martes, 13 de outubro de 2015

Cutre proposta da Xunta para recuperar os días moscosos adicionais e de vacacións

Traspoñen o que hai na Administración Xeral do Estado, mesmo na data límite do 31 de xaneiro para o seu gozo, que pola conta que lles trae acabarán ampliando.

Agora veñen e acordan que "é mellor" facelo como acordo. A semana pasada afirmaban que ían sacar isto como modificación lexislativa da Lei de emprego público e agora cambian de estratexia. E por que non o meteron todo xunto coa Lei 11/2015 en trámite de urxencia como no Estado meteron todo xunto como RD-Lei?

Todo con tal de sacar máis rédito electoral, separar en dous paquetes os "agasallos", dar aparencia pública de "buenismo" cun acordo no canto dunha norma, que ao fin e ao cabo non recolle máis que unhas migallas de todo o que nos quitaron para o que, por certo, non atoparon necesario acordar nada. En fin, patético.

ACTUALIZACIÓN: o circo consúmase xoves, 15 de outubro, con Mesa Xeral ás 13:00h e Comisión de Persoal ás 13:30h.

Ningún comentario:

Publicar un comentario