luns, 6 de xullo de 2015

A Xunta de Persoal reivindica a posta en marcha dos concursos permanentes de traslados

Desde a Xunta de Persoal dos Servizos Centrais veñen de dirixirse ao director xeral da Función Pública para que cumpra o prometido e poña en marcha os concursos de traslados abertos e permanentes, un modelo que remataría cos caciquismos das comisións de servizos e aumentaría a eficiencia na cobertura de postos.

A esta Xunta de Persoal de Servizos Centrais chegaron varias demandas do persoal funcionario para que, como se pretende facer co do persoal laboral, o sistema de concurso sexa un sistema de concurso aberto e permanente.

Decir que esta demanda xa non é nova, xa se fixo dende esta Xunta de Persoal en algunha que outra ocasión sen que fructificara. Tamen queremos lembrar que nada máis tomar posesión do cargo o actual director xeral de Función Publica, desto fai xa uns seis anos, dixo en varias ocacións que a súa intención era que o sistema de concurso fose deste xeito: un concurso aberto e permanente para todas as traballadoras e  traballadores da Xunta de Galicia, tanto para persoal laboral como para persoal funcionario.

Por outra banda consideramos dende esta Xunta de Persoal que cos medios técnicos actuais sería factible a día de hoxe a súa realización. A nivel prácticos sería moito mellor tanto para o persoal (funcionario e laboral), como para a propia Función Pública e para os distintos departamentos desta Administración, xa que cando hubera unha vacante, esta cubriríase inmediatamente, e non como pasa nestes intre que os concursos teñen unha periodicidade completamente irregular e cando saen acumúlanse centos de prazas que no momento que se realizan as tomas de posesión xenera problemas organizativos evidentes para todos os departamentos, e moitisimo mais volumen de xestión para a Dirección Xeral da Función Pública, polo que aumenta a probabilidade de erros na xestión. De feito, dende que se convocou ata o dia de hoxe xa van no DOG varias correccións de erros e cambios na resolución da convocatoria inicial.

Tamén lembramos que este sistema que propoñemos eliminaría a maioria das comisións de servizo e sería máis facil cumplir coa normativa que di que: “as comisión de servizo daranse por motivos excepcionais”. Ao final a excepción, ao non haber un proceso axil e obxectivo ao mesmo tempo, convirtese en norma. Por outra banda, ao haber menos comisións de servizos sería moito maís facil de xestionar as que pudera haber e os distintos departamentos da Xunta de e a Dirección Xeral da Función Publica non tería nengún problema para cumplir excupulosamente coa normativa actual nesta materia, cousa que non se fai nestes intres. Todo isto, sen prexuízo de aumentar tanto a transparencia como a obxectividade na súa concesión.

Por o exposto anteriormente, desde esta Xunta de Persoal,  reunida en Pleno o 16 de xuño e por unanimidade, instamos á Dirección Xeral de Función Publica para que se inicie a apertura inmediata dunha mesa de negociación co obxecto de traballar na posta en funcionamento canto antes do sitema de concurso aberto permanente para os concursos de traslados ordinarios do persoal funcionario.

Ningún comentario:

Publicar un comentario