venres, 23 de outubro de 2015

Novas de Función Pública polas que seguimos agardando e desesperando

http://cigsancaetano.blogspot.com.es/2015/09/o-boletin-setembro-2015-queremos-aos.html
Contraportada do Boletín de stembro
O único que se apuraron en sacar rápido, porque había ordes do partido, foi o da devolución do 25% da paga extra de 2012 e o dos días adicionais.

A finais de xullo quedaban pendentes para setembro uns cantos temas (concursos, procesos selectivos, decreto de listas...) dos que ao final non parece xa que se vaian mover nin en outubro. A medida que pasan as mesas xerais, o director de Función Pública segue incumprindo os seus propios prazos que xa de por si non son moi esixentes.

Concursos de traslados

O día 2 de outubro informou o director xeral de Función Pública que en 15 días sairía a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas do concurso xeral; aínda estamos agardando por ela e iso que só é a listaxe provisional. Non apunta previsión para a súa resolución pero fontes consultadas falan xa de marzo-abril se ben cando fixeron a convocatoria dicía de "intentar resolvelo antes de finais de ano".

Do concurso de corpos especiais e persoal laboral dos que dicía antes do verán que ía haber borrador en outuno, xa o sacou de enriba circunscribíndoo no primeiro dos casos á reforma das RPTs para adaptala ás novas escalas da lei de emprego público (non temos constancia de movemento algún neste sentido); do concurso de laborais di que está parado polo da reclasificación de categorías (que manteñen parado desde antes do verán). 

E logo teñen o valor de falar de que van facer concursos máis áxiles, sinxelos e con maior periodicidade!? É que peor, imposible.

Procesos selectivos

Tamén o día 2 de outubro informou de que outras listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas (as da promoción interna) sairían en 15 días; aínda estamos agardando por ela e iso que, de novo, só é a listaxe provisional. As de acceso libre xa avanzaron que lles levaría máis tempo (previsiblemente o mes que vén); de momento nin unhas nin as outras. 

Dos cambios nos temarios por mór da recente publicación das novas normas básicas de réxime xurídico e procedemento común, na reunión do 2 de outubro dixo que ao longo deste mes tomarían unha decisión. Na Mesa do 15 de outubro avanzou que convocaría aos sindicatos a unha reunión para comunicar a decisión tomada; non hai data para esta reunión e o tempo para os primeiros exames segue correndo.

Recordamos que a data prevista para os primeiros exames segundo información facilitada o 2 de outubro polo director xeral será "entre marzo e abril". Curiosamente cambiou o sentido das palabras do director xa que a principios de mes falaba da posibilidade de que entrara a lei antiga (dado a ampla vacatio legis da nova norma) e o día 15 apuntaba que entraría a nova (argumentando que non ten sentido que entre unha lei que vai ser derrogada). Avanza que a EGAP encargarase de facer as modificacións nos temarios.

Decreto de listas e chamamento de orientadores/as laborais

O das listas veñen avanzando un borrador de novo decreto xa desde vai tempo pero foi en xullo cando cobrou forza o de mandalo "en breve"; o do chamamento dos orientadores/as é algo que naceu cando anunciaron a OPE 2015 e que aínda fican sen concretar se chamarán por titulacións ou non. Agora para xustificar o parón falan da nova restructuración de Traballo...

Varios

Segue a cámara lenta o do protocolo de acoso sexual, laboral e plan de igualdade, a xuntanza da comisión de seguemento do persoal veterinario, o da homologación salarial do persoal laboral informático, etc., etc.


Novas relacionadas:

Ningún comentario:

Publicar un comentario