mércores, 1 de xullo de 2015

Fase de resultas: modificación da listaxe de postos

No DOG do 1 de xullo publícase unha resolución de Función Pública pola que se inclúe un novo posto na fase de resultas do concurso de corpos xerais (sección A1A2C1 na Estrada). Para a solicitude deste posto amplíase o prazo ata o 10 de xullo. Lembramos que con carácter xeral, o prazo para solicitar as resultas remata este venres, 3 de xullo.

Por outra banda, na base II.2 da orde da convocatoria aclara que "A adxudicación dun posto a resultas está condicionada a que o solicitante non obteña ningún dos postos convocados no anexo I e a que o dito posto sexa de necesaria cobertura".

Gustaríamos saber tamén se Función Pública retirou da fase de resultas algún posto consonte á base II.2, ou sexa,  por entender os departamentos onde están os postos que "non son de necesaria cobertura" e, aproveitando que a persoa titular concursa, apreveiten para amortizalos. En calquera caso, vaia por diante a nosa postura de que esta listaxe de postos retirados sexa 0 dada a actual situación deficiente na prestación de servizos públicos.

Acceso á resolución do DOG
Acceso a toda a información do concurso

Ningún comentario:

Publicar un comentario