luns, 15 de maio de 2017

Modificación da relación de postos de traballo da Axencia Tributaria de Galiza

Feitas xa as reunións previas, achega a Administración a documentación que irá a unha vindeira Mesa Xeral aínda por determinar doutra modificación da relación de postos (RPT) de traballo da ATRIGA (Axencia Tributaria de Galiza).

Desta volta podemos atopar a inclusión das famosas "áreas fucionais" onde debido ao carácter da ATRIGA predomina a de "tributaria". Tamén crean 3 novos postos (unha subdirección nivel 30, unha xefatura de servizo nivel 28 e un negociado nivel 18) e eliminan 5 (unha xefatura de servizo nivel 28, 2 auxiliares administrativos nivel 12, 1 xefe de grupo nivel 14 e 1 axudante nivel 16). Continúa a dinámica dos últimos anos na Xunta de eliminar postos baixos para financiar a creación dos postos superiores da pirámide de recursos humanos. Mais as amortizacións non rematan aí.

Por outra banda, amortizan outros 5 postos "por esixencias da lei de Orzamentos", vacantes, e que  ficaban sen finciamento (3 adxuntos/as delegado/a nivel 26, 1 xefatura de unidade nivel 26 e 1 unidade de apoio administrativo nivel 18).

Por último existen outras modificacións derivadas dos novos corpos/escalas e titulacións introducidos polos camibo na Lei de emprego público de Galicia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario