venres, 20 de xaneiro de 2017

Publicada a segunda edición da guía de conciliación da CIG

https://drive.google.com/file/d/0B1evwCG_jwK2TG5tckdCMUswYjhBTWkxSTBPQkFWdFYzMWVJ/view?usp=sharing

Damos resposta ás túas dúbidas sobre prestacións e dereitos relacionados coa conciliación da vida familiar e laboral, e outras medidas de igualdade de oportunidades no traballo.


Desde a Secretaría da Muller da CIG comprobamos na atención á afiliación que, día a día, medra a preocupación das traballadoras e traballadores sobre os dereitos relacionados coa súa maternidade e paternidade, e, en xeral, coa conciliación da súa vida familiar e laboral. Son moitas as dúbidas sobre cal é o marco legal que as e os protexe e a que prestacións teñen dereito. De aí que decidiramos reeditar a guía e mesmo ampliala con respostas a novas dúbidas xurdidas tras a aplicación das últimas reformas.

Ademais, no lugar de traballo danse situacións relacionadas coa discriminación por razón de sexo, tales como o acoso, ou a violencia de xénero, que precisan de respostas e orientacións dirixidas a actuar no caso de que se produza unha situación deste tipo.

Por último, o actual marco legal vén acompañado dunha serie de medidas de obrigado cumprimento en materia de igualdade nos lugares de traballo, que é preciso coñecer, e intentar melloralo a través da negociación colectiva.

Esta pequena guía pretende dar resposta as preguntas máis usuais sobre a maternidade, a paternidade, as prestacións e os permisos relacionados coa conciliación, así como o tratamento da problemática da violencia de xénero e o acoso no traballo, xunto coas medidas, plans e protocolos de igualdade a implantar nas empresas e modelos de solicitude para entregar na empresa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario