xoves, 17 de setembro de 2015

Non tod@s somos iguais: creceu o gasto en altos cargos e diminúe o de empregadas e empregados públicos

Esto despréndese do último informe de fiscalización da Conta Xeral da Comunidade Autónoma galega para o ano 2013, aprobado e publicado recentemente (non era sen tempo).

Descargar informe (gastos de persoal páxinas 58-61)

Mentres de 2012 a 2013 a Xunta aumentaba o gasto de altos cargos nun 11,64%, o de persoal funcionario, por exemplo, baixaba un 0,88% e o de persoal laboral temporal un 17,23%; dato este último coherente coa privatización galopante dos servizos públicos ou, por exemplo, a situación límite na que se atopan as residencias públicas de servizos sociais, con escaseza de persoal e material.

A pesar de reducir o número de altos cargos entre 2009 e 2013 nun 40% (de 138 a 84), o gasto medio deste segue sendo prácticamente idéntico, duns 78.000€ per cápita. Está claro que existen altos cargos cobrando mesmo por riba do Presidente da Xunta, retribucións que para 2013 foron de 66.923,04 €.


Nestes duros anos de recortes laborais para as traballadoras e traballadores públicos, na Administración galega non só se reduciron as nosas nóminas de xeito evidente, senón tamén o número de efectivos; entre 2009 e 2013 destruiron 8.869 postos de traballo públicos na Xunta, sendo o ano de maior decremento o do 2009 ao 2010, onde se perderon só en persoal funcionario un total de 3.902 postos de traballo.

Inversión da pirmámide de recursos humanos e privatizacións
Outro dato chamativo tamén é que non se recortaron todos os postos por igual, senón que se foi recortando principalmente postos base e tarefas rendibles para privatizar. Así pois,  aínda que baixou o número de efectivos e tamén o gasto global destes, en termos de media aritmética, o gasto medio por persoal funcionario subiu de 30.843€ a 31.862€. Esto evidentemente non é porque subiran as nosas retribucións, senón todo o contrario; esto é debido a que a eliminación de postos públicos foi maior entre os que menos custo teñen, a inversión da pirámide de recursos humanos públicos que tantas veces temos denunciado.




Ningún comentario:

Publicar un comentario