luns, 9 de outubro de 2017

Lei de emprendemento empresarial do PP: espolio, depredación e ruína para Galiza

Apupan diante do Parlamento a Lei de 'Depredación' de Galiza que quere aprobar o PP pola vía de urxencia.


Ollo a esta proposición de lei que presenta o PP no Parlamento de Galiza pola vía de urxencia, non o Goberno da Xunta, non, senón o seu grupo parlamentar. Ollo porque de existir, non tería sido posible frear, por exemplo, o proxecto da mina de Corcoesto. Tratan de eliminar "trabas" medioambientais e dereito á información da cidadanía e das organizacións sociais para poñerlle en bandexa a baixo custo os nosos recursos ás grandes empresas. Curiosamente, unha lei así, só podía ser tramitada de urxencia para que pase o máis desapercibida posible, co menor debate e as menores achegas (e protestas de cidadanía e organizacións).

A CIG forma parte da Plataforma contra a Lei de Depredación de Galiza, conformada por ADEGA, CIG, Comisión contra as minas da Terra Chá, Comisión de Medio da Gentalha do Pichel, ContraMinAcción, Equo, Organización Galega de Comunidades de Montes, Plataforma para a Defensa de Corcoesto e Bergantiños, Sindicato Labrego Galego, Verdegaia e Véspera de Nada.

Aquí vos pasamos información das últimas mobilizacións e máis da proposición de lei nun vídeo da asemblea de delegadas e delegados da CIG que tivo lugar en Vigo o 3 de outubro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario