venres, 10 de febreiro de 2017

Sentenzas de indefinición na Xunta: cantas?, onde?, como? e por que?

A lacra do acceso á Función Pública por un procedemento chamémoslle irregular, derivado dunha sentenza xudicial non é novo na Administración Pública.

Xa dende o inicio da Administración autonómica téñense dado centos de relacións fraudulentas de traballo que remataron nunha  relación de indefinición na que a Xunta de Galiza, ben por activa ou ben por pasiva, deixaba a creación de moitos postos non nas mans do persoal de recursos humanos senón no bo entender dun xulgado do social.

Este cúmulo de desprósitos de xestión, enchufismos e malas praxis de política de personal, ten xerado frecuentes preocupacións no personal público que accedeu por un procedemento público, competitivo e reglado.

Porén, ten tamén outra óptica que non convén esquecer:  na privatización, ao final, o barato sae máis caro, e que a maioría de persoal subcontratado están nunha situación de precariedade laboral.

Non é xusto que haxa xente facendo o mesmo traballo cobrando menos e con menos dereitos, pero o anterior non xustifica abrir as portas da Función Pública sen planificación. O que deberan é utilizar as ferramentas legalmente previstas para ordenar os recursos humanos e se fai falta reforzos, tirar de acumulación de tarefas por persoal interino, logo crear os postos en RPT (de non os haber) e logo cubrir os postos de xeito definitivo. O tema é que esto aumenta o capítulo I e as subcontratas van polo VI... a nivel de control de gasto público queda fetén, ademais que sempre lle podes dar a contrata a un colega, este enchufar ao seu sobriño e sacar un beneficio caralludo, mentres puteas a uns cantos currelas que cobran a metade para que o empresario que mercadea coa Xunta viva de marabilla.

Aquí, as cousas fixéronse ao revés e as necesidades de persoal público quedaron ao descuberto coa pila de sentenzas de subcontratación ilegal e persoal laboral indefinido.

En certa maneira todo cambiou a nivel teórico a partires, primeiro do EBEP que intentaba solucionar este tema que se convertiu nunha grande bola de neve, a través de procesos de consolidación (agora ameazados coa funcionarización forzosa); e segundo a través da aprobación da Lei 2/2015 do Emprego Público de Galiza que dí literalmente:

Artigo 28. Persoal laboral indefinido

1. As relacións de postos de traballo serán obxecto das modificacións necesarias para axustalas á creación de postos derivados de sentenzas xudiciais firmes que recoñezan situacións laborais de carácter indefinido, cando a persoa afectada non poida ser adscrita a un posto de traballo vacante. A proposta de modificación da relación de postos de traballo deberá efectuarse no prazo máximo de tres meses, contados a partir da data da firmeza da sentenza xudicial.

2. Os postos de traballo creados en aplicación do previsto neste artigo incluiranse nas correspondentes relacións de postos de traballo como postos de persoal funcionario ou, excepcionalmente, de persoal laboral cando a natureza das súas funcións así o requira, e incorporaranse á oferta de emprego público, a non ser que se dispoña a súa amortización.

3. Unha vez modificada a relación de postos de traballo, a persoa afectada será adscrita ao posto de nova creación.

4. Incorrerán en responsabilidade, nos termos previstos por esta lei, as persoas que coa súa actuación irregular dean lugar á conversión en indefinida dunha relación laboral de carácter temporal ou á adquisición da condición de empregado público por unha persoa que non a teña.
Pois ben baséandonos neste texto legal e tendo en conta a nova política de transparencia augurada por este goberno (inauguración dun Portal de transparencia onde aparecen multitude de datos da Administración e relacións de personal), 

Nesta nova veleidade de transparencia desta Administración, que publica as RPTs, o número de efectivos ou as retribucións públicas, tamén debería nese mesmo espíritu PUBLICAR no famoso Portal da Transparencia:

a) Número de sentenzas de indefinición habidas por consellerías dende maio de 2015 ata o día de hoxe.

b) Número de demandas nos xulgados ata día de hoxe tamén desagregadas por consellerías.

c) Situación actual de cada posto creado; ou sexa se foi creada de  personal laboral, funcionario, amortizada ou en vías de concurrencia competitiva.

d) Número de expedientes abertos por contratacións irregulares seguindo o artigo 28.4 demandando a esixencia de responsabilidades.

1 comentario:

  1. Non só produce preocupación aos empregados e empregadas públicas que teñen unha oposición, senón tamén a todas e todos os que son interinos. Incluso máis grave me parece que o cidadán que ten que ser atendido por alguén non teña un mínimo de garantías de que esa persoa que o atende saiba, un pouco cando menos, de que van os seus dereitos...
    Parabéns pola denuncia, por outra banda.

    ResponderEliminar