mércores, 24 de agosto de 2016

A modificación da Orde de xornada laboral, flexibilidade e teletraballo: xogando eleitoralmente cos nosos dereitos.

En maio, coa reunión da comisión de seguimento, parecía que ían cambiar a Orde de xornada laboral, flexibilidade e teletraballo cunhas pequenas concesións preelectorais que ían rematar con algunhas cuestións irracionais como son: non poder flexibilizar o venres pola tarde ou igualar o horario de referencia para todos os centros ata as 20.00h.

Logo entrou en funcionamento o horario de verán, do que seguen sen compensación a maior parte do persoal da Xunta, precisamente o que tampouco pode gozar de flexibilidade nin teletraballo; actualmente a modificación da orde fica no ar, sen data fixa de publicación, como tantas outras cousas. Se o queren utilizar como arma propagandística, farano antes do 25 de setembro; senón moi probablemente quedará no esquecemento das promesas preleitorais.

Mentres tanto, achega a Administración os datos relativos ás flexibilidades e teletraballo aprobadas a data de 31 de xullo. Desta volta a única denegación é nunha solicitude de flexibilidade automática nun posto de conductor/a da unidade móbil de cancro de mama (Servizos Centrais).

No teletraballo temos 12 novas solicitudes concedidas: 5 postos relacionados con tarefas informáticas, 2 inspectores/as de Servizos Sociais, 2 auditores/as de Medio Rural, 1 de asesor/a xurídico, 1 inspector/a farmacéutico e 1 subinspector/a urbanístico. Seguen sen mandar datos de xornadas aprobadas para o teletraballo (que poden ir de 1 a 3). 

Na Xunta o persoal informático tivo que chegar á Valedora do Pobo e varias denuncias públicas para conseguir o que na empresa privada é o habitual: a posibilidade de teletraballar. En calquera caso, a norma é que só se lle conceda unha mísera xornada á semana. En números totais, chegamos ás 172 persoas con teletraballo na Xunta dun total das 2.000 que prometía o PP cando o anunciou a bombo e prato. A concesión segue sendo terriblemente discrecional.


DATOS RELATIVOS ÁS FLEXIBILIDADES E TELETRABALLO APROBADAS
31 XULLO 2016


Flexibilidade automática
APROBADAS
SERVIZOS CENTRAIS
SERVIZOS PERIFÉRICOS
7.958
2.971
4.987


Flexibilidade POR CONCILIACIÓN
APROBADAS
SERVIZOS CENTRAIS
SERVIZOS PERIFÉRICOS
1.080
423
657


TELETRABALLO
APROBADAS
SERVIZOS CENTRAIS
SERVIZOS PERIFÉRICOS
110
86
24
PRORROGADOS
SERVIZOS CENTRAIS
SERVIZOS PERIFÉRICOS
62
45
17
TOTAL: 172
TOTAL: 131
TOTAL: 41

Ningún comentario:

Publicar un comentario