xoves, 16 de febreiro de 2017

Nace Alberto II, futuro presidente da Xunta

Agárdase que cumpra coa tradición popular de herdar os cargos institucionais do seu proxenitor.


O fillo de Alberto Núñez Feijoo naceu onte nunha clínica privada da Coruña a pesar de que o presidente da Xunta dixera en campaña que “el mejor sitio para parir era un hospital público”.

“Nosotros no hacemos distinción entre público y privado. De hecho lo público puede ser privado mañana”, declararon fontes do Partido Popular de Galicia mentres rían entrelazando os dedos das mans.

Dereitos sucesorios
 
Segundo a tradición instaurada no Partido Popular xa hai faccións que apuntan que o sucesor de Alberto sexa Alberto Jr. ao estilo da dinastía baltar o a de ducias de concellos galegos que son herdados polos fillos dos alcaldes franquistas.

“El Partido Popular es monárquico, no lo escondemos”, apuntantan dende a organización conservadora. “No descartamos que durante el período de minoría de edad pueda ejercer la regencia Alfonso Rueda y, así, preparar el advenimiento del nuevo Alberto”, engadiron.

*Artigo e imaxe de Tempos Galegos, reproducido coa súa autorización.

Ningún comentario:

Publicar un comentario