luns, 5 de setembro de 2016

Feijóo devolverá o tempo perdido agardando por concursos de traslados e procesos selectivos

No mesmo acto prometeu tamén acabar co paro en 40 días, tropecentos floteis para os astilleros de Vigo e Ferrol e mesmo rematar a autovía da Costa da Morte até Fisterra.


Continuando co bo camiño, o presidente de Xunta acaba de asegurar que no vindeiro goberno creará unha "Consellaría do Tempo" ao estilo do "Ministerio del Tiempo" creado polo Goberno Rajoy para dar saída á problemática dos cronogramas na Xunta de Galiza.

Entre outras moitas medidas, e no seu fondo compromiso coas galegas e galegos en xeral e co seu persoal público en particular, pensa devolver todo o tempo perdido agardando entre concurso e concurso de traslados, agardando por tomas de posesión, así como polas convocatorias e resolucións de procesos selectivos ofertados no ano da pataca.

"Todos tivemos que facer sacrificios" afirmou o Presidente. "Eu mesmo tiven que cambiar un Audi por un Citroën ou deixar de ir comer todos os días ao Vilas" Continuou con varios actos exemplificantes de humildade. "Pero todo iso xa rematou,  saquei o banco este que tiña no rocho de Montepío co que recorremos Galicia preguntándolle á xente a ver que máis podemos facer polas galegas e galegos" Puntualizou sinalando para un fermosísimo banco azul de madeira de carballo do país. "En realidade a idea da nova consellaría xurdiume cando me publicaron as fotos con Marcial Dorado, para ver se podía volver para atrás no tempo e untar mellor a crema esa que se ve na foto que hai moita lenda urbana que non se corresponde coa realidade". Concluíu.

Ningún comentario:

Publicar un comentario