venres, 17 de xullo de 2015

Coñece as persoas que te deixan vendid@ ante as multinacionais

Temos falado moito deste gran tratado internacional, a CIG xunto con outras organizacións sociais, sindicais e partidos políticos ten realizado documentos, xuntanzas informativas e actos de protesta contra este. Particularmente este tratado afecta directamente á prestación dos Servizos Públicos polo que as traballadoras e traballadores da Administración deberíamos estar dobremente concienciad@s.

Estes días de atrás, e en palabras de ATTAC que facemos nosas, deuse un paso máis en conferir "privilexios aos investidores e grandes transnacionais estranxeiras fronte ás políticas e medidas de protección ambiental, cara ás e os traballadores e as e os consumidores que os gobernos dos países, dende decisións soberanas e democráticas, queiran poñer en práctica". 


A vella teoría de que se aos que amasan cantidades indecentes de gran capital lles vai ben, mentres millóns de peroas morren de fame e enfermidades,  pois malo será que ás persoas máis próximas non lle caian algunhas faragullas, aínda que iso signifique traballar máis e cobrar menos e perder dereitos e servizos públicos.

Porén, aínda non está aprobado o tratado, só se aprobou un informe non vinculante, marca o camiño á Comisión. Aquí tes as persoas representantes do Estado español na Eurocamara e como votaron. Pregúntalles a cambio de qué.

Podes seguir presionando, imos chegando aos 2 millóns e medio de sinaturas da cidadanía europea en contra deste trtado.


Ningún comentario:

Publicar un comentario