venres, 30 de outubro de 2015

Trala manifestación pasada por auga, o conselleiro de Política Social toma nota (resumo da reunión)


Para conseguir algo, hai que mollarse. Este é o resumo do acontecido onte nun paso máis da loita do persoal laboral dos centros públicos da consellaría de Política Social. Tras a manifestación celebrada baixo unha chuvieira que rematou ás portas de San Caetano, representantes do Comité de Empresa da Coruña reuníronse, despois de anos, co novo conselleiro competente na materia.

Ao final da manifestación, na que participaron traballadoras e traballadores de todo o país, a escritora e activista galega Luz Fandiño deu lectura ao seguinte manifesto.

Continúan as mobilizacións, agora máis que nunca


As mobilizacións continúan: o xoves, 26 de outubro, con outra manifestación desde o Palamento a San Caetano e xoves, 17 de decembro, cunha marcha silenciosa con velas tamén desde o Parlamento ata a Praza da Quintana.

É o momento de apertar o acelerador da mobilización, agora co proxecto de Orzamentos enriba da mesa do Parlamento e cunhas eleccións á volta da esquina. Hai que tirar para atrás dunha vez por todas con esa Lei galega de medidas temporais no emprego público que tantos dereitos suprimiu ao persoal público da Xunta de Galiza e en particular ao persoal laboral dos centros de atención directa da consellaría de Política Social.

Ningún comentario:

Publicar un comentario