xoves, 29 de setembro de 2016

Flexibilidade e teletraballo afectados pola posesión/cese do concurso xeral

A Dirección Xeral de Función Pública ditou o 27 de setembro instrucións sobre tomas de posesión e cesamentos derivados do concurso de traslados para a provisión de postos de traballo vacantes na Administración xeral da Xunta de Galiza.

Esas instrucións inciden na continuidade do dereito a flexibilización ou teletraballo das persoas que concursen en canto que o dereito quedaría en suspenso até que no novo posto de traballo se resolva favorablemente, e xa que logo, transitoriamente se perdería o dereito.

Dado o prexuízo que podería causar a un importante número de funcionarios e funcionarias, a CIG contactou con Función Pública para solicitar unha aclaración das instrucións. 

Lembrámoslles o que se estableceu para o concurso do ano 2014: "Todos os/as empregados/as que cambien de posto de traballo por algún dos motivos sinalados e teñan concedida algún tipo de flexibilidade, manterán o seu horario flexible, sen prexuízo da súa revisión por necesidades do servizo. A tal efecto, a unidade de xestión de persoal, da consellería ou organismo onde vaia a prestar servizos o empregado público, deberá comunicar ao centro directivo de que dependa o posto adxudicado, o horario asignado ao traballador ou traballadora, co fin de valorar a súa incidencia nas necesidades do servizo."

A resposta recibida pola CIG foi que Función Pública emitiría unha nova instrución ou unha aclaración da xa emitida, que resolvería o seguinte:

- As persoas que teñan concedido teletraballo terán que volver a solicitalo.
- As persoas que teñan concedida a flexibilidade continuarían co dereito, subsceptíbel de ser revisado posteriormente segundo a natureza das súas funcións.

As novas instrucións ou aclaracións serían remitidas aos departamentos de persoal.

Novas relacionadas:

Ningún comentario:

Publicar un comentario