venres, 8 de xullo de 2016

Situación dos concursos de traslados e procesos selectivos novos (e non tan novos)

Na última Comisión de Persoal o director xeral da Función Pública comentou algunhas cuestións sobre os concursos (xeral e de persoal laboral) e sobre varios procesos selectivos. O máis concreto no do concurso xeral, o resto vaguidades.

Concurso de persoal funcionario Administración xeral
A Comisión de valoración rematou o seu traballo o martes 5 de xullo.Vaise cumprir o prazo máximo de resolución o día 15 e están traballando para publicar no DOG a resolución definitiva antes de esgotalo; porén, o director, de xeito conservador fala simplemente de que a resolución definitiva se publicará en xullo.  Toma de posesión diferida para despois do verán, previsiblemente despois do 15 de setembro.

Concurso de persoal laboral
Só grupos IV e V que o resto non queren convocar. As bases ían mandalas xa vai tempo e agora insiste que, en canto acaben co concurso do persoal funcionario de corpos xerais, que se poñen con este...

Procesos selectivos novos (ou non tan novos)
  • Para a semana remitirán (ao fin?) os borradores das bases de gardacostas e delineantes.
  • As bases de persoal veterinario tentarán achegárnolas ao longo deste mes de xullo (ao fin?);din que están pendentes de consenso entre as consellerías implicadas.

Novas relacionadas:

Ningún comentario:

Publicar un comentario