venres, 30 de outubro de 2015

Comisións, prórrogas e adscricións persoal funcionario de setembro de 2015

No mes de setembro hai unha volta aos níveis anteriores ao verán con respecto á concesión de novas comisións pero no que se refire a prorrogas destaca unha considerable baixada (temos 48 en setembro cando en xullo e agosto houbo 185 e en xuño 124). 

O caso é que isto último pode responder a diversos factores pero aínda así semella que se deixaron de renovar algunhas comisións. Se ten algo que ver co concurso ou non é difícil de saber. Unha cousa que chama a atención é que non houbo ningunha adscrición provisional durante o mes de setembro, ferramenta que se estivo utilizando nos meses anteriores, cando menos puntualmente, para colocar a xente á que se lle acabara o chollo nos concellos, logo das últimas eleccións municipais. Destacar tamén dúas revogacións neste mes na Coruña que ao ser encadeadas son provocadas polo cesamento da que está no primeiro elo desta cadea.

Trala manifestación pasada por auga, o conselleiro de Política Social toma nota (resumo da reunión)


Para conseguir algo, hai que mollarse. Este é o resumo do acontecido onte nun paso máis da loita do persoal laboral dos centros públicos da consellaría de Política Social. Tras a manifestación celebrada baixo unha chuvieira que rematou ás portas de San Caetano, representantes do Comité de Empresa da Coruña reuníronse, despois de anos, co novo conselleiro competente na materia.

Ao final da manifestación, na que participaron traballadoras e traballadores de todo o país, a escritora e activista galega Luz Fandiño deu lectura ao seguinte manifesto.

Continúan as mobilizacións, agora máis que nunca

xoves, 29 de outubro de 2015

Concentracións nas sete cidades en repulsa ao segundo asasinato machista esta semana

A maioría de concentracións convocadas terán lugar este sábado

A CIG fai un chamamento a participar nas mobilizacións convocadas polo feminismo galego en repulsa ao asasinato machista dunha muller en Vigo, a segunda galega asasinada en tan só unha semana, a sexta asasinada a mans da súa parella ou exparella, e a novena vítima do machismo en Galiza, dado que nin a parella da muller asasinada en Arbo nin o dobre crime das meniñas de Moraña contabilizan nas estatísticas oficiais.

Desde a Confederación Intersindical Galega unímonos ao rexeitamento da violencia machista e facemos un chamamento á mobilización de toda a sociedade galega contra este feminicidio. Que o silencio non nos faga cómplices. Ningunha agresión pode quedar sen resposta.

CONCENTRACIÓNS:

mércores, 28 de outubro de 2015

Promoción interna Xunta: 2015 persoas competirán por un máximo de 320 prazas

Non era sen tempo, aparecen ao fin no DOG do 28 de outubro as 4 resolucións polas que se fan públicas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas nos procesos selectivos de promoción interna de persoal funcionario de corpos xerais.

Estas prazas convocadas en xuño deste ano arrastran unha demora máis que evidente por mór da acumulación das ofertas de emprego público de 2009, 2011 e 2012. Tralo atraso na covocatoria saltou a polémica polo cambio de modelo respecto das últimas convocatorias sen xustificación razonable algunha.

Cuestións que fican no aire son: a interpretación que vai dar Función Pública ás novas lei de procedemento e réxime xurídico con razón ao temario das convocatorias e se respectarán as previsións de marzo-abril para o primeiro exame.

Delegados e delegadas de Política Social queiman a lei que deteriora o seu traballo e anuncian mobilizacións


A cita foi martes, 27 de outubro, no Rexistro de San Caetano, onde os 4 comités de empresa da nova consellaría de Política Social citaron aos medios para dar a coñecer as mobilizacións con relación á precarización da súa situación laboral. Posteriormente, as cinzas metéronas nun sobre e dirixíronllas ao novo conselleiro, Rey Varela, xunto cunha carta coas súas reivindicacións.

As traballadoras e traballadores destes centros alí presentes readuciron a cinzas la Lei 1/2012 de medidas temporais en determinadas materias de emprego público, normativa que supuxo o deterioro da súa calidade de traballo e de atención ás persoas demandantes dos servizos sociais públicos. Esta lei ten suspendidos, entre outros, o artigo 19 do Convenio colectivo da Xunta que regulamentaba o descanso deste persoal en domingos e festivos.

Está afectado todo o persoal laboral que traballa a quendas en centros públicos de residencias de maiores, centros sociocomunitarios, centros de menores e centros de atención a persoas con discapacidades.

martes, 27 de outubro de 2015

Algo se move na Función Pública: borrador de modificación de Decreto de listas e concurso de Estatística

Algo e pouco, de todo o que hai en cola, en realidade. O venres denuciábamos, por terceira vez, este feito e o luns, contra a 13:00h, recibíamos de parte do director xeral de Función Pública os seguintes documentos referidos á modificación do Decreto de listas e ao concurso do persoal da Escala de Estatística. Dan de prazo ata o día 6 de novembro para facer alegacións (que logo xa farán caso das que estimen convenientes).

luns, 26 de outubro de 2015

Concentracións contra a violencia machista: 26 de outubro ás 20 horas

A CIG fai un chamamento a participar nas concentracións convocadas polo feminismo galego para este luns, día 26 de outubro, ás 20:00 horas, baixo o lema “Xuntas remataremos co Patriarcado criminal!” en repulsa ao asasinato machista dunha muller en Pontesampaio, a sétima asasinada, pero a oitava vítima da violencia machista este ano en Galiza. Un crime que ven de sumarse a outros tres asasinatos en apenas 48 horas no estado español.

Desde a Confederación Intersindical Galega unímonos ao rexeitamento da violencia machista e facemos un chamamento á mobilización de toda a sociedade galega contra este feminicidio. Que o silencio non nos faga cómplices. Ningunha agresión pode quedar sen resposta.

 Lugares das concentracións do 26 de outubro, ás 20 horas:

Proxecto de lei de Orzamentos e proxecto de lei de acompañamento: do que dicían ao que puxeron por escrito para o persoal público

Na Mesa Xeral do 16 de outubro na que presentaron os Orzamentos 2016 para o persoal público, en reunións previas, así como roldas de prensa, foron anunciadas varias promesas de recuperación dos nosos dereitos. A intención real de tanta promesa podémola comprobar por escrito no texto do proxecto de lei de orzamentos así como na súa lei de acompañamento para o ano que vén. 

Pagas extras completas


Desde o 2013 levamos coas pagas extras sen complemento específico ou parte equivalente para o persoal laboral (a diferenza do resto do persoal público doutras Administracións). Pois ben, o ano pasado o anuncio por excelencia durante a elaboración do proxecto de Orzamentos para 2015 era o cronograma da recuperación das pagas extras completas que falaba de comezar a cobrar un 33% deste complemento nas dúas pagas extras a partir do 2016.

Últimas prazas para os cursos do Plan de Formación Interadministrativo 2015

Aínda quedan prazas libres en varios cursos do Plan de Formación Interadministrativoo 2015 do forGa. Trátase de formación dirixida a persoal laboral, funcionario e estatutario en activo das Administracións Públicas (Ensino, Saúde e Administración).

Preme na ligazón para solicitar a túa praza e/ou consultar a oferta dos cursos que che interesen. Quedan prazas en diversos cursos presenciais en Ferrol, Ourense, Vigo ou Pontevedra.

Mobilizacións do persoal laboral de Política Social polo dereito a descansar domingos e festivos

Pica na imaxe para descargar o cartaz
Achegamos cartaz das mobilizacións preparadas polos comités de empresa da nova Consellaría de Política Social (antigo Benestar). Estas mobilizacións enmárcanse nas demandas de recuperación do suspendido artigo 19 do Convenio Colectivo (dereito a descanso e compensacións por traballar en domingos e festivos) e a derrogación da lei de medidas (parte da cal segue prorrogada, parte da cal xa se incorporou como permanente na lei de emprego público).

venres, 23 de outubro de 2015

Novas de Función Pública polas que seguimos agardando e desesperando

http://cigsancaetano.blogspot.com.es/2015/09/o-boletin-setembro-2015-queremos-aos.html
Contraportada do Boletín de stembro
O único que se apuraron en sacar rápido, porque había ordes do partido, foi o da devolución do 25% da paga extra de 2012 e o dos días adicionais.

A finais de xullo quedaban pendentes para setembro uns cantos temas (concursos, procesos selectivos, decreto de listas...) dos que ao final non parece xa que se vaian mover nin en outubro. A medida que pasan as mesas xerais, o director de Función Pública segue incumprindo os seus propios prazos que xa de por si non son moi esixentes.

Concursos de traslados

O día 2 de outubro informou o director xeral de Función Pública que en 15 días sairía a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas do concurso xeral; aínda estamos agardando por ela e iso que só é a listaxe provisional. Non apunta previsión para a súa resolución pero fontes consultadas falan xa de marzo-abril se ben cando fixeron a convocatoria dicía de "intentar resolvelo antes de finais de ano".

Limitación da carreira profesional e redución á metade no número de prazas no curso de inspección de servizos sociais

No DOG do 6 de outubro convocaba a EGAP 40 prazas para un curso sobre a capacitación para o desempeño da función de inspección de servizos sociais. Posteriormente, a Dirección da EGAP emite unha resolución (esta xa non a publican) que se lle envía por correo electrónico ás persoas inscritas no curso decíndolle que onde decían 40 prazas din agora 25 "por razóns de operatividade técnica". Finalmente, o 22 de outubro, sacan a lista de persoas admitidas e só cubren 20 prazas, deixando outras 20 persoas na lista de agarda; aí temos as 40 prazas iniciais.

ACTUALIZACION (28/10/2015): tras esta nota, a EGAP completou a lista de persoas admitidas ata as 25 prazas.

Se xa de por si son polémicos os criterios de selección, a continua redución das prazas sen  publicar polo mesmo medio que se fixo a convocatoria xenera un claro exemplo de inseguridade xurídica. Iso por non falar do pouco detalladas razóns de "operatividade técnica". 

Menos mal que "é só" un curso gratuito da EGAP. En calquera caso, este curso é requisito imprescindible para os postos de Inspección de Servizos Sociais, postos moi cotizadas polo seu nivel retributivo, aínda que tamén son postos dunha gran carga de traballo e complexidade. 

A polémica dos criterios de selección

mércores, 21 de outubro de 2015

Boletín CIG - Saúde Laboral Nº 16: Nova lei de Ordenación da Inspección de Traballo e Seguridade Social

http://www.cigsaudelaboral.org/files/documentos/Boletin%20CIG%20Saude%20Laboral%20N%C2%BA%2016%20%28version%20galego%29.pdf
Para a súa visualización e descarga únicamente prema sobre a portada
Xa está dispoñible para descarga electrónica un novo número da revista de Saúde Laboral da CIG. Neste número trátanse os seguintes temas:
  • A nova Lei de 23/2015 de Ordenación da Inspección de Traballo e Seguridade Social
  • O envellecemento da poboación traballadora
  • A violencia física externa no traballo
  • Presenza de recursos preventivos nos centros de traballo
Está a súa disposición a nova ferramenta “Asesoramento Técnico” que permite realizar consultas on line en materia de prevención de riscos e saúde laboral; o acceso ao formulario de contacto pode atoparse na  portada da web ou premendo aquí.

Listas definitivas Fondo de acción social 2014

No DOG do 21/10/2015 publicase a Resolución pola que se anuncia a exposición das listas definitivas de axudas aprobadas e denegadas dos criterios de repartición do FAS 2014, relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade, para o persoal da Administración da Xunta de Galiza.

Como anexo a esa resolución, publícase a distribución final da concesión das axudas. As persoas solicitantes poderán consultalo dende o web de Función Pública.

martes, 20 de outubro de 2015

O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza declara ilegais a organización das quendas de traballo do persoal laboral da Consellaría de Política Social

O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza declara a ilegalidade das carteleiras de 2015 nos centros públicos  dependentes da nova Consellaría de Política Social na provincia da Coruña (residencias de maiores, centros de menores, CAPD). Estaríamos ante o terceiro conflito colectivo gañado consecutivamente polo Comité de Empresa contra a falta de negociación na organización das quendas de traballo do persoal dos centros de atención directa de Política Social da Xunta de Galiza.

Descargar sentenza

O persoal laboral que traballa a quendas nos centros de atención directa na Consellería de POLÍTICA SOCIAL, ten por TERCEIRA VEZ CONSECUTIVA unha sentencia que declara a nulidade da práctica empresarial de IMPOSICIÓN E NON NEGOCIACIÓN e considera ILEGAIS AS CARTELEIRAS DE TRABALLO DE 2015.

Datos de concesións e denegacións de flexibilidades horarias e teletraballo de setembro 2015

A Administración remítenos os datos acumulados das flexibilidades horarias e do teletraballo con relación á data de 31 de setembro.

Seguen a moverse moi pouco os datos globais como en todo o que levamos de ano: tendendo a estabilizarse a flexibilidade automática cara as 7.000 resolucións, as familiares cara as 1.000 e o teletraballo cunha  implantación anecdótica que non chega nin ás 100; de feito, no último mes só houbo unha nova resolución favorable de teletraballo (Analista) e unha prórroga (Enx. de Montes). Así tamén, a implantación tanto en flexibilidades como en teletraballo é moito máis significativa nos servizos centrais que nos periféricos.



DATOS RELATIVOS ÁS FLEXIBILIDADES E TELETRABALLO APROBADAS
30 SETEMBRO 2015

luns, 19 de outubro de 2015

Concursos de traslados "máis áxiles, sinxelos e con maior periodicidade"

Foi primeiro no Debate do Estado da Autonomía cando escoitamos as dúas grandes actuacións deste ano de Feijóo para referirse ao persoal público: unha, o pagamento en outubro do segundo cuarto da paga extra de 2012, outra, a promesa de facer concursos de traslados "máis áxiles, sinxelos e con maior periodicidade". E xusto agora, despois de varios anos sen amañar nada, en plena época preelectoral, ímoslle crer cando esas palabran veñen ademais sen proposta concreta!?

Definitivamente, deben estar de coña. Non pode ser que cheguen despois de case 7 anos de goberno, con todo o que vivimos dos concursos de traslados na Xunta, e saian agora con isto. Tanta informatización do proceso e logo sacar unhas listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas resulta un desafío, os concursos de corpos especiais ou laborais sempre teñen atrancos que nunca dan solucionado... e logo está a promesa do concurso permanente que nunca puxeron en funcionamento.

O único que fixeron foi falar permanentemente dos concursos cuns resultados que non chegaban a cumprir o que recollía a antiga lei de función pública de 1 por ano. Curioso que nós teñamos que cumprir o do 2 anos de permanencia no posto pero a Xustiza permítelle a Administraicón incurmprir o do concurso anual por temas da "potestade organizativa".

venres, 16 de outubro de 2015

E tras tanto marear, así queda o dos días adicionais moscosos e de vacacións por antigüidade

Para recortar gustan sempre de ir máis aló e  antes que ninguén pero para recuperar os dereitos, só o básico e a rentes do persoal do Estado.

Practicamente teremos na Xunta o mesmo que contén o RD lei 10/2015 para o persoal da Administración Xeral do Estado salvo o seguinte:
  • Periódo de goze dos días ano 2015: ata o 30 de abril 2016 
  • Os días por asuntos particulares poderán acumularse aos días de vacacións que se poden gozar de forma independente.

Orzamentos 2016 persoal público: onde están as pagas extras completas?

Descarga cartaz e reivindica o que é teu
Rematou o misterio, na reunión de onte pola tarde co Conselleiro de Facenda, desvelou as grandes propostas para o persoal público, que son as que xa coñecíamos porque son as mesmas que levan repetindo por activa e por pasiva como se por moito repetir foran a parecer moitas máis.

Agora ben, de recuperar as pagas extras completas nada de nada. Pois insistimos e insistimos nesto como punta de lanza de todos os dereitos retraídos cuxa recuperación demandamos porque é significativo que somos o único persoal público que segue sen pagas extras completas cunhas cifras macroeconómicas mellores que noutras Administracións.

Estes son os puntos que destacaron que irán no proxecto de lei de Orzamentos e que volverá a destacar na Mesa Xeral do 16 de outubro o director xeral de Función Pública:

A Xunta segue a xogar eleitoralmente cos nosos dereitos

A Xunta de Galiza ven de ratificar na xuntanza da mesa xeral de empregados/as públicos/as a campaña propagandistica que pretende facer coa trasposición do aprobado polo estado español en canto a recuperación de días de permiso e vacacións por antiguïdade. A Xunta pareceulle pouco a campaña que vén realizando coa devolución a prazos da extra do ano 2012 e agora utiliza os dias de antigüidade.

A Xunta presenta unha proposta en forma de acordo no que se limita a traspoñer o que está xa en vigor para o persoal da administración xeral do estado. 

A CIG considera que os orzamentos da Xunta para 2016 evidencian o “trunfalismo suicida” do goberno de Feijoo

O conselleiro de Facenda presentaba este xoves ás organizacións sindicais os orzamentos da Xunta para 2016. Ao remate da xuntanza Paulo Carril,  secretario de Organización da CIG, cualificaba de “trunfalismo suicida” tanto as estimacións económicas das que parte o goberno como as propias cifras que se manexan. Carril entende que non se pode considerar que hai recuperación económica porque nin cesa a emigración, nin o desemprego, nin a exclusión social e a pobreza, nin a caída dos salarios ou o desmantelamento dos sectores produtivos.

xoves, 15 de outubro de 2015

O gran misterio dos Orzamentos Galiza 2016 e as retribucións do persoal público

Onte recibíamos unha convocatoria para unha Mesa Xeral Extraordinaria co punto único do "Estudo do anteproxecto relativo á masa salarial do capítulo I do proxecto da lei de orzamentos da Xunta de Galiza pra o ano 2016". Esta Mesa Xeral será venres, 16 de outubro ás 13:00h na EGAP. Non hai documentación.

Por outra banda, chaman desde a Consellaría de Facenda para facer xoves, 15 de outrubro, ás 16:00h, unha reunión previa co conselleiro, antes da Mesa Xeral, sobre este tema. Tampouco mandan documentación

Máis de 4.200 persoas timadas a través das listas de cobertura temporal da Xunta

Días atrás publicábase no DOG a actualización das listas de de cobertura temporal da Xunta. Días atrás, collía a Xunta tamén e publicaba un anuncio sobre as máis de 4.200 novas persoas inscritas na totalidade destas listas como unha gran cifra da que mostrar orgullo.

Todo o mundo que estivo nas listas ou que traballa na Xunta sabe o pouco ou case nada que se moven a maioría desas listas. Ao longo destes anos, mesmo nin se movían as listas de substitución en determinados "servizos esenciais" como poden ser os centros de maiores. A xente se apunta a estas listas como un último acto desesperado de atopar un traballo medianamente digno (aínda que temporal) na nosa terra e nese acto desesperado Facenda quere facer, fixo e segue facendo caixa a 16,98€ por cada nova inscrición em cada lista.

Referencias ao persoal público no Debate do Estado de Galiza

Devolución paga extra 2012 e concursos de traslados foron as únicas dúas referencias de Feijóo para as empregadas e empregados públicos. Así o recolle o resumo da nota de prensa feita polo Gabinete de Comunicación:

Do mesmo xeito, anunciou que este mesmo mes se fará efectiva a devolución doutro 25% da paga extra correspondente a 2012, que se suma ao 25% aboado xa, e ao que seguirá o 50% restante, que será efectivo no 2016. Así mesmo, avanzou que se abordará coa mesa sectorial un mecanismo para que os concursos de traslados sexan máis áxiles, sinxelos e con maior periodicidade.

Con respecto á paga extra do 2012, resulta unha falacia asegurar que vai devolver o outro 50% que nos deben no 2016 cando iso é algo que depende dunha norma do estado español habilitante. Non o decimos nós, díxoo o propio Feijóo tralo Consello da Xunta despois da publicación do RD-lei 10/2015. Así pois, o de devolver o outro 50% non depende do Goberno autonómico, se ben si depende directamente deste o de cobrar ou non as pagas extras completas.

A demagoxia e o populismo dos días adicionais moscosos e de vacacións

Vostedes son uns demagógos e uns populistas, que teñen un discurso que da noxo. Cando estaba de moda darlles caña aos empregados públicos estableceron unha verdadeira competición a ver que goberno recortaba máis, todos os días estaban na prensa para ver quen era o campeón dos recortes, tanto de permisos, como de retribucións, como dereitos laboráis ou sindicais. Agora como vai haber eleccións, qué fan?,  pois todo contrario, vendéndonos graciosamente día si e día tamén, a concesión graciosa de novos días de libre disposición e de vacacións.

Eles quitáronos, que eles os restauren

mércores, 14 de outubro de 2015

A CIG convoca mobilizacións contra o TTIP en cidades e vilas galegas o vindeiro sábado día 17 de outubro

Nin CETA con Canadá, nin TTIP con Estados Unidos

A CIG convoca para o vindeiro sábado, día 17 de outubro, ás 12:00 h, concentracións contra o TTIP en cidades e vilas galegas coincidindo cunha xornada de mobilizacións en toda Europa na que se agarda que millóns de persoas saian á rúa coa mesma reivindicación: “Nin CETA con Canadá, nin TTIP con Estados Unidos. 

martes, 13 de outubro de 2015

Cutre proposta da Xunta para recuperar os días moscosos adicionais e de vacacións

Traspoñen o que hai na Administración Xeral do Estado, mesmo na data límite do 31 de xaneiro para o seu gozo, que pola conta que lles trae acabarán ampliando.

Agora veñen e acordan que "é mellor" facelo como acordo. A semana pasada afirmaban que ían sacar isto como modificación lexislativa da Lei de emprego público e agora cambian de estratexia. E por que non o meteron todo xunto coa Lei 11/2015 en trámite de urxencia como no Estado meteron todo xunto como RD-Lei?

Todo con tal de sacar máis rédito electoral, separar en dous paquetes os "agasallos", dar aparencia pública de "buenismo" cun acordo no canto dunha norma, que ao fin e ao cabo non recolle máis que unhas migallas de todo o que nos quitaron para o que, por certo, non atoparon necesario acordar nada. En fin, patético.

ACTUALIZACIÓN: o circo consúmase xoves, 15 de outubro, con Mesa Xeral ás 13:00h e Comisión de Persoal ás 13:30h.

venres, 9 de outubro de 2015

Vindeiros actos de elección de destino definitivo: 19 de outubro

En semanas pasadas Función Pública achegaba as listaxes de prazas que vai ofertar en diversos actos de elección de destino de varios procesos selectivos.

O luns, 19 de outubro, terá lugar no salón nº2 de Presidencia (San Caetano) a realización dos actos de elección de destino das seguintes escalas por parte das persoas aspirantes que superaron os correspondentes procesos selectivos:

- A1 Finanzas (OPE 2011): 10:00. Destino provisional. Listaxe de postos
- A2 Finanzas (OPE 2012): 10:15. Destino provisional. Listaxe de postos
- A1 Arquitectos/as (OPE 2011): 10:30. Destino definitivo. Listaxe de postos(*)
- A1 Inspección Urbanística (OPE 2011): 10:45. Destino definitivo. Listaxe de postos (*)

(*) As persoas que pretendan optar a postos para cuxo desempeño é preciso estar en posesión do permiso de conducir B1, deberán presentar o orixinal ou copia compulsada no acto de elección de destino.

Publicación das listas provisionais de traballo temporal na Xunta de Galiza


No DOG do 9 de outubro de 2015 publícanse as listas provisionais de persoas admitidas e excluídas para o desempeño transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galiza, regulado no Decreto 37/2006, do 2 de marzo.

As persoas interesadas disporedes dun prazo de 10 días hábiles, a partir do día seguinte ao da publicación, para presentar as reclamacións.

Podedes consultalas na seguinte ligazón da páxina web da Dirección Xeral da Función Pública.

xoves, 8 de outubro de 2015

Orzamentos 2016, retribucións públicas e avisos da Comisión Europea


Na reunión do pasado 2 de outubro os representantes da Administración informaban que para esta semana probablemente nos informaran sobre o que nos afecta dos Orzamentos da Xunta para o ano que vén, ou sexa, capítulo I: retribucións. En calquera caso, deberan informarnos antes do 20 de outubro que é o límite do Consello da Xunta para aprobar o proxecto de lei e remitirllo ao Parlamento; momento no que xa teremos acceso como resto dos mortais á dita información.

Recordade que a Administración Xeral do Estado recolle nos seu proxecto de Orzamentos para 2016 unha suba dun 1% das retribucións do persoal público. Polo menos, en canto as retribucións básicas, os orzamentos galegos deberían recoller tamén esa microsuba (con relación a todo o que perdimos nos últimso 5 anos).

3.326.920 sinaturas contra o TTIP e vindeiras mobilizacións: sábado, 17 de outubro en Compostela

Desde a CIG, o vindeiro dia 17, sábado, ás 12:00 horas na Praza de Galiza en Compostela desenvolveremos unha concentración en repulsa do TTIP no marco de todas as mobilizacións a nivel europeo que se desenvolverán ao longo da seguinte semana.

Conseguímolo: A Iniciativa Cidadá Europea que organizamos contra os devastadores tratados de libre comercio para os dereitos laborais, medioambientais e de protección de datos, con EEUU e Canada,  TTIP e o CETA, cumpriu xa un ano e conseguiu un número récord de 3.326.920 sinaturas. O día 7 de outubro houbo unha manifestación fronte á sede central da Comisión Europea en Bruxelas para insistir que as nosas demandas se cumpran. Tralo acto de protesta, houbo unha entrega simbólica das sinaturas a un representante da Comisión Europea. 

mércores, 7 de outubro de 2015

Convocatoria de varios cursos da EGAP para o persoal da Xunta

No DOG do 6 de outubro publícase a convocatoria de 3 cursos de formación da EGAP para o persoal da Xunta: lei de emprego público de Galiza (tamén para persoal da Administración local), capacitación para o desempeño da función de inspección de servizos sociais e xestión de equipos. 

O persoal que desexe participar nos cursos convocados deberá cubrir o formulario de matrícula telemática na páxina web da EGAP: http://egap.xunta.es/matricula
  • Curso sobre a Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia: 20h, teleformación, do 28 de outubro ao 16 de novembro. 50 prazas. Remate prazo matrícula: 14:00h do 16 de outubro. Ampliar información

Mobilizacións convocadas polo feminismo galego, mércores 7


A  CIG fai un chamamento a participar nas mobilizacións convocadas polo feminismo galego este mércores 7 de outubro ás 20 horas. O feminismo galego convoca concentracións en todo o país en repulsa ao asasinato machista coñecido no día de onte en Vigo.

Desde a CIG unímonos ao rexeitamento da violencia machista, esiximos responsabilidades e facemos un chamamento á mobilización de toda a sociedade galega. Que o silencio non nos faga cómplices. Ningunha agresión pode quedar sen resposta.

Lugares e horas das concentracións mércores, 7 de outubro:

COMPOSTELA, Praza 8 de marzo /Porta do Camiño, ás 20 horas

Mobilización do persoal laboral da Xunta para derrogar a lei de medidas

Na xuntanza de delegadas e delegados do persoal laboral da Xunta de Galiza, convocada para o 6 de outubro polo Comité Intercentros, adoptouse a decisión de organizar unha xornada de mobilización o vindeiro 26/11/2015 dende o Parlamento de Galiza. 

Este acto de protesta, apoiado por unha importante representación dos comités de empresa provinciais, é para esixir a derrogación da lei 1/2012 de medidas temporais para o emprego público de Galiza, a recuperación do art. 19 do convenio colectivo, a negociación colectiva, entre outros.

martes, 6 de outubro de 2015

A supresión da consellaría de Traballo evidencia a nula preocupación de Feijoo pola clase traballadora galega

Convértese nun apéndice da consellaría de Economía e cinxido exclusivamente á materia de emprego

A recén anunciada remodelación do goberno da Xunta inclúe, entre outras cuestións, a supresión da Consellaría de Traballo e Benestar Social. As competencias en materia de Emprego pasan a depender da consellaría de Economía e as referidas a Benestar Social a Política Social. O secretario xeral da CIG, Suso Seixo, valora moi negativamente esta decisión de marcado carácter “ideolóxico” que entende que responde “a unha vella teima do PP” que evidencia a “nula preocupación pola grave problemática que padece a clase traballadora galega”.

luns, 5 de outubro de 2015

Cuestións que ían ser "en setembro" e serán xa "a partir de outubro"... se é que son

O pasado venres, 2 de outubro,  houbo outra desas reunións para informar de determinadas cuestións que afectan aos nosos dereitos das que netamente non informaron case de nada novo, ou nas que se marcan prazos ambigüos, promesas de información vindeira, cando non algunhas cuestións xa as coñecíamos pola prensa.

O maior paradigma foi o tema desa reunión que ía ser sobre a "modificación da lei de emprego público de Galicia en relación ao RDL 10/2015 sobre asuntos particulares, días adicionais por antigüidade e vacacións" e a Administración nin sequera traía esa modificación. Tamén se falou de concursos, procesos selectivos e Orzamentos 2016 e as respostas foron na liña que van sempre: estirar o chicle.

Ampliación de días adicionais por vacacións e asuntos propios en función da antigüidade

Datos concesións e denegacións de flexibilidades horarias e teletraballo de agosto 2015

A Administración vén de remitir os datos acumulados das flexibilidades horarias e do teletraballo con relación á data 31 de agosto.

Neste mes movéronse moi pouco os datos, se vén xa levamos todo un ano con pequenos aumentos e as cifras totais tendentes a estabilizarse cunha boa implantación da flexibilidade pero sendo un fracaso a do teletraballo.

Neste último caso houbo en agosto tantas autorizacións como denegacións: un total de catro. As denegacións producíronse en 2 postos de Auxiliar administrativo/a, 1 de xornalista e 1 de médico/a. As autorizacións foron en 1 posto de persoal laboral grupo I-categoría 004 na MATI, 1 posto de técnico III no AGADER, 1 titulado/a superior pedagogo/a, 1 inspector/a urbantíticos.

Informe de accidentes na Xunta de Galiza. No que levamos de ano houbo 204 accidentes con baixa laboral.

Destes, uns 25 producíronse "in itinere", nos desprazamentos de casa ao traballo ou do traballo á casa. Así mesmo, tamén se produciron 150 accidentes que non deron lugar a acollerse a baixa

A Administración vén de remitir un informe de accidentalidade ao que podes ter acceso neste enlace.


Publicación da Lei pola que se aproba unha "retribución de carácter extraordinario" en concepto de recuperación da paga extraordinaria de decembro de 2012

No DOG do 5 de outubro publicase a Lei 11/2015, do 1 de outubro, pola que se aproba unha "retribución de carácter extraordinario" en concepto de recuperación da paga extraordinaria de decembro de 2012 aos empregados do sector público autonómico de Galicia. Añinda que máis que de carácter extraordinario deberían falar de carácter diferido que estamos a falar de retribucións que nos corresponden do ano 2012.

Esta lei resulta da adaptación á normativa autonómica do disposto no Real decreto lei 10/2015 que habilita a nivel do estado ás diferentes Administracións para devolver un 26,23% da paga extra de Nadal de 2012. Esta porcentaxe correspóndese con 48 días da paga extraordinaria, paga adicional do complemento específico ou pagas adicionais do mes de decembro de 2012.

Estas cantidades supoñen un total duns 56 millóns de euros, e a Xunta aínda debería uns 107 só para facer fronte á devolución do resto que falta da paga extra de 2012, sen entrar noutros dereitos aínda non recuperados.

xoves, 1 de outubro de 2015

Agora tócalle aos canosos, a ver que pasa este venres...

Este venres vai haber unha xuntanza coa Función Pública, que se andan facendo o longuis. Lembremos que aínda temos sen aplicación, en canto aos días adicionais de asuntos propios, o que marca o RD-l 15/2015 que ademais non pon tope aos días por asuntos particulares por antigüidade: