luns, 13 de febreiro de 2017

Abre o prazo para solicitar o recoñecemento médico anual 2017

O martes 14 de febreiro comeza o período de inscrición da campaña de vixilancia da saúde para o ano 2017, que rematará o 15 de marzo, con carácter xeral.

No DOG do día 13 de febreiro publícase a convocatoria para anotarse, de xeito voluntario, aos recoñecementos médicos periódicos.

A campaña de vixilancia da saúde está dirixida a todas as traballadoras e traballadores da Xunta de Galiza, agás ao persoal que presta servizos nos centros docentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, ao persoal e centros dependentes do Servizo Galego de Saúde e ao persoal de entes públicos e fundacións.

A inscrición previa debe realizarase a través da sección habilitada nesta páxina. Lembre que deberá incluír todos os datos que figuren no formulario, xa que a falta dalgún deles impedirá a tramitación da solicitude. Rematada a inscrición, obterá un xustificante de consentimento que deberá presentar o día concertado para realizar a vixilancia da saúde.

O prazo de inscrición remata o 15 de marzo, agás para o persoal de nova incorporación, o persoal que se incorpore ao traballo tras unha ausencia prolongada por motivos de saúde e o persoal que durante o prazo de solicitude estea gozando das vacacións. Nestes supostos deberá presentarse a debida xustificación ante o Servizo de Prevención de Riscos Laborais.

Ningún comentario:

Publicar un comentario