xoves, 15 de outubro de 2015

A demagoxia e o populismo dos días adicionais moscosos e de vacacións

Vostedes son uns demagógos e uns populistas, que teñen un discurso que da noxo. Cando estaba de moda darlles caña aos empregados públicos estableceron unha verdadeira competición a ver que goberno recortaba máis, todos os días estaban na prensa para ver quen era o campeón dos recortes, tanto de permisos, como de retribucións, como dereitos laboráis ou sindicais. Agora como vai haber eleccións, qué fan?,  pois todo contrario, vendéndonos graciosamente día si e día tamén, a concesión graciosa de novos días de libre disposición e de vacacións.

Eles quitáronos, que eles os restauren

A Xunta non quere devolver os días por decreto, quere que asinemos a renuncia aos 9 días de AAPP
O texto do Real Decreto lei 10/2015, de 11 de setembro, (BOE de 12 de setembro), polo que se conceden créditos extraordinarios e suplementos de crédito no orzamento do Estado é claro e faculta ás Administracións Públicas para que poidan devolver os días. Non esixe ningunha modificación lexislativa nin ningunha lei ad hoc, senón que valéndose da potestade regulamentaria as Administracións Públicas a Xunta pode facelo de oficio mediante Decreto do Consello de Goberno, sendo ademais un caso de extraordinaria e urxente necesidade, o cal xustificaría utilizar esta fórmula.
Tendo en conta esta especial habilitación, DENDE A CIG ESIXIMOS,
  • Que a Administración da Xunta de Galiza aprobe mediante decreto do Consello de Goberno a devolución dos días de asuntos persoais, días adicionais de asuntos persoais por antigüidade, e días adicionais de vacacións por antigüidade, de xeito que reflicta, como mínimo, o que o propio Real Decreto lei 10/2015 establece para os/as empregados/as públicos/as do Estado, así como un período de desfrute amplo, de cara a non causar perxuizos polo seu desfrute tanto ao persoal como á propia Administración da Xunta.
  • Que se convoque Mesa Xeral de Empregados/as Públicos/as para aprobar a devolución dos 3 días restantes de asuntos persoais (ata os 9 que os/as empregados/as públicos/as da Xunta de Galiza tiñamos antes dos recortes, e a secuenciación dos días adicionais de vacacións por antigüidade, para o cal dende a CIG propoñemos un día adicional con cada trienio a partir do primeiro ata os catro que permite o Real Decreto lei 10/2015.
A Xunta en vez de actuar con dilixencia, estivo remoloneando e agora quere que asinemos un acordo onde só devolven 6 días. Se eles recortaron sen necesitar o concurso de ninguén, non necesitan tampouco o concurso de ninguén para restaurar unha mínima parte. E se non o fan, que todo o mundo tome nota desta chantaxe do Partido Popular aos empregados/as públicos/as galegos/as antes dunhas eleccións.


Novas relacionadas:

Ningún comentario:

Publicar un comentario