta orde, cos grupos parlamentares de AGE (Yolanda Díaz) do BNG (Tereixa Paz) e do PSG-PSOE (Carmen Gallego).

venres, 17 de xullo de 2015

A Xunta cárgase 5000 empregos públicos en 5 anos

Na Voz de Galicia publicaban estes días unha nova puramente estatística: que a Xunta recortou 5000 traballadoras e traballadores públicos en 5 anos. Esta redución refírese ao global de persoal público da Xunta e inclúe polo tanto Sanidade, Educación, Administración Xeral e Xustiza.

Chama a atención a imaxe coa que ilustran a nova: non poñen a bombeiros forestais apagando lumes,a auxiliares de enfermería levantando anciáns, unha médico nun quirófano ou a mestres dando clase... Non, ilustran a nova co persoal de tarefas administrativas do edificio de San Caetano (foto de arquivo de cando existía Rexistro en Benestar e bastante antiga vendo as pantallas dos ordenadores).

Sabemos de sobra que a xente non comprende igual de ben o traballo que desenvolve un persoal sanitario ou docente que un persoal administrativo que fai un traballo públicamente menos agradecido pero que supón un suporte igual de importante para a prestación dos servizos públicos.

En calquera caso, e falando de prestación dos servizos públicos, nada se investiga na análise puramente estatística dos efectos desta redución de persoal, da non cobertura de baixas e vacacións, da sobresaturación nos servizos, das listas de espera, do peche de aulas ou da privatización de servizos públicos que logo resultan ser máis caros e do que, nalgúns casos, sae un cheiro a corruptela que tira para atrás. E claro, cando as Administracións fallan en axudar á xente, esta ten que organizarse e facer o que estas non fan surxindo platafomas, asociacións e diversas redes de solidariedade.


Boletín Saúde Laboral: machadazo europeo á saúde laboral

Xa está dispoñible para descarga o Boletín CIG Saúde Laboral Nº 15, publicación en materia de prevención de riscos laborais e saúde laboral elaborada polo Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da CIG.

Para proceder á súa visualización ou descarga únicamente preme sobre a seguinte ligazón.
 
Poderase acceder a este contido de forma permanente na web do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da CIG,  no espazo adicado ao Boletín CIG Saúde Laboral . Se queres recibir información de novas publicacións da CIG en materia de saúde laboral de xeito automático, por favor preme aquí.

Coñece as persoas que te deixan vendid@ ante as multinacionais

Temos falado moito deste gran tratado internacional, a CIG xunto con outras organizacións sociais, sindicais e partidos políticos ten realizado documentos, xuntanzas informativas e actos de protesta contra este. Particularmente este tratado afecta directamente á prestación dos Servizos Públicos polo que as traballadoras e traballadores da Administración deberíamos estar dobremente concienciad@s.

Estes días de atrás, e en palabras de ATTAC que facemos nosas, deuse un paso máis en conferir "privilexios aos investidores e grandes transnacionais estranxeiras fronte ás políticas e medidas de protección ambiental, cara ás e os traballadores e as e os consumidores que os gobernos dos países, dende decisións soberanas e democráticas, queiran poñer en práctica". 

xoves, 16 de xullo de 2015

Modifícanse as instrucións sobre o réxime de vacacións, permisos e licenzas

Aprobada a modificación na Comisión de Persoal do pasado 10 de xullo, publicábase o día 15 na páxina de Función Pública cunha breve descripción das principais modificacións. En setembro haberá unha versión consolidada deste texto, que afecta tanto a persoal funcionario como laboral.

Por se hai algunha dúbida, mantense o dereito a gozar de ata 6 días de vacacións por solto, e por tanto poder xuntar estes 6 días de vacacións cos correspondentes moscosos.

Desde o borrador incial se fixeron varios cambios, o día antes da Comisión de Persoal, iso sí: engaden como enfermidade grave tamén aquela que ditamine informe médico aínda que non sexan propiamente as do RD 1148/2011 que está pensado para a prestación económica de coidado de menores, establécese a rotatividade no dereito á elección de vacacións se hai empate de criterios, inlclúe o desprazamento no permiso para exames e o desliga da flexibilidade...

Porén, non atenderon todas as alegacións, motivo polo cal a CIG se abstívo.



Pompa e boato na xuntanza do Consello Reitor da EGAP pero pouca chicha

http://www.xunta.es/notas-de-prensa/-/nova/2243/escola-galega-administracion-publica-leva-ofertadas-que-vai-ano-mais-500-actividades
Estes consellos están sempre presididos pola persoa titular da consellaría en materia de administracións públicas, Alfonso Rueda, para o caso, e non se perde un. De paso a Xunta quita unha nota de prensa con moitos datos estatítsticos, tres fotos e morra o conto. 

Polo medio e medio, as persoas representantes do sindicatos tentan recompilar as diferentes queixas ou denuncias sobre cuestións que non funcionan tan ben ou directamente funcionan mal pero sen moito afán por parte do Consello de cambiar demasiado. En fin, liturxia.

Velaquí o resumo do acontecido no ceremonial do pasado 14 de xullo:

Temarios da EGAP das oposicións: nin vinculan nin forman

Anunciaba o director xeral da Función Pública na última Comisión de Persoal, do 10 de xullo, que os termarios das últimas oposicións convocadas pola Xunta ían ser publicados en cuestión de 15 días. O caso é que ese mesmo día a EGAP xa publicaba na súa web os primeiros temarios da promoción interna, os que corresponden a temas puramente lexislativos.

Os temarios abertos (1º exercicio A2 e 3º exercicio A1) que son os que requiren máis elaboración, terán que agardar ata setembro. Non temos constancia de cando tardarán en chegar os temarios abertos dos procesos de acceso libre, nos que todos os primeiros exercicios son sobre temarios abertos.

En calquera caso, xa aclarou o director xeral e aclara de novo a propia EGAP que os temarios non terán carácter vinculante para os opositores o o tribunal. Isto non supón un problema para os temarios lexislativos, que son un corta e pega de textos consolidados e non supón dificultade conseguilos. O problema é para os temarios abertos (que non son textos normativos) e sobre todo para o caso do A2 que afecta xa ao primeiro exercicio e aínda tardará en chegar.

venres, 10 de xullo de 2015

Denuncian ao conselleiro de Facenda por presunta prevaricación na repetición dunha oposición

NOTA DE PRENSA DA XUNTA DE PERSOAL DOS SSCC DA XUNTA DE GALICIA

A Xunta de Persoal dos Servizos Centrais da Xunta denuncia ante a fiscalía ao conselleiro de Facenda, ao director xeral de Función Pública e á presidenta do tribunal dunha oposición polas irregularidades cometidas que poderían ser constitutivas dos delitos de prevaricación e desobediencia.

Esta denuncia prodúcese con relación á repetición dun exercicio da oposición da Xunta de Inspección de Turismo convocada en 2001. Este exercicio repetiuse, 14 anos despois, o pasado 17 de xuño, por mandato dunha sentenza do Tribunal Supremo ante as graves irregularidades acaecidas no desenvolvemento do 4º exercicio. 

Adianto do calendario laboral galego para 2016

https://dl.dropboxusercontent.com/u/8671976/Calendario_Laboral%202016.pdf
No 2016 ao caer o 24 e 31 de decembro en sábado,  haberá dous moscosos adicionais ao que marca a lexislación estatal básica (5). Descargar calendario

No Consello da Xunta do 2 de xullo aprobouse o calendario laboral para 2016 que será posteriormente publicado no DOG. Só restan a proclamación dos dous festivos locais que non se publican ata novembro.

En total son 14 festivos: 2 fixados polos concellos e 12 fixados polos Estado español, dos cales ata un máximo de 3 poden ser substituídos polas comunidades autónomas. O Consello da Xunta, un ano máis, non exerce o seu dereito de cambio e mantén como festivos no noso país.

Son  de carácter  obrigatorio  e  non  substituíbles: 1  de  xaneiro,  Venres  Santo,  1  de  maio,  15  de agosto, 12 de outubro, 1 de novembro, 6 de decembro, 8 de decembro e 25 de decembro; mentres  que  outros  tres  festivos  poden  ser  substituídos  polas  comunidades  autónomas. Galiza tradicionalmente non cambia estes tres festivos, xa que son o 6 de xaneiro, o Xoves Santo (todas as comunidades manteñen sempre estes dous festivos), e o 25 de xullo, que no noso país sempre se fixa xa que é o Día Nacional de Galiza.

Porén, ao coincidir dous festivos obrigatorios e non substituibles en domingo, óptase por facer os seguintes cambios:

- O 24 de xullo, venres (San Xoán). polo 25 de decembro, domingo (Día de Nadal)
- O 17 de maio, martes (Día das letras galegas) polo 1 de maio, domingo (Día do Traballo)

xoves, 9 de xullo de 2015

Alegacións ás Instrucións de permisos, vacacións e licenzas

Rematou o prazo para presentar alegacións luns, 6 de xullo, levándose á Mesa Xeral o día seguinte, 7 de xullo. Na Mesa, e con vistas á Comisión de Persoal do venres, 10 de xullo, o director de Función Pública dixo que só ían trocar algo con relación ao permiso polo día de exame oficial. En calquera caso, serva como indicio da escasa vontade negociadora que o documento que mandaron incialmente, o que mandaron como anexo á Mesa Xeral e o que mandaron como anexo á Comisión de PErsoal é exactamente o mesmo.

Vale que tiña que quedar pechado este mes, pero botamos en falta algo máis de detemento á hora de estudar as alegacións. Esta proposta de modificación das actuais instrucións non é só unha adaptación técnica ao que dispón a LEPG, senón que se engaden moitas cousas a maiores que supoñen unha merma nos dereitos do persoal (limitación da acumulación da lactación ao persoal de Traballo, definición do período de 24h no permiso por hospitalización, limitación do persmiso de conciliación para as persoas con flexibilidade familiar...). Como sempre, a interpretación máis restrinxida, coma sempre caña á figura do empregado público, non vaia a ser que "nos despendolemos con tanto dereito".

mércores, 8 de xullo de 2015

Xuntanza coa Administración sobre cuestións de Servizos Comúns

O mércores, 8 de xullo, con relación a varios escritos remitidos pola Xunta de Persoal houbo unha reunión co subdirector xeral de Coordinación de Servizos Transversais para falar de cuestións que afectan ao Servizo de Prevenzón, ao Servizo Médico, ás prazas de aparcamento de San Caetano e outras cuestións de infraestruras de San Lázaro.

Concurso de corpos xerais: fase de resultas real e fase de resultas potencial

Na base II.2 da orde da convocatoria aclárase que a adxudicación dun posto a resultas está condicionada a que o solicitante non obteña ningún dos postos convocados no anexo I e a que o dito posto sexa de necesaria cobertura. Esta apreciación é discrecional por parte da Administración; o que non está establecido explícitamente nas bases é en que momento do desenvolvemento do concurso terá lugar.

Semella que a listaxe de postos de resultas (publicadas na web de Función Pública o 22/06/2015) son todos os das persoas que concursaron na 1ª fase, mesmo as de aquelas que finalmente non presentaron formalmente a solicitude. Non quitaron aínda ningún posto por "non ser de necesaria cobertura" porque este listaxe de resultas é "potencial". A falta do que decida Función Pública, o lóxico é que esto o fagan cando se complete a adxudicación definitiva en 1ª fase: se á persoa titular dun destes postos "amortizables" obten outro posto, entón retiran o seu da listaxe de postos "resultables".

Aínda que resulte máis cómodo como o fan agora, daría máis seguridade xurídica unha fase de resultas real e non potencial:  unha vez resolta a 1ª fase, publícaríanse os postos de resultas de "necesaria cobertura" e teríamos unha data exacta de publicación oficial para ver as vinculacións xurídicas de non ofertar postos que quedaran vacantes con relación a cambios nas RPTs. En calquera caso, vaia por diante a nosa postura de que esta listaxe de postos retirados sexa 0 dada a actual situación deficiente na prestación de servizos públicos.

martes, 7 de xullo de 2015

Comisións, prórrogas e adscricións de persoal funcionario en xuño de 2015

Continúa o mercado negro fervendo cando temos o mercado legal do concurso en marcha, sen que o director de Función Pública faga nada para que as comisións de servizo se concedan baixo criterios obxectivos e se publiquen as persoas concurrentes e a súa puntuación no proceso.

Consonte ao artigo 96.3 da Lei de emprego público os requisitos, a duración e o procedemento para a concesión das comisións de servizos determinarase regulamentariamente. Actulamente só existen dúas resolucións de Función Pública co carácter xurídico de instrucións internas e claramente insuficientes. 

En xuño o ritmo é o habitual destes últimos meses, cunhas 48 comisións novas, 124 prórrogas (segue habendo un alto número, presuntamente pola convocatoria do concurso xa que se adoitan a prorrogar até a súa resolución) mais 3 adscricións e 2 revogacións. Descargar arquivo

Concurso de corpos xerais: fase de xustificación de méritos e requisitos

O venres, 3 de xullo, remataba o prazo de solicitude da fase de resultas e ao día seguinte, 4 de xullo, abríase os prazos referentes á xustificación da posesión de méritos e requisitos.

Prazos aos que debes prestar atención se participas neste concurso:

- Do 4 ao 24 de xullo: consulta do teu expediente electrónico, xeración do impreso de emenda ou do impreso de conformidade e presentación nos Servizos ou Áreas de Persoal.

- Do 4 de xullo ao 24 de setembro: presentación das certificacións ou dos impresos de conformidade, asinados e dirixidos á Dirección Xeral de Función Pública

luns, 6 de xullo de 2015

A Xunta de Persoal solicita que non se permita o abuso do bloqueo de xefaturas de sección no concurso a quen non vaia realmente a ocupalos

A Xunta de Persoal dos Servizos Centrais vén de dirixirse ao director xeral de Función Pública para que tome medidas antes de que se resolve o concurso ante o máis que probable bloqueo de xefaturas de sección no concurso de traslados en activo.

Ao xa habitual de obter unha sección á que finalmente non se toma posesión efecitva por unha comisión de servizos noutro, únese desta volta a casuística da disposición transitoria terceira de lei de emprego público que reserva o posto obtido por concurso ao persoal directivo. Todo isto porque non existe prazo mínimo obrigatorio para permanecer no posto obtido por concurso se se cambia nunha comisión de servizos, nunha LD ou nun nomeamento como persoal directivo.
No DOG de 20 de maio publicouse a convocatoria do concurso de traslados de Administración xeral. Posteriormente, o día 24 de maio entraba en vigor a Lei 2/2015, de Emprego Público de Galicia.

Nesta lei, na súa disposición transitoria 3ª establece que terán a consideración de persoal directivo as vicesecretarías xerais, as subdireccións xerais, as secretarías territoriais e as xefaturas territoriais. Tamén establece que as persoas que estean a desempeñar eses postos coa entrada en vigor da lei, continuarán desempeñándoos. Por último, faise unha reserva do posto obtido por concurso para as persoas que con posterioridade á entrada en vigor da lei acceda a estes postos directivos.

A Xunta de Persoal cualifica de LDs encubertas os novos postos de concurso específico

A Xunta de Persoal de Servizos Centrais vén de dirixirse ao director xeral da Función Pública para amosar o seu rexeitamento ao novo sistema de cobertura de concurso específico tal e como está deseñado e o cualifican de "LDs encubertas" dado o seu elevado marxe de apreciación discrecional. Para máis inri, resultan LDs cun período garantido de ocupación de 5 anos.

Tamén aproveitan para denunciar o abuso desta figura que xa se está facendo en postos inferiores aos de xefatura de servizo nos que queda aberto ao que diga cada RPT, nomeadamente na recente proposta da consellaría de Facenda.

Cando, hai tempo xa, se anunciou por primeira vez que os postos de xefatura de servizo pasarían a proverse polo sistema de concurso moita xente viu esperanzas na mellora da súa carreira profesional moi limitada nesta Administración por criterios discrecionais. A ledicia transformouse en escepticismo cando, unha e outra vez se demoraba a decisión dese cambio. Co borrador da Lei de emprego público de Galicia e a súa recente aprobación entrada en vigor, a desconfianza transformouse en indignación ao descubrirmos o novo sistema creado para que a cousa cambie pero siga coma antes: o concurso específico.

A Xunta de Persoal reivindica a posta en marcha dos concursos permanentes de traslados

Desde a Xunta de Persoal dos Servizos Centrais veñen de dirixirse ao director xeral da Función Pública para que cumpra o prometido e poña en marcha os concursos de traslados abertos e permanentes, un modelo que remataría cos caciquismos das comisións de servizos e aumentaría a eficiencia na cobertura de postos.

A esta Xunta de Persoal de Servizos Centrais chegaron varias demandas do persoal funcionario para que, como se pretende facer co do persoal laboral, o sistema de concurso sexa un sistema de concurso aberto e permanente.

Decir que esta demanda xa non é nova, xa se fixo dende esta Xunta de Persoal en algunha que outra ocasión sen que fructificara. Tamen queremos lembrar que nada máis tomar posesión do cargo o actual director xeral de Función Publica, desto fai xa uns seis anos, dixo en varias ocacións que a súa intención era que o sistema de concurso fose deste xeito: un concurso aberto e permanente para todas as traballadoras e  traballadores da Xunta de Galicia, tanto para persoal laboral como para persoal funcionario.

Chamamento das listas de substitución do SPDCIF

A Consellería do Medio Rural e do Mar ten previsto realizar chamamentos o día 9 de xullo para a cobertura temporal de 22 postos VACANTES do Servizo de Protección e Defensa contra os Incencios Forestais (SPDCIF) das cartegorías profesionais que se relacionan no arquivo anexo. Descargar 

ACTUALIZACIÓN (09/07/2015): á vista das solicitudes presentadas polos traballadores anuláronse os seguintes chamamentos:

Mesa Xeral para martes, 7 de xullo, e outra información de Función Pública

O xoves, 2 de xullo, houbo unha reunión co director xeral da Función Pública no que informou dos puntos dunha vindeira convocatoria de Mesa Xeral para o 7 de xullo e máis doutros asuntos de trámite (temarios, procesos de integración, oposcións de Turismo, contratacións oficinas de emprego, criterios cobertura postos LD e concursos varios)

Na Mesa Xeral irán os seguintes temas:
  • RPT Axencia Turismo
  • RPT Traballo (da parte de persoal laboral): contan que vaia ao Consello da Xunta do día 16 de xullo
  • RPT Axencia de Infraestruturas
  • Decreto da Axencia de Sangue e Tecidos
  • Modificación das instrucións de permisos, vacacións e licenzas: non ve necesario un adiamento (recordamos que o prazo de finalización de alegacións é o día antes da mesa xeral); di que se trata dunha adaptación á lei e recoñece que pode haber discrepancias en algún punto pero que se poden solventar na mesa xeral. Está disposto a non levalo inmediatamente á Comisión de Persoal, pero neste mes vai quedar aprobado.
  • Decreto para Investigadores/as Cualificados/as: é algo novedoso, trátase dunha bolsa da UE de 2 ou 3 millóns de euros que se utilizará para a contratación de 2 ou 3 persoas investigadoras cualificadas por ano. Informarán máis polo miúdo.
O luns 6 de xullo habrá unha xuntanza previa para falar de todos estes temas.

Outras informacións:

xoves, 2 de xullo de 2015

Xuntanza do Pleno do Comité Intercentros de Seguridade e Saúde Laboral

No Pleno ordinario do 1 de xuño ían os seguintes temas na orde do día: seguro de vehículos da Xunta, segunda opinión médica en caso de disconformidade co diagnostico da Mútua, accidente mortal na Consellaría de Medio Rural e Mar e en varios tratouse tamén, entre outros, o tema dos accidentes "in itinere"
 
Seguros vehiculos Xunta
Informan que a competencia do parque móbil da Administración Xeral e axencias  públicas corresponde á Consellaría de Facenda e están suxeitos a expedente de contratación. Está colgado da páxina web da consellería. Os organismos autónomos están suxeitos o catálogo de prestacións de contratación centralizada. DOG 14.01.15.

Onde se atopan os verdadeiros problemas é cos vehículos de renting, maioritariamente da C. De Medio Rural e do Mar, que presentan distintan pólizas según contratación. 

Desde a CIG pedimos que se estableza para estes contratos , como mínimo, as mesmas condicións que para a Administración xeral.

mércores, 1 de xullo de 2015

Fase de resultas: modificación da listaxe de postos

No DOG do 1 de xullo publícase unha resolución de Función Pública pola que se inclúe un novo posto na fase de resultas do concurso de corpos xerais (sección A1A2C1 na Estrada). Para a solicitude deste posto amplíase o prazo ata o 10 de xullo. Lembramos que con carácter xeral, o prazo para solicitar as resultas remata este venres, 3 de xullo.

Por outra banda, na base II.2 da orde da convocatoria aclara que "A adxudicación dun posto a resultas está condicionada a que o solicitante non obteña ningún dos postos convocados no anexo I e a que o dito posto sexa de necesaria cobertura".

Gustaríamos saber tamén se Función Pública retirou da fase de resultas algún posto consonte á base II.2, ou sexa,  por entender os departamentos onde están os postos que "non son de necesaria cobertura" e, aproveitando que a persoa titular concursa, apreveiten para amortizalos. En calquera caso, vaia por diante a nosa postura de que esta listaxe de postos retirados sexa 0 dada a actual situación deficiente na prestación de servizos públicos.

Acceso á resolución do DOG
Acceso a toda a información do concurso

A CIG gaña unha sentenza no TSXG en contra do "dedismo" na Xunta

O TSXG impón  ademais 1.500 € de costas á Xunta por incumprir flagrantemente a legalidade na cobertura dos postos públicos.

No Decreto de creación do Centro de Recuperación Integral para Mulleres que Sofren Violencia de Xénero (DOG 10/01/2014), a Consellería de Presidencia aprobaba un sistema de provisión ilegal para a Dirección do centro. A pesar de que se trata de Administración xeral, este posto quedaba aberto a ser ocupado por persoas que non tiñan a condición de empregadas públicas. Ou sexa, traerse xente de fóra da Administración, sen ter aprobado unha oposición, algo que xa coñecemos coa figura do persoal directivo para certos entes como o caso das axencias. O problema é que este centro non é unha axencia.

E logo resulta que di Feijóo que "quere os mellores" e que para iso lle parece ben o modelo de promoción interna actual... pois carallo, para meter a unha persoa con nivel de xefatura de servizo e titulación superior directamente da rúa non se poñen tan exquisitos nin lle piden 60 e pico temas e tres probas prácticas ademais dunha fase de concurso de méritos obxectivos, que é o que se pide dunha promo interna do subgrupo A2 ao A1, tendo en conta ademais que neste caso houbo que chegar ao A2.

O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza vén dicir nunha sentenza que iso non pode ser, que o centro é Administración xeral e polo tanto o posto ten que ser cuberto por persoal funcionario con carácter xeral. Agora só falta que executen, que modiquen o Decreto, que cesen á persoa contratada ilegalmente e abran un novo proceso selectivo do posto para cubrilo como corresponde. Porén, sabendo como actúa a Xunta, seguirá escorrendo o vulto todo o que poida e seguirá a gastar os cartos de todas e todos en esgotar a vía xudicial ante o Tribunal Supremo.

Proposta de adaptación das instrucións de vacacións, permisos e licenzas á Lei de emprego público

Como xa adiantábamos, achéganos a Dirección Xeral de Función Pública unha proposta da adaptación da “Resolución do 12 de marzo do 2013  pola que se ditan instrucións sobre o réxime de vacacións, permisos e licenzas á Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia”, co obxecto de presentar alegacións ata o luns, 6 de xullo.

Nesta adaptación modifícanse cuestións de vital importancia como o concepto de enfermidade grave (que queda taxado consonte ao RD 1148/2011), as vacacións anuais, o permiso por falecemento, accidente ou enfermidade grave (os sábados como inhábiles), permiso para concorrer a exames finais, permiso por lactación, o novo permiso para cumprimento de deberes de carácter público ou relacionados coa vida familiar, o permiso por asuntos persoais e a licenza por asuntos propios.

Recordamos que estas instrucións son de apliación indistinta ao persoal funcionario e máis ao persoal laboral da Xunta de Galiza ou que se atope adherido ao convenio.