luns, 5 de outubro de 2015

Publicación da Lei pola que se aproba unha "retribución de carácter extraordinario" en concepto de recuperación da paga extraordinaria de decembro de 2012

No DOG do 5 de outubro publicase a Lei 11/2015, do 1 de outubro, pola que se aproba unha "retribución de carácter extraordinario" en concepto de recuperación da paga extraordinaria de decembro de 2012 aos empregados do sector público autonómico de Galicia. Añinda que máis que de carácter extraordinario deberían falar de carácter diferido que estamos a falar de retribucións que nos corresponden do ano 2012.

Esta lei resulta da adaptación á normativa autonómica do disposto no Real decreto lei 10/2015 que habilita a nivel do estado ás diferentes Administracións para devolver un 26,23% da paga extra de Nadal de 2012. Esta porcentaxe correspóndese con 48 días da paga extraordinaria, paga adicional do complemento específico ou pagas adicionais do mes de decembro de 2012.

Estas cantidades supoñen un total duns 56 millóns de euros, e a Xunta aínda debería uns 107 só para facer fronte á devolución do resto que falta da paga extra de 2012, sen entrar noutros dereitos aínda non recuperados.


Ao contrario que no RDL 10/2015, esta lei é exclusiva para a devolución do segundo cuarto da paga extra de 2012 e non fai referencia a transposición doutros dereitos como son os días adicionais de vacacións ou moscosos por antigüidade, que meterán nunha modificación lexislativa a posteriori da lei de emprego público.

Tal e como comunicaron nas última reunión cos representantes da Administración, o pagamento efectuarase coa nómina do outubro. Como xa sucedeu cos anteriores pagamentos, en xaneiro e maio, e a falta de novas intrucións, ao non comentar a Administración nada en contrario, cabe supoñer que o único persoal que terá que facer solicitude para recibir o pagamento será aquel que non se atope actualmente en servizo activo ou non teña xa a condición de empregada ou empregado público.

Ningún comentario:

Publicar un comentario