xoves, 15 de outubro de 2015

Máis de 4.200 persoas timadas a través das listas de cobertura temporal da Xunta

Días atrás publicábase no DOG a actualización das listas de de cobertura temporal da Xunta. Días atrás, collía a Xunta tamén e publicaba un anuncio sobre as máis de 4.200 novas persoas inscritas na totalidade destas listas como unha gran cifra da que mostrar orgullo.

Todo o mundo que estivo nas listas ou que traballa na Xunta sabe o pouco ou case nada que se moven a maioría desas listas. Ao longo destes anos, mesmo nin se movían as listas de substitución en determinados "servizos esenciais" como poden ser os centros de maiores. A xente se apunta a estas listas como un último acto desesperado de atopar un traballo medianamente digno (aínda que temporal) na nosa terra e nese acto desesperado Facenda quere facer, fixo e segue facendo caixa a 16,98€ por cada nova inscrición em cada lista.


Menos mal, que dun tempo a esta parte, xa non se cobran as taxas se levas un tempo anotad@ nas Oficinas de Emprego. Agora ben, ten truco, tes que levar máis de 6 meses anotad@ na Oficina de Emprego e non estar cobrando prestación ou subsidio algún, ou sexa, estar totalmente sen ingresos.

Actualmente falan xa dunha taxa de reposición do 100% nos servizos esenciais e do 50% no resto, eso quere dicir a cobertura das prazas vacantes a través da Oferta de Emprego Público. Porén, as instrucións actuais orzamentarias segue sendo que os chamamentos son algo excepcional, reservado, xustificadamente, a determinados postos moi concretos. 

A ver o que cambian na Lei de Orzamentos para o ano 2016 e se quitan esta limitación aos chamamentos para que o das listas de substitución deixe de ser un timo. En calquera caso, o traballo temporal nas Administracións debería ser algo residual e as prazas convcocadas anualmente mais aquí na Xunta hai prazas sen convocar aínda da OPE 2008.


Ningún comentario:

Publicar un comentario