mércores, 16 de decembro de 2015

Máis de 3 millóns en persoal de Gabinete e aínda queren crear unha xefatura de sección por LD para botar unha man

Falamos da proposta de modificación da RPT dos órganos superiores da Presidencia e falamos da creación da XEFATURA SECCIÓN DE COORDINACIÓN, nivel 25, que propoñen que sexa de libre designación.

Nas nosas alegacións opoñémonos rotundamente a súa creación como Libre Designación e máis coas argumentacións que se nos dan, entre elas  INFORMACIÓN ESTRATÉXICA PARA A TOMA DE DECISIÓNS DO PRESIDENTE E  VICEPRESIDENTE DA XUNTA DE GALICIA.

Poderían explicar para quen traballa este posto  para a Consellería da Presidencia ou para a Consellería de Vicepresidencia? ASESORAMENTO E DEPENDENCIA DIRECTA DUN ALTO CARGO, cal dos dous? O Presidente ou O Vicepresidente? e que vai asesorar ? Tendo en conta que a Consellería  da Presidencia ten destinado nos orzamentos de 2016 un total 1.483.000,00 euros para persoal  eventual, e a Consellería da Vicepresidencia ten unha partida de 717.000,00 euros no mesmo concepto sumando ambas 2.200.000,00 euros. 

Entendemos que as funcións que pretenden concederlle a ese posto de traballo son realmente asumidas por persoal de confianza (eventual) dos cargos políticos, polo que propoñemos que de ser contratado sexa por ese procedemento. Para o que queren sacan cartos de onde sexa. Deixen de utilizar con fins de partido, aínda máis, os postos de persoal público! Non ao dispendio no gasto público!

Ningún comentario:

Publicar un comentario