mércores, 22 de xullo de 2015

A Xunta de Persoal dos SSCC presenta a denuncia polas oposicións de Turismo aos grupos parlamentares

A todos non, aos que nos quixeron recibir (o PP nin se sabe nin contesta)...

Onte, seguindo o acordado polo pleno da Xunta de Persoal, os representantes deste órgano de representación do persoal funcionario dos Servizos Centrais da Xunta de Galiza, entrevistáronse, por esta orde, cos grupos parlamentares de AGE (Yolanda Díaz) do BNG (Tereixa Paz) e do PSG-PSOE (Carmen Gallego).


Nestas entrevistas, expuxéronse os principais termos da demanda exposta na Fiscalía, na que se denuncia ao conselleiro de Facenda por presunta prevaricación na repetición da oposición  de Turismo convocada en 2001. Este exercicio repetiuse, 14 anos despois, o pasado 17 de xuño, por mandato dunha sentenza do Tribunal Supremo ante as graves irregularidades acaecidas no desenvolvemento do 4º exercicio. 

As sensacións logo destas xuntanzas non puideron ser mellores, xa que atopamos unha grande comprensión e entedemento sobre a gravidade desta actuación por parte da Función Pública. Así mesmo, tamén se expuxeron as presións que a Xunta de Galiza está a exercer aos represetantes sindicais logo da  presentación desta denuncia.

Podedes ver máis información sobre as irregularidades producidas neste enlace: Denuncian ao conselleiro de Facenda por presunta prevaricación na repetición dunha oposición

Mañá, xoves 23 de xullo, a Xunta de Persoal vai acudir á citación que lle fixo a Fiscalía de Santiago de Compostela para practicar dilixencias previas.

1 comentario:

  1. Bo artigo e boa foto feita por o compañeiro Xosé Ramón, membro da permente da CIG, por delegación. Saúdos Fulgencio.

    ResponderEliminar