xoves, 2 de febreiro de 2017

Case 4.000 traballadores da Xunta poden ser despedidos sen indemnizacións

LUNS 6 CONCENTRACIÓN DIANTE DO PARLAMENTO DE GALIZA

Non é só a Lei de Acompañamento o que se vota este luns 6 no Parlamento. Son tamén todas as barbaridades antilaborais que ​esta Xunta Dictadora quer facer, cando lle entregal aos sindicatos unha relación de supresión, extinción, refundición e mantenmento de todas as Categorías ​do Convenio Colectivo do Persoal Laboral SEN NENGUN CRITERIO.


​SEN NENGÚN CRITERIO, sen expoñer porque queren extinguir unhas, manter ou refundir outras.

Queren EXTINGUIR 77 categorías​ en base a unha FUNCIONARIZACIÓN PARA A CAL TAMPOUCO DAN MOTIVOS

Queren SUPRIMIR 21 categorías polo que xa non poderían traballar persoas que teñan calquera deses 21 oficios.

​Queren MANTER 47 categorías tal cal, sen exponer porque manteñen, por exemplo, Fotógrafo/a, Mestre/a Instructor, Titulado/a Superior Lingüista, mentres que queren funcionarizar Titulado/a Superior Químico, Titulado/a Superior, Titulado/a Superior Psicóloxía.

Queren REFUNDIR 33 categorías dos Grupos I, II e V, e non teñen claro se REFUNDIR OU MANTER 78 Categorías dos Grupos IV e V.

Toda esta barbaridade, todo este totum revolutum, ten un claro obxectivo: menos categorías farán o mesmo traballo e logo unha maior privatización. O que quer dicir, que menos traballadoras traballarán máis, xa que ​cada categoría resultante fa​rá​ de todo un pouco, convertindo en realidade esa máxima da Xunta de “facer máis con menos” e despois privatizar porque non se chega.

Esta Xunta que opera con criterios de empresa privada, quere FUNCIONARIZAR, COMO MÍNIMO, a 57 categorías, mentres que están no aire 78 categorías que non sabe se as vai REFUNDIR OU MANTER. CRITERIOS DE FUNCIONARIZACIÓN, por outra banda, que tratan de ocultar cando na realidade o que pretenden é abaratar o custe dos despedimentos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario