tag:blogger.com,1999:blog-17537274701231182682024-03-28T00:02:23.389+01:00CIG San CaetanoBlogue da CIG San Caetano (Xunta de Galiza - Servizos Centrais)CIG San Caetanohttp://www.blogger.com/profile/02721567468466654506noreply@blogger.comBlogger1589125tag:blogger.com,1999:blog-1753727470123118268.post-63180400894535487332024-03-05T09:46:00.003+01:002024-03-05T09:46:55.057+01:00 EGAP: convocatoria de actividades de formación continua
No DOG do 01/03/2024
a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 29 de febreiro de 2024 pola que se
convocan as actividades de formación continua para o persoal ao servizo
da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, das entidades
públicas instrumentais do sector público autonómico e da Administración
institucional.
Poderá participar nas accións formativas
convocadas nesta resolución o persoal empregado público destinado na
Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, nas entidades
públicas instrumentais enunciadas na alínea a) do artigo 45 da Lei
16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da
Administración xeral e do sector público autonómico de Galiza, e na
Administración institucional, que se encontre en situación de servizo
activo (incluído o persoal que teña concedido un permiso por motivos de
conciliación da vida persoal, familiar e laboral) e que reúna os
requisitos establecidos nesta convocatoria e para cada un dos casos no
anexo II.
O prazo de presentación de solicitudes
será de dez (10) días naturais desde o día seguinte ao da publicación
desta resolución no Diario Oficial de Galiza.
O número máximo de cursos que se poden solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a cinco.
Os criterios de selección que serán
empregados son os sinalados con carácter xeral na Resolución da Escola
Galega de Administración Pública do 10 de maio de 2023 (DOG núm. 96, do
23 de maio); corrección de erros (DOG núm. 130, do 10 de xullo, e DOG
núm. 148, do 4 de agosto), sen prexuízo dos criterios específicos
establecidos na epígrafe «Persoal destinatario» de cada actividade
formativa incluída no anexo II desta resolución.
CIG San Caetanohttp://www.blogger.com/profile/02721567468466654506noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-1753727470123118268.post-45549218032213441112024-02-09T13:19:00.003+01:002024-02-09T13:19:40.898+01:00Concursos de traslados de corpos xerais e de escalas de enxeñarías, arquitectura e ciencias: para aprobación o luns 12/02/24
O xoves 8 de febreiro participamos
nunha xuntanza co director xeral de Función Pública (DXFP), para falar
de diversos asuntos. Entre eles, os concursos de traslados de corpos
xerais e o das escalas de enxeñarías, ciencias e arquitectura (A1 e A2).
O luns 12 van quedar aprobados na Comisión de Persoal.
Na intervención da CIG, a primeira
queixa foi polos tempos. Levamos anos a voltas cos concursos
permanentes, e nin sequera temos un concurso anual. Meses en que ás
nosas preguntas respostan indicando as prioridades, pero non os prazos.
Prioridades que nen sequera cumpren.
De súpeto, envían os borradores dos
concursos sen tempo a moita discusión. E envían a relación de prazas
vacantes con só dous días para revisar e alegar. Esto é inaceptable,
pois falamos de 3.500 prazas entre os dous concursos.
O DXFP afirma que aínda que se aprobe o
luns, haberá marxe para revisar e alegar ás prazas, ata a publicación en
DOG (segundo conta, sería unhas semanas máis adiante).
En canto ás prazas que serán ofertadas,
serían todas as vacantes agás aquelas que as consellerías certifiquen
que queren amortizar en futuras RPTs. A CIG reclama que se convoquen
todas, pero si levan adiante a retirada de postos por propostas de
amortización, sería inaceptable que se concedan comisións de servizos a
tales postos.
Na relación de vacantes estarían
incluídas as afectadas pola lei da temporalidade (Lei 20/21), as 125 de
persoal laboral vacantes que van a funcionarizar (82 de A1, 30 de A2 e
12 de AP). Engadirían tamén as prazas nas que os/as titulares xa teñen
data de xubilación para as próximas semanas. Serían un total de uns
200-300 postos máis para corpos xerais que enviarán aos sindicatos este
venres.
Da negociación das bases non hai moita
marxe. Estes dous concursos seguen o modelo exactamente igual que os
negociados e convocados nos últimos meses (gardacostas, consumo,
incendios e axentes medioambientais). O único que modificaron é unha das
reivindicasións da CIG: aceptan que os postos ocupados por motivos de
saúde, postos que non poden ser convocados como vacantes, si sexan
ofertados como "potenciais vacantes" para o caso de que quen os ocupa,
que está obrigado/a a concursar, obteña outro destino. Porén, a CIG
insiste en que hai que mudar cousas, como engadir as prazas que están
para ser cubertas por Concurso Específico (si non son quen de executar
estes procesos, que recualifiquen urxentemente as RPTs para pasalas a
Concurso Ordinario), ou axustar os valores dos méritos, pois existe
desequilibrio entre algúns deles.
En canto ás previsións de prazos, o DXFP
manifesta que vai ser todo moi rápido, coa intención de que estes
concursos estean resoltos e coa tomas de posesión, antes de finalizar
este ano 2024, algo que á CIG, polas experiencias pasadas, cústalle
crer. Os concursos estarían resoltos uns meses antes, pero a toma de
posesión quedaría adiada ata rematar os procesos extraordinarios de
estabilización (Lei 20/21), que por imperativo legal ten que ser antes
do 31/12/2024. Para entón, a toma de posesión do concurso de traslados e
do persoal dos procesos selectivos serían actos coincidentes no tempo.
Respecto doutros concursos, informa que
en próximas semanas estarán a traballar na RPT de Política Social, para a
continuación convocar o concurso das escalas sociais. Nada di do resto
de concursos que quedan pendentes. Pero todo isto xa quedará para o novo
goberno.
CIG San Caetanohttp://www.blogger.com/profile/02721567468466654506noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-1753727470123118268.post-32412962846122362342024-01-19T13:41:00.000+01:002024-01-19T13:41:44.539+01:00 A Xunta non mobilizou os medios propios, con competencias ambientais, na crise dos pellets
Hai máis de 3.000 compañeiros/as que no caso de emerxencias ou traballos especiais poden actuar
Un mes despois de que a Xunta
coñecera a chegada destes residuos as praias non ten mobilizado a ningún
medio propio (a maiores do habitual nesa zona en calquera época do ano)
para o seu control, coordinación ou recollida aínda que á
CIG-Autonómica cónstalle que o persoal si llo pediu e ofreceuse
voluntario.
A Consellaría de Medio Ambiente ten
persoal de campo, vixiantes de recursos, peóns e oficiais de recursos
naturais e axentes ambientais en todo o territorio. Máis de 3.000
compañeiros e compañeiras que no caso de emerxencias ou traballos
especiais poden actuar.
En concreto, que no colectivo de persoal
funcionario hai 107 axentes; 2 axentes ambientais coordinadores; 19
axentes territoriais e 35 axentes zonais. E no colectivo de persoal
laboral, 63 peóns forestais; 3 técnicos/as ambientais; 15 técnicos/as
superiores ambientais e 98 vixiantes de recursos naturais.
Xunto a isto a Xunta conta con medios e
vehículos e que están preparados. Ademais, no caso das e dos axentes
ambientais pode activarse o período extraordinario cun sistema de
gardas, polo que pasan a facer xornadas de 12 horas e poden mobilizarse
por todo o territorio nacional.
Porén, a Consellaría de Medio Ambiente
considerou que non era necesario, ignorando as capacidades do seu propio
persoal que poderían ter unha función relevante, non só no control,
senón tamén na coordinación de que as tarefas de limpeza non danaran
áreas protexidas como os complexos dunares, especies catalogadas ou
alteraran zonas de nidificación nestas contornas de alta sensibilidade
ambiental. Ángeles Vázquez na súa batalla política preferiu minimizar a
crise ambiental e despois derivar a responsabilidade contra o Gobierno
na vez de mirar para dentro e contar co seu propio persoal tanto técnico
como o de campo.
Para que contratar empresas?
Segundo a propia Administración, o
persoal da Consellería do Mar e o persoal da zona da Consellería de
Medio Ambiente si fan súas funcións en carteleira e zona habitual, sen
activarse ningún reforzo porque non é necesario e non é un Prestige .
Por iso preguntámonos entón por que contratan empresas? Para que fan
falla voluntarios/as? Para que pedir recursos da Administración do
Estado?
Ignorar ao persoal propio non é a
primeira vez que sucede coa Consellería de Medio Ambiente de Ángeles
Vázquez, pois nos lumes que asolaron a Rede Natura ou mesmo os Parques
Naturais, nestes anos, non activou nin sequera o período de gardas dos
seus axentes ambientais (período extraordinario) para contar con maior
cobertura de persoal, nin antes nin durante nin despois, para xestionar
as posibles tarefas de restauración ambiental.
Antes, ou ao tempo de contratar ao
persoal de empresas públicas, como nestes días fixo con SEAGA e TRAGSA,
debería ter solicitado ao outro persoal de emerxencias que ten a Xunta
por toda Galiza, comarca a comarca: os bombeiros e bombeiras forestais e
o axentes ambientais da Consellería de Medio Rural, que traballan as 24
h todos os días do ano e poderían traballar desde a primeira chamada. E
temos tamén a mais de 600 compañeiros e compañeiras fixos e fixas
descontinuas en período de suspensión de contrato. En síntese, máis de
3.000 efectivos preparados en emerxencias no medio natural ignorados.
Dende a CIG-Autonómica lembramos que no
caso do Prestige si se mobilizou a todo este persoal, tarde e mal, cando
xa se autoorganizaran. Por iso lamentamos que non se aprendera desa
experiencia. A realidade é que non existe un protocolo nin unha
planificación clara para estas emerxencias, sexan do nivel que sexan,
máis cando hai que actuar rápido e a Xunta ten os medios, ten o persoal
no territorio e ten o coñecemento.
CIG San Caetanohttp://www.blogger.com/profile/02721567468466654506noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-1753727470123118268.post-15818715839652566622023-12-28T10:49:00.001+01:002023-12-28T12:32:24.158+01:00Aprobada unha terceira carreira que non resolve os problemas das anteriores
Estas ordes de carreira aprobadas na
Comisión de Persoal do día 22/12/2023, abren un novo prazo do sistema
extraordinario para as persoas que non cumprían os requisitos de
formación ou antigüedade no ano 2019 e 2022, ou que, cumprindo os
requisitos non a solicitaron. Pero ollo, non o fan de xeito absoluto e deixan fora a moito persoal.
• Se es interino ou temporal
con máis de 11 anos de servizos e concedéronche o grao I no 2022, non
vas poder solicitar o grao II. (De feito, dos case 4.000 interinos e
temporais que poden solicitar a carreira tan só 13 van poder solicitar o
grao II).
• Se es funcionario de carreira ou laboral fixo con máis de 11 anos de servizos e non solicitaches o grao I no 2019 e
obtivéchelo no 2022, tampouco vas poder solicitar o grao II agora.
• Se es laboral fixo que non se quixo funcionarizar e paralizáronche o cobro dos graos I e/ou II seguen esixíndoche que te funcionarices.
Propuxemos instaurar a carreira
ordinaria e encaixala co sistema extraordinario aberto, permanente e
automático para todo o persoal, sen exclusións e pagando os atrasos ao
persoal ao que se lles negou no 2019. Pero Función Pública sigue tirando
para adiante co apoio doutras organizacións, cun modelo fracasado,
discriminatorio e que non executa as sentenzas. Preguntámonos, por que
cada vez que a CIG pon solucións enriba da mesa eles prefiren seguir
arrastrando os problemas do pasado.
Explicamos por que estes modelos de carreira (carreira administrativa e complemento de desempeño) seguen a ser excluíntes e discriminatorios porque:
1. Non son unha
corrección da carreira do 2021 xa que non recuperan nin as cantidades
nin o tempo que paralizaron a carreira, nin tampouco ao persoal que lla
retiraron por non funcionarizarse, nin ao que expulsaron do sistema por
ter antigüidade doutras administracións.
2. Deixan outra vez fóra ao persoal laboral fixo ao que condiciona coa chantaxe da funcionarización.
3. Non permiten ir
acolléndose ao segundo grao ao persoal funcionario interino e laboral
temporal que deixaron fora no 2019 nin cumpre a sentenza na sua
totalidade recuperando as cantidades dos anos que os tiveron excluídos.
4. Non solucionan a
grande eiva do sistema: non deseñan unha carreira automática e universal
na que, unha vez cumpridos os requisitos de avaliación e antigüidade,
se conceda o grao correspondente.
Dito isto, non por ser habitual
deixa de sorprender a facilidade que ten Función Pública para contar con
algúns sindicatos para restrinxir dereitos: desta volta ao director
xeral de Función Pública só lle levou tres días conseguir o voto
favorable dos mariachis de turno a uns borradores iniciais que foron aprobados tal e como nolos achegaron, sen mover nin unha coma.
CIG San Caetanohttp://www.blogger.com/profile/02721567468466654506noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-1753727470123118268.post-12517700556450270132023-12-21T12:05:00.001+01:002023-12-21T12:05:58.639+01:00Listas provisionais para a contratación temporal de persoal funcionario e laboral da Xunta de Galiza
No DOG do 20/12/2023
publican a RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2023, da Dirección Xeral da
Función Pública, pola que se fan públicas as listas provisionais para o
desempeño transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a
contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galiza.
Fan públicas as listas provisionais para
o desempeño transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario dos
corpos e escalas que se relacionan no anexo I desta resolución, así como
para o desempeño temporal de postos reservados a persoal laboral dos
grupos e categorías que se relacionan no anexo II.
As listas poderán consultarse no portal
web corporativo da Xunta de Galicia, htz://funcionpublica.xunta.gal,
epígrafe de Listas de contratación; no Servizo de Atención e Información
á Cidadanía a través do teléfono 012; e nas oficinas de rexistro e
atención á cidadanía da Xunta de Galiza (oficinas dos edificios
administrativos da Vicepresidencia Primeira e Consellaría de
Presidencia, Xustiza e Deportes).
As persoas interesadas disporán dun
prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da
publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza, para presentar
reclamacións ante a Comisión Permanente (Dirección Xeral da Función
Pública, Consellaría de Facenda e Administración Pública, Edificio
Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).
As persoas que solicitaron a inclusión
electronicamente a través de fides.xunta.gal deberán acceder a
fides.xunta.gal e realizar as alegacións que consideren oportunas;
fides.xunta.gal permitirá xerar un documento para remitir a través dun
rexistro presencial a documentación que deba presentarse e que non sexa
copia auténtica ou non fose posible comprobala automaticamente. Só se
admitirán as alegacións que se realicen por medio desta aplicación
informática para as solicitudes que se presentaron a través de
fides.xunta.gal
CIG San Caetanohttp://www.blogger.com/profile/02721567468466654506noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-1753727470123118268.post-6905316714949071902023-11-29T10:49:00.000+01:002023-11-29T10:49:02.306+01:00Concursos de traslados de axentes ambientais e de escalas do SPIF para 30/11/23, e así están os demais
Despois de semanas negociando as bases
do concurso de traslados de Administración especial (que servirá de
modelo para o resto de concursos), o director xeral de Función Pública
(DXFP) convocounos para discutir e votar o día 30/11/23 os concursos de
traslados das escalas do SPDCIF e de axentes técnicos ambientais.
CONCURSO DE TRASLADOS DA ESCALA DE AXENTES TÉCNICOS AMBIENTAIS
Convocatoria do concurso ordinario para a
provisión de postos de traballo vacantes de corpos e escalas de
Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma
de Galicia, escala de axentes técnicos medioambientais. O borrador vai
para a Mesa Sectorial de Negociación de Persoal funcionario e para a
votación na Comisión de Persoal. Descargar o borrador e o anexo de postos
CONCURSO DE TRASLADOS DAS ESCALAS DO SPDCIF
Convocatoria do concurso ordinario para a
provisión de postos de traballo vacantes de corpos e escalas de
Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma
de Galicia, escalas de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais. O
borrador vai tamén para a Mesa Sectorial de Negociación do Persoal
funcionario e para a votación na Comisión de Persoal. Descargar o borrador e o anexo de postos
RETIRAN AS COMISIÓNS DE SERVIZO E A CADUCIDADE DA FORMACIÓN
Grazas á presión sindical finalmente
Función Pública recuou e nestes borradores retiraron os dous principais
problemas que existían:
Comisións de servizo:
no baremo de traballo desenvolvido, o traballo nun posto en comisión de
servizos vai ser valorado como no posto de orixe, non no ocupado en
comisión. Para a CIG era inaceptable que se valorase como mérito un
traballo que se obtiña exclusivamente por decisión arbitraria, sen
criterios, sen obxectividade, pola vontade de persoas superiores.
A formación non caduca:
finalmente os cursos de formación non van caducar aos 20 anos, como
insistentemente mantiña o Goberno de Rueda. Así que todo o esforzo na
formación vai ser valorado.
OS DEMÁIS CONCURSOS
As últimas intencións manifestadas polo
DXFP é que os seguintes concursos serían o de escalas sociais, seguido
do resto de escalas de administración especial. Do concurso de
administración xeral (corpos xerais e escalas), non sabemos nada,
simplemente non resposta cando mesa tras mesa manifestamos que queremos
que se convoquen TODOS, para que poidan estar TODOS resoltos a
31/12/2024.
CIG San Caetanohttp://www.blogger.com/profile/02721567468466654506noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-1753727470123118268.post-13353179242471814802023-11-17T09:32:00.005+01:002023-11-17T09:55:24.782+01:00 NO-DO: indemnizacións por razón de servizo
El ilustrísimo señor director
general de la Función Pública ha pernoctado en el distinguido Parador
Nacional de esta preciosa localidad (aloxamento: 120,92 €) donde ha sido agasajado con una degustación de platos del afamado chef francés Alphonse Rodé (media manutención: 26,67 €), mientras su simpático y servicial chofer Manolo se regalaba con un sabroso plato de atascaburras y vino de pitarra (media manutención: 16,63 €) en la Fonda Paquita (aloxamento: 57,68 €).
O que vés de ler evoca un pasado en branco e negro? Pois é o presente,
un simple exemplo clasista, onde fora da anécdota, as cantidades que
aparecen das indemnizacións por razón de servizo son reais e as quere
aprobar a Xunta de Galiza traéndoas a unha mesa de negociación baixo a
forma de acordo, como se fósemos tan rastreiros como para referendar
unha proposta tan rancia.
Si, vannos dicir que todo sube un 17,90 %
excepto a manutención dos altos cargos e subdirectores xerais que queda
como estaba. Van tamén argumentar que noutras administracións sucede o
mesmo.
Para a CIG isto non é argumento porque
en todas as administracións dicimos o mesmo: estas indemnizacións son
cantidades devindicadas diariamente para satisfacer os gastos que
orixina a estancia fora da residencia ou polo uso de medios de
transporte.
Non son retribucións e
por tanto non poden estar ligadas nin á pertenza a un determinado
subgrupo, nin a ter antigüidade, nin ás especiais características do
posto ou ao desempeño do traballo. Son cantidades que se pagan por terse producido un gasto por parte do funcionario e para non sufrir menoscabo nas súas retribucións.
De aí que establecer esas diferenzas sexa un indicador dun clasismo latente nesta e noutras administracións públicas.
A suba que propón a Administración é a seguinte:
<colgroup><col width="243"></col>
<col width="159"></col>
<col width="158"></col>
</colgroup>
PERSOAL
ALOXAMENTO
MANUTENCIÓN
Altos cargos, subdirectores xerais e
asimilados
Funcionarios subgrupos A1 e A2 e
asimilados
Funcionarios subgrupos C1 e asimilados
Persoal non incluído dentro dos
anteriores
Por dignidade non podemos aceptar esta ranciada. O NO-DO é máis moderno.
CIG San Caetanohttp://www.blogger.com/profile/02721567468466654506noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-1753727470123118268.post-86457237108030104952023-11-16T09:48:00.001+01:002023-11-16T09:48:25.789+01:00Para UGT os trienios son para paliar a perda de poder adquisitivo
Non é que escriban as notas na barra
dun bar, é que intelectualmente son uns palanquíns e non dan artellado
unha mellor desculpa para convencernos de que non sufrimos unha perda de
poder adquisitivo.
Na última nota de UGT sobre o incremento
do 0,5% nos din varias cousas de interese, como que no ano 2022 nos
subiron un 6,66% as retribucións e no 2023 un 4,5%, co cal a perda de
poder adquisitivo pásanos de largo ao persoal da Xunta. Todos os anos,
nos orzamentos xerais do Estado e con carácter básico se establece unha
suba (ou non) das retribucións co fin de paliar (outra vez ou non) a inflación.
Pero contarnos que un complemento de carreira ou de desempeño é para iso é o mesmo que dicir que os trienios teñen por función evitar a perda de poder adquisitivo e non retribuír a antigüidade.
Pois isto é o que fan os amigos da UGT,
sumar á suba salarial do 3,5% do 2022 e do 3% en 2023, os incrementos da
carreira profesional. Resulta entón que o complemento de carreira
profesional non é unha retribución adicional ao complemento de destino,
senón que existe “para non perder tantos cartos”.
As preguntas son: que lles di UGT aos
traballadores doutras administracións que quedaron coa suba pelada e
cunha perda de poder adquisitivo? Ou que lles di ás empregadas públicas da Xunta ás que lles negou a carreira por ser interinas ou temporais
(e que accederon ao grao I ao gañar a CIG as demandas)?. E tamén, que
lle di ao persoal laboral fixo que non se quere funcionarizar, ou que
obrigaron a funcionarizarse en subgrupos inferiores con perdas salariais
importantes como ao persoal coidador do III-99?
O que si sabemos é o que din da paralización da carreira profesional durante un ano: “...un dereito cercenado por un gravísimo erro sindical sen antecedentes”. Son moi benevolentes consigo mesmos e o que deberían dicir é que foi un dereito cercenado CONSCIENTEMENTE por eles e a administración para ver si colaba a ilegalidade cometida.
Para colarlle tal cantidade de bulos ao persoal da Xunta hai que ter máis sofisticación intelectual. Quod natura non dat UGT non praestat.
CIG San Caetanohttp://www.blogger.com/profile/02721567468466654506noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-1753727470123118268.post-28012331276152157862023-11-14T09:11:00.003+01:002023-11-16T09:48:51.063+01:00 Promoción ao C2: os tempos son chegados... da Olivetti 98
A chulería e ignorancia de Función Pública non ten límite, ou se lle descoñece teito.
Despois de que nas catro últimas
promocións internas ao corpo auxiliar (subgrupo C2) quedaran prazas
desertas e que o sistema selectivo se demostrara un desastre, inxusto e
ineficiente, e que se detectara claramente o problema, este director
xeral segue queréndose rir das persoas empregadas públicas do corpo subalterno.
O problema é que a proba de coñecementos
informáticos é un obstáculo infranqueable, e non por falta de
coñecemento dos opositores, senón porque así está deseñada para facer de barreira, cun nivel de esixencia que non se corresponde coas necesidades reais que vai ter o persoal para traballar no corpo auxiliar.
O da proba de coñecementos ofimáticos do C2 vén herdado de cando as persoas do corpo auxiliar tiñan que saber mecanografía
porque o resto dos corpos non tiñan por que usala. E os aspirantes
tiñan que ir cargados ata Compostela, A Coruña ou Silleda, segundo onde
fora o exame, coas súas máquinas de escribir Olivetti 98 de 14 kg de peso, que era o modelo estándar que se usaba nas administracións.
No século XXI onde TODAS as persoas
funcionarias, dende a AP ata o A1 UTILIZAN A DIARIO ordenadores no seu
traballo, a pregunta que se deberían facer en Función Pública é: por que unha persoa do C2 ten que acreditar coñecementos informáticos e as do C1, A2 e A1 non?
A CIG pedíu que se retire o exame de informática, pero Función Pública segue a manter un copipega das bases anteriores sen mudar absolutamente nada.
Que uns xestores públicos sexan
incapaces de detectar cal é o problema que impide utilizar recursos
humanos internos xa formados sen ter que recorrer a recrutamento externo
se supón que é de ignorantes. E se coñecen cal é ese problema e seguen
para adiante significa que son uns chulos.
CIG San Caetanohttp://www.blogger.com/profile/02721567468466654506noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-1753727470123118268.post-2317062060327869162023-11-06T12:56:00.005+01:002023-11-06T12:56:54.212+01:00Comisión de Persoal: OPE 2023, toma de posesión de varias escalas e outros asuntos
Na Comisión de Persoal do día 06/11/2023 se levaron a votación os seguintes asuntos.
Oferta de emprego 2023
Oito minutos antes do comezo da Comisión de Persoal, Función Pública envíanos un novo borrador da OEP 2023 con cambios. O fundamental é que se incrementan as prazas do anexo II (promoción interna independente do persoal funcionario).
No caso da promoción ao corpo de xestión
(subgrupo A2) se incrementan as prazas pasando de 30 a 60. E no caso do
corpo administrativo (subgrupo C1) as prazas pasan de 50 a 100.
Para a CIG este incremento é
insuficiente, tanto para o caso concreto destes dous corpos onde se
detecta un grande número de aspirantes, como tendo en conta os outros
dous, o corpo superior (subgrupo A1) e o corpo auxiliar (subgrupo C2),
que é precisamente onde quedan prazas vacantes, e non porque non haxa aspirantes se non porque nestes dous casos o modelo de promoción interna demóstrase que falla.
Pero a maiores disto non atenderon a demanda de estender a promoción interna ao resto de escalas e aos corpos especiais.
Das alegacións da CIG non atenderon a ningunha:
Non hai promoción cruzada.
Non hai opción de elixir destino ou abrir o posto ao subgrupo superior.
Seguen sen fixar o concurso-oposición como sistema de acceso en libre.
Seguen funcionarizando á baixa ao grupo III-99.
Os tribunais seguen sendo de designación política.
Non aceptan a taxa adicional do RD-l 5/2023.
Non aceptan desenvolver o grupo B.
Etc.
Polo tanto o voto da CIG é EN CONTRA.
Puntos
3º, 4º, 5º, 6º. Procesos de funcionarización do persoal laboral fixo na
modalidade específica (aprobados do último proceso de consolidación)
Seguen mantendo a pago de taxas, pero no
fundamental aceptan o buzón de preguntas e respostas. Para nós estes
procesos son prioritarios, e pensamos que hai que poñelos en marcha
canto antes porque deben ir por diante dos procesos de temporalidade,
polo que a pesar de que non son as bases óptimas, si van cumprir co seu cometido e por iso a CIG VOTA A FAVOR.
Punto
7º. (Engadido na propia Comisión de Persoal). Aclaración de Función
Pública sobre o pago do incremento adicional do 0,5% en 2023
O director xeral di que se pagará na nómina de novembro.
Como este asunto ven derivado da
normativa básica para a CIG non ten discusión que se faga. Agora ben,
queremos facer constar que partindo de que este incremento deriva de ter
un incremento do IPC de máis do 6% e que este 0,5% vai situar o
incremento dos nosos salarios nun 3%, é dicir, unha PERDA DO 3% do noso poder adquisitivo.
E isto deriva dun acordo sindical de CCOO e UGT onde NON se estableceu unha cláusula de revisión salarial.
Curiosamente un destes sindicatos nos quere convencer na propia
Comisión de Persoal do beneficioso deste acordo que sumado á carreira
profesional fan que case non perdamos poder adquisitivo.
Recoñecen que se perde poder adquisitivo e recoñecen que a carreira profesional está destinada a paliar a perda do mesmo. Un gran negocio.
Rogos e preguntas
• Reiteran que hoxe enviarán o buzón de postos da escala de traballo social para a elección de destino. Irán 81 prazas (29
de persoal interino que aprobou, 3 vacantes puras antigas, 15 vacantes
puras de nova creación, 20 prazas de interinos de 2017 ou posteriores, 6
comisións de servizo de nivel 18 e 20 e 6 postos de concurso específico
de directores de centro social de nivel 21, das cales varios cubertos
por interinos no 2022).
• Preguntamos que acontece con varias especialidades das escalas de enxeñería
(montes, forestais, agrónomos e agrícolas) e emisoristas, vixiantes
fixos, bombeiros forestais e condutores de motobomba, que están
a recibir correos para que o persoal interino colla as vacacións, o que
indica que as tomas de posesión están próximas. Confírmanos que se
farán neste mes de novembro. Tamén supoñen que será o mesmo no caso de
gardacostas.
• Proximamente enviarán o borrador o decreto de investigadores.
CIG San Caetanohttp://www.blogger.com/profile/02721567468466654506noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-1753727470123118268.post-81151834582043801282023-11-02T10:19:00.015+01:002023-11-02T12:06:58.912+01:00Calendario laboral Compostela 2024
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou en data 17/07/2023, unha vez aprobado polo Consello da Xunta, o calendario laboral de Galicia para o próximo ano 2024.
A normativa estatal, fixada polo Real Decreto 2001/1983, establece as 14 festas anuais de ámbito nacional non recuperables, remuneradas e de carácter obrigatorio. Destes 14 festivos, dous son elixidos por cada concello. Dos outros 12 restantes, nove son de carácter obrigatorio e non substituíbles a non ser que coincidan en domingo: 1 de xaneiro, Venres Santo (29 de marzo), 1 de maio, 15 de agosto, 12 de outubro, 1 de novembro, 6 de decembro, 8 de decembro (domingo en Galicia pasa o 17 de maio día das letras galegas) e 25 de decembro.
Ademais, outros tres festivos de carácter nacional poden ser substituídos polas comunidades autónomas: o 6 de xaneiro, que nunca se cambia, agás que coincida en domingo; o Xoves Santo (28 de marzo), que Galicia non cambia tradicionalmente. E dáselle a opción ás comunidades entre o 19 de marzo e o 25 de xullo. Sempre se elixe o 25 de xullo, xa que é o Día Nacional de Galicia, tal e como quedou establecido polo Decreto 8/1978, do 10 de xullo.
Pola súa banda, o Concello de Santiago de Compostela aprobou como festivos locais para 2024 os tradicionais da Ascensión e San Roque, a relación de festas laborais de carácter local publicouse no DOG do 02/11/2023.
No 2024 haberá un día asuntos propios adicionais o coincidir o día 12 de outubro en sábado, tamén coincide en sabado o 6 de xaneiro, máis o ser sustituible por as CCAA, non xera día adicional de asuntos propios.
Así mesmo, o persoal que traballe os días 24 e 31 de decembro poderá desfrutar de dous días adicionais de asuntos persoais.
Estas potenciais incorporacións foron feitas a raíz do contundente recorte nos días de asuntos propios (e outros dereitos) no 2012. Inicialmente o persoal da Xunta partiamos de 9 días de asuntos propios ao ano pola lexislación autonómica e máis os días adicionais por antigüidade recoñecido polo EBEP. Lembramos que os días de asuntos propios foron compensacións pasadas de non subir o salario ante un IPC desbocado, dende o 2012 partimos de 6 días de asuntos propios.
Si queres descargar o calendario laboral de Santiago de Compostela para o ano 2024 pica no siguinte enlace: Calendario 2024
CIG San Caetanohttp://www.blogger.com/profile/02721567468466654506noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-1753727470123118268.post-28839639261941950972023-10-31T08:56:00.005+01:002023-10-31T08:59:07.060+01:00Asembleas: concursos de traslados, promoción interna e 35 horas
Función Pública vén de anunciar sen concretar calendario a convocatoria dunha serie de concursos. Pero non inclúe o concurso de corpos xerais nin o das escalas de administración xeral.
Tamén nos indican unha orde de prelación dos concursos e tomas de posesión de procesos selectivos. E non aparecen as promocións internas separadas das últimas 3 ofertas de emprego público.
Os tempos camiñan cara a unha redución
do tempo de traballo, pero para a Xunta, a diferenza doutras
administracións, unha xornada de 35 horas parécelle unha petición caprichosa
A CIG está farta de tratar estes asuntos
en interminábeis mesas de negociación onde case nunca nada da froitos. E
como a nosa tradición é mobilizadora, cremos que as persoas empregadas
públicas temos que comezar a movernos e demandar que o dereito a poder concursar, promocionar ou a ter horarios racionais SI ten cabida na Administración autonómica.
Por iso convidámoste a participar nas asembleas informativas
que organizaremos sobre os concursos de traslados, sobre a promoción
interna non convocada e sobre a demanda de redución da xornada laboral.
Compostela (San Caetano): mércores 8/11/23, ás 11h, salón de actos 2 - San Caetano
Compostela (San Lázaro): venres 10/11/23, ás 11h, salón de actos - Sanidade
CIG San Caetanohttp://www.blogger.com/profile/02721567468466654506noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-1753727470123118268.post-18933252961618185822023-10-31T08:50:00.000+01:002023-10-31T08:50:44.770+01:00A Xunta convoca parte da promoción interna: mobilizarse SI vale
Despois de ter anunciado mobilizacións PARA ESTE XOVES DIA 2 diante de San Caetano,
e de realizar as primeiras asembleas en Vigo, Pontevedra e Ourense, a
Xunta accede a convocar parte da promoción interna das ofertas de
emprego de 2020, 2021 obviando sumar a do 2022.
Un total de 585 prazas das ofertas de
dous anos que hoxe aínda estaban sen convocar e das que adiaba dar
resposta. A Xunta de Rueda esta xogando coas expectativas, o tempo e os
cartos do persoal que estaba mes a mes pagando academias e estudando sen
un horizonte claro.
Pero para a CIG, non é suficiente. Unha vez posta en marcha a maquinaria, non hai ningún esforzo adicional en convocar as prazas das tres OEP´s no canto de convocar só as de 2020 e 2021. E esiximos que non se limiten só ás promocións internas de corpos xerais e que convoquen a das escalas e corpos especiais separadas.
En relación ás bases, dende a CIG queremos facer fincapé na necesidade de cambio do modelo de promoción, especialmente grave no caso do acceso ao corpo auxiliar (subgrupo C2), pois demóstrase o actual como un fracaso.
En pleno 2023 non podemos admitir que sexa máis doado aprobar unha oposición dende fora que dende dentro da casa.
Imos seguir esixíndolle ao candidato
Rueda que adopte decisións e se faga valer ante un director xeral que
está a pasmala, e por iso facemos un chamamento a que te unas á
concentración convocada as 11 diante do edificio da Xunta en San
Caetano.
Polas 35 horas, as promocións internas anuais e os concursos permanentes, XA!!!
<colgroup width="231"></colgroup> <colgroup span="3" width="85"></colgroup>
OEP 2020
OEP 2021
TOTAL
Corpo superior (subgrupo A1)
20
10
30
Corpo xestión (subgrupo A2)
100
85
185
Corpo administrativo (subgrupo C1)
150
90
240
Corpo auxiliar (subgrupo C2)
50
80
130
TOTAL
320
265
585
<colgroup width="410"></colgroup> <colgroup span="2" width="85"></colgroup> <colgroup width="79"></colgroup>
Administración xeral
OEP 2021
OEP 2022
TOTAL
Corpo superior (subgrupo A1)
20
20
Escala de sistemas e tecnoloxía da información (subgrupo A1)
8
8
Escala superior de finanzas (subgrupo A1)
8
8
Corpo xestión (subgrupo A2)
90
90
Escala de xestión de sistemas de informática (subgrupo A2)
8
8
Escala de inspectoras e inspectores de consumo (subgrupo A2)
2
2*
Corpo administrativo (subgrupo C1)
182
182
Corpo auxiliar (subgrupo C2)
65
65
Escala de persoal de servizos xerais (PSX)
65
65
Administración especial
Corpo facultativo superior (subgrupo A1)
Escala de enxeñeiros (subgrupo A1)
Especialidade de enxeñaría agronómica
10
10
Especialidade de enxeñaría de montes
10
10
Especialidade de enxeñaría industrial
2
2
Especialidade de enxeñaría de minas
2
2
Corpo facultativo de grao medio (subgrupo A2)
Escala de enxeñeiros técnicos (subgrupo A2)
Especialidade de enxeñaría técnica agrícola
2
2
Especialidade de enxeñaría técnica forestal
2
2
TOTAL
54
422
476
*Na escala de inspectoras e inspectores de consumo habería que sumar 2 prazas máis da OEP 2019.
CIG San Caetanohttp://www.blogger.com/profile/02721567468466654506noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-1753727470123118268.post-34428424040320412292023-10-24T12:03:00.001+02:002023-10-24T12:03:23.349+02:00 MANIFESTO DE APOIO A INSPECCIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS
Na reunión da Comisión Permanente desta Xunta de Persoal de Servizos Centrais do día 19 de outubro de 2023, aprobouse o seguinte manifesto:
Coñecedores da apertura de actuacións previas a varios compañeiros/as, inspectores/as de servizos sociais polas denuncias feitas pola Asociación Galega de Inspectores e Inspectoras de Servizos Sociais, ante o presunto malfacer da Consellería de Política Social e Xuventude na inspección de centros residenciais, temos que manifestar o seguinte:
A nosa oposición a calquer tipo de obstáculo ou represalia que impida que os inspectores/as de Servizos Sociais fagan o seu traballo conforme establece a Lei, coas garantías que lles da a normativa vixente e a independencia que teñen que ter no desempeño das súas funcións.
Reiterar que si a Consellaría de Política Social persiste en abrir expedientes aos traballadores/as públicos, por desempeñar as súas funcións como persoal funcionario independente e garante dos servizos sociais terán a esta Xunta de Persoal enfronte, defendendo sempre a legalidade vixente. A Xunta de Galicia non pode confundir o dereito que teñen as asociacións profesionais a opinar, publicar, difundir e incluso denunciar as irregularidades que atopen nas accións da Consellería de Política social, coas actividades laborais do persoal de inspección de Servizos Sociais.
Lamentamos tamén o pouco apoio ante as súas denuncias por parte dos seus superiores xerárquicos.
Esta Xunta de Persoal de SSCC sempre defenderá os Servizos Públicos. Entendemos que os Servizos Sociais son unha pata máis do sistema de benestar que todos os galegos deberíamos gozar, sendo a inspección de Servizos Sociais o garante de que estes funcionen correctamente.
A todos os efectos, asino en Santiago de Compostela a 19 de outubro de 2023.
O presidente da Xunta de Persoal de SSCC
CIG San Caetanohttp://www.blogger.com/profile/02721567468466654506noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-1753727470123118268.post-46215294805833237022023-10-19T12:28:00.003+02:002023-10-19T12:30:15.409+02:0035 horas para todo o persoal, XA!
A Xunta do PP convocounos para unha
Mesa Xeral de Empregados Públicos "exprés" para o luns 16 para pasar o
preceptivo trámite legal de varias adaptacións da Lei de Emprego Público
galega polo avance da normativa básica estatal e impoñer cuestións de
ultima hora que vulneran os dereitos dos empregados públicos, como
sempre.
E, desta forma un ano máis modifica a
Lei de emprego aproveitando a Lei de medidas que acompaña aos orzamentos
sen afrontar unha negociación seria que sirva para mellorar as
condicións laborais do persoal empregado público.
Máis a CIG non se cala e reitera as súas propostas!
35 horas semanais para todo o persoal empregado público XA! Lembramos que hoxe estamos a traballar un mínimo de 120h anuais de máis que noutras administracións.
Concursos de traslados PERMANENTES
Promocións internas ANUAIS
Bolsa de horas positiva coa posibilidade de traballar 4 días/semana.
Recuperar os dereitos roubados no 2012
polo que se debe derrogar os recortes do Fondo de Acción Social, voltar
as compensacións do V Convenio, o 100% das pagas extraordinarias,
ampliación dos días de asuntos particulares aos 9, etc.
Rematar coa rebaixa profesional e activar dunha vez o grupo B previsto na LEPG e no EBEP.
Introducir na lei de emprego o novo permiso parental de 8 semanas
(non retribuído) previsto na normativa básica estatal para todos os
traballadores/as e adaptar adecuadamente o resto dos permisos que propón
a normativa básica como os cómputos dos permisos en días hábiles de
traballo, inicio dos permisos en días non feriados.
ÚLTIMA HORA!
A Dirección Xeral de Función Pública en
pleno domingo envía ás organizacións sindicais unha segunda versión da
modificación da Lei de Emprego coa que HIPOTECA as ofertas de emprego dos próximos anos, directamente CÁRGASE a promoción interna e introduce a discrecionalidade no nomeamento de funcionarios/as de carreira!
Podes ver a proposta da Administración aquí.
CIG San Caetanohttp://www.blogger.com/profile/02721567468466654506noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-1753727470123118268.post-92074757927676886362023-10-19T12:22:00.004+02:002023-10-19T12:22:16.555+02:00 Concursos de traslados: sin horizonte temporal claro, e coas comisións de servizo por medio
Aparentemente, nos seguintes meses
teremos a convocatoria de tres concursos (primeiro incendios, despois
escalas sociais, seguido do resto de administración especial). Do resto
(corpos xerais e demáis escalas), o DXFP non se compromete. Mentres,
teiman en manter a valoración das comisións de servizo no baremo de
traballo desenvolvido.
Despois de varias xuntanzas e escritos
de alegacións, e catro borradores do concurso de traslados de
Administración especial, que servirá de modelo para todos os concursos, a
CIG e a Dirección Xeral de Función Pública mantemos numerosas
diferenzas. Aquí, queremos destacar dúas cuestións:
Concurso de traslados para todo o persoal
O tempo que pasa entre concursos é
excesivo. Temos xente que leva anos e anos desprazándose entre
localidades cando hai numerosas vacantes dispoñíbeis (que se adxudican
en comisión de servizos, a dedo). Temos algunhas escalas con máis de 10
anos sen concurso. A CIG esixe que se convoquen os concursos de
traslados para a totalidade dos corpos e escalas da Administración
Autonómica, de xeito que poidan estar TODOS resoltos antes do
31/12/2024.
O DXFP non dá prazos. Tan só fala da
orde que van seguir (algúns): primeiro o das escalas de incendios,
despois as escalas sociais, e por último o resto da administración
especial. Dos corpos xerais, e do resto de escalas de administración
xeral non di nada, non se compromete a poñer datas, nen sequera
aproximadas.
E aquí cabe unha reflexión: existe a
posibilidade de facer un concurso único para absolutamente todo o
persoal da Administración autonómica, con todas as prazas vacantes? Non é
obrigatorio que os concursos teñan que ser por escalas ou grupos de
escalas, podería ser para a totalidade dos postos á vez. Cada
concursante só vai poder facelo ás prazas que están abertas ao seu
corpo, escala ou especialidade. E isto tamén resolvería as situacións
que se teñen dado no pasado de que os corpos que primeiro concursan eran
os que collían os mellores postos cando estaban abertos a varios deles.
Deste xeito tamén se poderían incorporar
ao concurso único os corpos xerais e escalas que Función Pública agora
elude contestar cando van concursar.
Traballo desenvolvido en comisión de servizos
O baremo do traballo desenvolvido
calcúlase cunha fórmula que ten en conta o tempo que se prestou servizos
en diferentes niveis. O problema está en como valorar os niveis en
comisión de servizo.
A CIG teno claro: as comisións de
servizo son adxudicadas sen criterio obxectivo algún, directamente a
dedo, a vontade das persoas con responsabilidade política na
Administración. Nesa situación rexeitamos que un nivel obtido porque a
alguén lle saiu das narices concedelo, teña o máis mínimo valor como
mérito nun concurso de traslados. Outra cousa diferente sería se
existise algún tipo de criterio obxectivo para a súa adxudicación. Pero
non é o caso.
No último concurso de corpos xerais
mediaron tantos anos entre que se solicitaron as prazas e se resolveu o
concurso, que por medio houbo un importantísimo número de prazas libres
que foron adxudicadas en comisión de servizos. Mesmo puidemos ver como
xente que obtiña un destino, estaba en comisión ao día seguinte. Non
houbo criterio algún, non houbo obxectividade, foi algo discrecional. E
no caso de administración especial, pasaron tantos anos dende o anterior
concurso que temos unha enorme cantidade de persoas en comisión. E
agora imos valorar iso como mérito?
A CIG, así como todos os sindicatos
presentes nas xuntanzas (CCOO, CSIF, UGT e SEPGA), solicitamos que o
tempo traballado en comisión de servizos fora valorado como no posto de
orixe. O DXFP por agora, teima en manter o seu criterio.
CIG San Caetanohttp://www.blogger.com/profile/02721567468466654506noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-1753727470123118268.post-41887998687473472242023-10-18T12:32:00.003+02:002023-10-18T12:32:48.257+02:00Loteria de nadal CIG 2023
Temos á venda a lotería de Nadal da CIG para o sorteo do vindeiro nadal. Xogamos o mesmo número que anos anteriores, e as participacións voltan a ser de 5 euros sen recargo.
Como sempre o punto de venda principal está no local da CIG en San Caetano, soto de Educación, teléfono 981 545 909.
Tamén esta a venda no local da CIG en San Lázaro, baixo da Consellaría de Promoción do Emprego, teléfono 981 546 999.
Ante as desilusión que nos dan cada día (procesos selectivos, concurso, comisións de servizo, promocións internas...) a ver se podemos darnos unha alegría.
CIG San Caetanohttp://www.blogger.com/profile/02721567468466654506noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-1753727470123118268.post-7221454407458570412023-10-18T12:22:00.002+02:002023-10-18T12:22:47.589+02:00 A Lei de Medidas da Xunta en materia de persoal confirma a falta de iniciativa da administración galega
A Xunta aprobou a Lei de Medidas
en materia de persoal (lei de acompañamento aos orzamentos) para o ano
2024 na Comisión de Persoal do martes 17 de outubro. Foi ás presas, sen
opcións a propor cambios ou facer achegas. Esta Lei fai modificacións da
Lei do emprego público de Galiza e impoñe outras cuestións.
A Xunta pecha a porta á negociación da xornada das 35 horas na Administración xeral
A CIG propuxo a redución de xornada a 35
horas semanais para todo o persoal empregado público. Na intervención
do director xeral de Función Pública en resposta a esta solicitude de
aplicación da xornada de 35 horas no ámbito do persoal da Administración
xeral da Xunta , deixou clara a súa nula vontade de camiñar cara esa
redución:
“Dificilmente se pode afirmar que na administración autonómica haxa
quen traballa por riba das 35 horas. Aínda que legalmente o tope de
horas está nas 37,5 horas, na práctica isto non é así. No horario anual
hai que ter en conta a xornada reducida dos meses de verán. Por outro
lado, os acordos no SERGAS, en Política Social ou en Educación xa
supoñen redución e polo tanto non está enriba da mesa facer máis cambios
no horario do persoal da Xunta” (Barreiro dixit)
A Xunta négase a avanzar en dereitos para as empregadas e empregados públicos
A proposta de modificación da Lei 2/2015
de emprego público de Galiza non incorpora o permiso parental de 8
semanas (incorporado no EBEP e pendente de desenvolvemento) nin promove
ningún cambio na duración do permiso de parto para a outra persoa
proxenitora, na liña da sentenza gañada pola CIG no TSXG e que a Xunta
ten recorrido en casación perante o Tribunal Supremo.
A CIG formulou neste sentido propostas encamiñadas a incorporar ambas melloras:
- Incorporación do permiso parental de 8 semanas con carácter retribuído.
Tal e como está recollido na modificación do EBEP, o permiso parental
consiste en poder dispoñer de até 8 semanas para o coidado dunha filla
ou fillo de 8 anos ou menor en acollida . Esas 8 semanas poden ser
continuas ou descontinuas, a tempo parcial ou total e pódeno gozar ambas
persoas proxenitoras. A duración mínima, no caso de se fraccionar, debe
ser dunha semanal. Este permiso estaba pendente de desenvolver e a
modificación da Lei do Emprego Público de Galiza é a ocasión precisa
para facelo. A CIG defende que tamén se debe avanzar recoñecendo o seu
carácter retribuído.
Nunha última intervención final do
director xeral de Función Pública non descartou incorporar este permiso
mais sen ningún compromiso pechado.
- Equiparación dos permisos de parto para ambos integrantes da parella.
A CIG, na liña de aumentar progresivamente este permiso até as 52
semanas, propón dar o paso de subilo até as 30 semanas xa no 2024. En
calquera caso, sería unha falta de respecto que a Xunta ignorase o
incumprimento da normativa europea de non discriminación por razón de
xénero que implica ter unha duración menor (16 semanas) para a outra
persoa proxenitora en relación á nai biolóxica (22 semanas) polo que de
negarse a avanzar o mínimo que cabe agardar da Xunta é que se recoñeza
unha duración de 22 semanas en ambos casos.
Función Pública negouse a aceptar a nosa
proposta e agardará a que o Supremo decida sobre o seu recurso de
casación contra a sentenza gañada pola CIG.
A CIG propuxo que se incorpore á persoa convivinte en todos os permisos nos que actualmente non aparece.
A recente inclusión no EBEP da persoa
convivinte no permiso de accidente, enfermidade grave ou hospitalización
(con independencia de que sexa cónxuxe, parella de feito ou non) e que
agora se incorpora na normativa galega, deixa en evidencia todos aqueles
permisos nos que non figura. A CIG entende que ter dereito a un permiso
de 5 días pola hospitalización da persoa coa que convives e que este
permiso se negue se morre é un sen sentido. O único permiso no que xa se
fai referencia a “parentes que convivan co traballador ou a traballadora”, é o de hospitalización prolongada, un permiso non retribuído.
A central sindical identificou varios permisos a maiores do de falecemento no que se produce esta discriminación e demandou da Xunta a súa incorporación:
Artigos nos que a CIG solicita incorporar á persoa convivinte:
46 bis. Permisos por accidente ou enfermidade moi graves
98. Adscrición por motivos de saúde ou rehabilitación
106. Reducións e adaptacións da xornada de traballo
114. Permisos para a realización de exames prenatais e técnicas de preparación ao parto
115. Permisos para a realización de tratamentos de fecundación asistida
116. Permisos por accidente ou enfermidade moi graves
175. Excedencia por agrupación familiar
Tendo en conta que o EBEP marca os
permisos mínimos, e que a Xunta ten potestade para superalos, e partindo
de que o Estatuto dos Traballadores e Traballadoras (ET) recoñece un
permiso de 5 dias tamén no caso de enfermidade en familiares de segundo
grao, solicitamos que na modificación da Lei do Emprego Público de
Galiza se igualen os permisos de 1º e 2º grao no caso de enfermidade,
sendo ambos de 5 días, incluíndo sempre no 2º grao, como se fai no ET,
ou familiar consanguíneo da parella de feito.
Lembremos que agora se divide en dous o
actual permiso de falecemento, accidente ou enfermidade de familiar. O
de falecemento queda como xa estaba e no de accidente ou enfermidade
incorporan á persoa convivinte aínda que non exista relación de
consanguinidade ou afinidade e deixa de depender da residencia da
persoa. Os cambios son os seguintes:
accidente ou enfermidade de familiar
1º grao ou convivinte: 5 días
2º grao: 4 días
falecemento
1º grao:
mesma localidade: 3 días hábiles
diferente localidade: 5 días hábiles
2º grao:
mesma localidade: 2 días hábiles
diferente localidade: 4 días hábiles
Outras novidades nos permisos
No permiso por adopción ou acollemento inclúese a asistencia a sesións informativas ou preparatorias previas á declaración de idoneidade.
Na redución de xornada retribuída para o coidado dun fillo ou filla con cancro ou enfermidade grave
amplíase en determinados supostos a idade do causante, podendo chegar
desde os 18 até os 23 se o diagnóstico foi anterior á maioría de idade
ou mesmo até os 26 anos se o causante ten un grao de discapacidade do
65% ou máis. Porén, non se elimina o requisito, como ten solicitado a
CIG, de que ambos proxenitores traballen.
A Xunta elimina a prestación de servizos como persoal interino para ter unha excedencia por interese particular
Outro cambio importante que figura no
texto é a eliminación da excedencia por interese particular no caso de
prestar servizos como persoal interino ou laboral temporal nunha
administración pública. Con esta redacción limítase a posibilidade de
que o funcionariado de carreira que presta servizos como interino o
puidese seguir a facer baixo esta modalidade, na que até o de agora non
se require ningún período de prestación de servizos previos. A intención
da Xunta é clara: non conceder ningunha excedencia por interese
particular ao persoal que supera un proceso selectivo e que quere seguir
traballando como interino noutra administración.
A argumentación de Función Pública está
no feito de que aproximadamente un 20% das persoas que aproban procesos
selectivos na administración xeral na Xunta non toman posesión e piden
esta modalidade de excedencia.
Desde a CIG consideramos a medida é
excesiva para evitar o que pretende Función Pública e que limita un
dereito actual para persoal interino. A Administración debe facer o
esforzo de buscar fórmulas que aseguren que se cubran as prazas
ofertadas de xeito efectivo facendo apetecible traballar na nosa
administración e evitando a fuga de profesionais.
A Xunta amplía a excepcionalidade da COVID sen xustificación no 2024 para axilizar a contratación de persoal do ámbito sanitario
A única forma de solucionar a fuga do persoal do ámbito sanitario
para o SERGAS ou outros ámbitos, incluso migración a outros países, é a
de mellorar as condicións laborais e salariais do persoal da
Administración Xeral. Xa que son as peores condicións laborais, a
saturación dos servizos e a falla de posta en valor do persoal que
atende os servizos de inspección, valoración de dependencia e de
discapacidade, residencias de maiores e centros sociosanitarios... as
que provocan realmente a falta de persoal nas listas.
Por isto, na
CIG entendemos que impoñer vía lei ás excepcionalidades previstas na
COVID non arranxa o problema real. O que pretende o goberno do PP na
Xunta de Galiza é obviar afrontar o problema dende a negociación
colectiva para, por un lado dimensionar os cadros de persoal e mellorar
as condicións laborais e por outro solucionar as eivas que hoxe pode ter
o sistema de xestión de listas para a contratación temporal.
A Xunta pretende restar prazas de libre e promoción interna das
vindeiras ofertas de emprego utilizando futuras xubilacións en actuais
procesos selectivos.
A Xunta pretende sacarse da
manga unhas prazas vacantes que a día de hoxe non o son (nin tampouco o
eran cando se aprobaron as ofertas de emprego, para excederse das prazas
das actuais ofertas de emprego
A idea que teñen é xerar unha nova lista
de posibles persoas aprobadas que serán nomeados persoal funcionario de
carreira e colleran praza cando efectivamente se xubile a persoa que
ocupa hoxe a praza.
Esta aberración crea varias hipotecas sobre o emprego público:
Resta prazas para a promoción interna e o acceso libre en próximos anos porque son vacantes que se van xerar no futuro.
Consumen a taxa de reposición das seguintes ofertas de emprego en procesos como nos de estabilidade que non computan en dita taxa.
Fíanse dunha xubilación “a futuro”, podendo quedar sen prazas se as
persoas que as ocupan deciden alongar o seu período laboral xa que a
“lista da expectativa” caduca aos tres anos.
A norma non ten un limite temporal, polo que podería converterse nun
modo de xestión habitual das convocatorias na administración.
A CIG pediu a retirada deste apartado ao
implicar un cambio moi importante nas ofertas de emprego que require un
debate sosegado e non como se fixo, coa entrega da proposta tan só
unhas horas antes da reunión.
O director xeral de Función Pública non
retira o punto. Van seguir para adiante dando como explicación que é
copia dun RDL da Generalitat catalana con comentarios dirixidos a CIG
por supostas afinidades políticas. Afirmación fora de contexto nunha
mesa xeral de empregados publicos. Mais cando somos organizacións
sindicais que representamos aos traballadores e traballadoras da
Administración galega. Unha vez máis o director xeral emprega a Mesa
Xeral de Negociación para facer ensaios de mala política na vez de
negociar dereitos laborais para o persoal empregado público da Galiza.
Outras propostas para introducir na Lei e asentar cuestións reclamadas pola CIG
Concursos de traslados PERMANENTES
Promocións internas ANUAIS
Recuperar os dereitos recortados no 2012
polo que se deben voltar as axudas do Fondo de Acción Social, recuperar
as compensacións do V Convenio, o 100% das pagas extraordinarias,
ampliación a 9 dos días de asuntos particulares, ...
Rematar coa rebaixa profesional e activar dunha vez o grupo B previsto na LEPG e no EBEP.
CIG San Caetanohttp://www.blogger.com/profile/02721567468466654506noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-1753727470123118268.post-44503731534928919082023-10-10T10:21:00.002+02:002023-10-10T13:44:09.191+02:00Nin para unha botella de aceite: unha baixada do poder adquisitivo disfrazada de suba salarial do 0,5%
Non vos imos abafar con moitos datos
porque calquera persoa empregada pública pode percibir que unha suba
media de 7 euros netos non da nin para mercar un litro de aceite.
Baixo o presuntuoso nome de Acordo para unha administración do século XXI
(parece que algunha letra se lles moveu de sitio neste acordo do século
XIX), o goberno español, CCOO e UGT pactaron non subir os nosos
salarios conforme ao incremento do custe da vida. E na Galiza
reproduciron o mesmo o PP, CCOO, UGT e CSIF.
De todo isto xa vos fomos detallando as consecuencias dende que asinaron un acordo que ataba de pés e mans ao persoal empregado público en caso dunha esperada suba do IPC.
Pero se ben dicimos que non imos dar
moitos datos, algúns si temos que dar para comprender por que esta
suposta suba é en realidade unha perda. Tendo incluso en conta as
estimacións máis baixas de subida do IPC para o 2023 (as que fai o Banco
de España) e reflectindo xa a suba do 0,5%, o panorama é o seguinte:
Perda de poder adquisitivo das persoas empregadas públicas (2022-23)
Salarios
IPC
Diferenza
2022
3,5%
5,7%
-2,2%
2023
3,0%
3,6%
-0,6%
Total
6,5%
9,3%
-2,8%
A Xunta confirma que levará esta
modificación á Comisión de Persoal pero que non vai dar tempo a que se
materialice na nómina de outubro, e será para novembro con efectos
retroactivos dende o 1 de xaneiro de 2023.
Isto non palía a perda do poder
adquisitivo pero os sindicatos amigos seguen dando palmas despois de
venderse por unha botella de aceite.
CIG San Caetanohttp://www.blogger.com/profile/02721567468466654506noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-1753727470123118268.post-73286844343615600842023-10-03T13:33:00.000+02:002023-10-03T13:33:31.068+02:00A Xunta impón unha orde de flexibilización por conciliación discriminatoria co seu persoal
Na Comisión de Persoal do 29
de setembro a Xunta aproba a orde que desenvolve a flexibilidade por
conciliación da Lei de Impulso demográfico sen esforzarse a chegar a
acordos coa representación do persoal e sen dar resposta as alegacións
presentadas
A Administración aprobou a Orde coa que
pretende regular a flexibilidade horaria por conciliación prevista nas
diferentes normas estatais e que a Xunta ampliou a 18 anos de idade coa Lei de Impulso Demográfico de Galicia. Un documento engorroso que levaba paralizado moito tempo e que finalmente contou co voto en contra da CIG e coa abstención do resto dos sindicatos.
Esta orde de flexibilidade limita o dereito á conciliación da maioría do persoal empregado público
Deixa fóra do dereito de conciliar
directamente ao persoal non docente da Consellería de Educación.
Xustifícao a Administración por “ser persoal de atención directa”. Isto
pode darnos unha idea sobre como van a proceder co resto do persoal que
prestamos servizos en centros con atención a persoas usuarias ou persoal
a quendas.
Limita as posibilidades de flexibilizar
xa que a dirección do centro pode establecer un marco horario limitado
(que pode ser menor que o do servizo).
Marca unha escala de preferencias para
acollerse á flexibilidade, deixando claro que para a Xunta a
conciliación non é un dereito. Por riba diso, non regulan o prazo anual
de solicitude. Con isto quen chega antes podería ter flexibiliadde
horaria ou no medio dun curso escolar poderían quitarche a flexibilidade
se unha compañeira/o solicitara e tivera unha posición superior na
escala de prioridades que establecen.
Non se garante o equilibrio á hora de
asumir o dereito, podendo unha persoa flexibilizar toda a xornada e
outra só media hora ou incluso nada.
Tampouco resolven se exercer o dereito
pode prexudicar ao resto do cadro de persoal porque se negan a
establecer medidas de reforzo (como fan outras administracións) e non
queren priorizar a busca de medidas organizativas nos propios centros.
Con isto as necesidades de servizo van seguir sendo un “caixón de
xastre” que servirá para automatizar as denegacións.
Non se definen os termos básicos para
evitar interpretacións torticeiras como son o marco horario, o horario
de referencia e a propia flexibilización.
A posición sindical
Non se dá entendido como CCOO, UGT e
CSIF poden absterse ante unha orde deste calado, que non garante o
dereito á flexibilidade a todo o persoal da Administración, admitindo
incluso que van quedar máis de 4000 compañeiros/as fóra. A desculpa que
dixeron é que é unha orde moi esperada e que había que poñela en marcha
xa.
O problema é que esta “posta en marcha”
vai servir para limitar a flexibilidade a quen xa a ten e para ter
“razóns” para denegar e que, finalmente, o xulgado o teña máis difícil
para outorgar o dereito a conciliar.
Contacta coa CIG e reclama os teus dereitos!
CIG San Caetanohttp://www.blogger.com/profile/02721567468466654506noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-1753727470123118268.post-16224762262556897852023-09-27T09:15:00.002+02:002023-10-30T10:26:57.843+01:00 A Xunta de Galiza e o dereito a conciliación
Desexabamos que o I Plan de Igualdade
para o persoal da Administración xeral da Xunta de Galiza trouxera
avances en materia de conciliación familiar pero quedou nunha simple
declaración de intencións que non achega nada novo. Ao igual que a Lei
de impulso demográfico, coa que o goberno do PP nos encheu de propaganda
da súa marabillosa receita para acabar co envellecemento poboacional,
pero que segue sen desenvolverse a pesar de que o prazo máximo era dun
ano dende a súa publicación o 2 de febreiro de 2021.
Así, na Galiza, a Xunta, que tería que
ser referente para outras administracións e o sector privado en
facilitar a conciliación para o fomento da natalidade e o benestar
social das familias, o que fai é vender fume e nin sequera aplicar
adecuadamente o que xa lexislaron no goberno do Estado Español e dende a
Unión Europea.
A proposta da Administración autonómica en materia de flexibilización horaria
A Administración leva máis dun ano
activando (xa van tres veces) e logo parando a negociación da Orde que
regulará a flexibilidade por conciliación. A proposta que levaron á mesa
de negociación limita o dereito de flexibilidade ao marcar prioridades e
vinculalo ás necesidades do servizo. Débeselle “facer moito” permitir
conciliar ao seu persoal. Nin sequera se propón ampliar ou dimensionar
os cadros de persoal cando temos unha atención directa ao usuario/a ou
buscar outras medidas organizativas.
E, que coa Lei de impulso demográfico,
ampliaron a posibilidade de acollerse á flexibilidade por fillos/as
menores de 18 anos, sorprendéndonos a todas, xa que levabamos anos a
esixir pasar dos 12 actuais aos 14 anos, sen que atenderan as nosas peticións. Pero a realidade é que, máis de dous anos e medio despois, aínda non se
está aplicar e moitas familias de empregadas e empregados públicos
comezaron o curso escolar 2023-2024 sen poder acollerse á
flexibilización prometida.
Non é nada novo para o PP, facer campaña
e propaganda cando só compilan medidas que xa estaban noutra
lexislación, como queren facer na Lei de igualdade e na Lei de familias.
Ao final, os datos dirán se medramos ou seguimos a decrecer
demográficamente e como a pirámide poboacional crece invertida na
Galiza.
En definitiva, non estamos a falar dun capricho individual para “funcionarios escaqueados” como nos queren vender, a conciliación familiar é un beneficio social que aumenta o benestar das familias e reduce o gasto público propio e dos servizos de atención social, asi como aumenta a productividade.
É unha cuestión fundamental para o
desenvolvemento do país, para facer de ”punta de lanza” para outros
sectores e, xa avisamos...
Na CIG non nos imos conformar cunha conciliación de rebaixas!
CIG San Caetanohttp://www.blogger.com/profile/02721567468466654506noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-1753727470123118268.post-77390478301187599602023-09-26T09:17:00.001+02:002023-09-26T09:17:30.494+02:00Actualización das axudas de custe de quilometraxe e xantar
Na Xunta de Galicia temos postos
itinerantes, postos con xornadas especiais e alongadas, e moitas outras
situacións de traballo nas que se require traslado en coche propio,
xantar e mesmo durmir fóra. En todos os casos, as cantidades
indemnizadas levan 18 anos sen actualizarse (30/12/2005).
Na CIG levamos solicitado, tanto no
marco estatal como no autonómico, a actualización das axudas de custe.
Esta situación e especialmente gravosa para os postos itinerantes que
teñen que usar coche propio continuamente, algúns con mais de mil
quilómetros ao mes e que teñen que poñer cartos do seu peto, xa que os
0,19 € por km non cobren nin os gastos de gasolina (e moito menos os de
mantemento do vehículo).
Ademais denunciamos as cantidades
asignadas para o xantar, que varían en función do grupo ao que pertence o
empregado público, como se as necesidades de alimentación tamén
aumentaran co grupo. O mesmo para a durmida. Por iso esiximos que se
actualicen as cantidades e que se igualen para a todo o persoal.
No mes de xullo entraron en vigor as
novas cantidades para o quilometraxe mediante polo RD 462/2023, que
pasou a 0,26 €/km. E logo de demandar que se aplicara na Xunta de Galicia, o
director xeral de Funcion Publica dixo que non era de aplicación directa
e que necesitaban mudar a Orde. Solicitamos efectos retroactivos a
entrada en vigor que foi publicada no BOE de18 de xullo 2023.
Mais a pesar do prometido non veu a
proposta de modificación para a Mesa Xeral do 19 e a aprobación na
Comisión de Persoal xa que dixo que ía atender a nosa petición de
actualizar tamén as cantidades de xantar e de algunha cousiña máis, e
que iría para a semana que ven ás mesas.
Aledámonos de que a nosa Administración
entrara en razón con esta cuestión mais entendemos que o efecto da
quilometraxe a 0,26 debera ser retroactivo dende 18 de xullo.
Estes son os importes actuais: (DOG 30/12/2005)
O que se cobra en función do grupo
Grupo "alto"
Grupo "baixo"
Axudas de custe por aloxamento
102,56 €
48,92 €
Axudas de custe por manutención
53,34 €
28,21 €
Axudas por quilómetro percorrido
0,19 €
CIG San Caetanohttp://www.blogger.com/profile/02721567468466654506noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-1753727470123118268.post-65562837687124307212023-06-27T11:15:00.005+02:002023-06-27T13:02:34.300+02:00 Tortuoso traslado de unha subdirección de Facenda da Pastoriza para Feans
Se queres traballar en un
lugar (por chamarlle de algún xeito) en peores condicións que estar
en prisión podes ir a traballar a Subdirección Xeral de Inspección
e Control dos Fondos Públicos Europeos.
É unha das subdireccións con máis traballadores da Xunta de Galicia por rolda as 39 traballadoras. Ata o de agora estaban situados no edificio da Pastoriza, e trasladáronos para os antigos locales onde estaba o GAIN en Feans,
Por certo nin nos notificaron a Xunta de
Persoal e o Comite de Empresa de Servizos Centrais (SSCC) dese
traslado, como e perceptivo e máis de un mes despois de mover a
maior parte da Subdirección siguen no directorio telefónico da
Xunta que están na Pastoriza, nen tampouco foi notificado do cambio o Servizo de Prevenzon de
Riscos Laborais.
Terán algo ou moito que agachar??, dende a Xunta de Persoal
de SSCC xa se solicitou unha avaliación de riscos deste “novo” centro de
traballo, xa que dende o noso punto de vista non reúne os requisitos
mínimos para ser unha oficina de traballadores que por riba teñen
atención o publico.
Están nun semi-sótano que só ten luz e
ventilación natural por a porta de entrada, non ten fiestras en nengún
despacho, a luz artificial falla por todos lados xa que están máis
da metade das luminarias fundidas, cables por todos lados, mesas que
si lle pos algo encima vanse o chan, inúndase cando chove, ¡¡¡como que
en Santiago de Compostela non chove nunca!!!, e o inundarse incha a
madeira e non poden abrir algún despacho....
Este
goberno da Xunta do PP di que e o que quere facilitar as cousas as
familias, pois ben se teñen horario de conciliación familiar os
traballadores/as teñen que ter unha chave do local, xa que non teñen
garda de seguridade, nin ninguén que peche a porta o sair, a chave do local, algúns traballadores/as non a queren ter, por a responsabilidade que
isto conleva, a solución, que se poñan de acordo coa limpiadora do
local que remata de limpiar sobre as 17h. e vaise, así as
resolucións que teñen que poden flexibilizar ata as 20h. queda en
papel mollado, como o chan deste local cando chove.
Dende esta Xunta de Persoal de
SSCC seguirimos averiguando as relacións de FINSA co PP, xa que o
local é de FINSA. Un local que non cumpre os requisitos
nin para almacén, alúgase, non sabemos a que prezo, para oficinas. Esto queda para unha segunda entrega, o que xa denunciamos ahora que
os aforros que tanto anunciaron dende a Xunta do PP en alugueres non
son tales, xa que volven a pagar polos mesmos locais, a os mesmos
propietarios, e seguro que a un prezo superior.
CIG San Caetanohttp://www.blogger.com/profile/02721567468466654506noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-1753727470123118268.post-40598471709549380732023-06-27T11:14:00.003+02:002023-06-27T12:59:47.251+02:00 Queres paguita extra? Fala cos xestores de AMTEGA
Eres bo traballador/a?, eres
sumiso/a?, eres do partido?, fas o que che mandan sen rechistar?, ou
simpremente coincide que traballas na Axencia para a Modernización
Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA)?, pois si e así estas en hora boa,
podes ter unha boa productividade na nómina sen que nadie se entere,
claro saltandose a normativa que regula estes pagos, facendoa
dixital, oscurantista e arbitraria, a normativa que regula estes pagos vai de seguido:
Incentivos económicos: A participación nos grupos de
traballo ou unidades poderá ser incentivada coa percepción dun complemento de produtividade
ou compensada con gratificacións extraordinarias, e corresponderá a
cada centro directivo a elección, de xeito motivado, do tipo de
incentivo.
O complemento de
produtividade, que estará ligado á consecución de obxectivos,
estará especialmente indicado na realización de tarefas de especial
complexidade, dedicación e esforzo en que a iniciativa e o interese
do persoal empregado público resulten decisivos na consecución dos
obxectivos establecidos.
Produtividade: O
complemento de produtividade que, se é o caso, se destine a
retribuír o especial rendemento, a actividade extraordinaria e o
interese ou a iniciativa con que o persoal funcionario desempeñe o
seu traballo, nos termos establecidos na disposición transitoria
décima da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de
Galicia.
O complemento de produtividade
establecerase de acordo con criterios obxectivos que aprobe o
Consello da Xunta de Galicia, por proposta da consellaría
correspondente e logo do informe da Dirección Xeral da Función
Pública, da Dirección Xeral de Simplificación Administrativa e da
Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos, unha vez escoitados
os órganos de representación do persoal. Os complementos de
produtividade débense facer públicos nos centros de traballo.
Decir
que nen nos tablóns de anuncios, nen foron informadas, nen escoitadas as Xuntas de
Persoal ou Comités de Empresa, como e perceptivo. Todo isto
fixemollo saber a AMTEGA, en escrito asignado e enviado en abril de
2023, do que non temos resposta, e non só non temos resposta, si non
que nos dixeron traballadores que este ano 2023 van a repartir outra vez
diñeiro, como fixeron no 2022.
Nos dende a Xunta de Persoal de SSCC vamos a tomar todas as medidas para que esto non se repita, si fai
falta ir o xuzgado, o Valedora do Pobo....que non duden os xestores
desta Axencia que o faremos. Queremos luz e transparencia
sobre os emulumentos que cobran os traballadores e o porqué o cobrán,
como di a lexislación vixente, como parte da administración autonómica a que pertenece, e non que se funcione como un
macro-chiringo que parece que é o que queren os seus xestores.
CIG San Caetanohttp://www.blogger.com/profile/02721567468466654506noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-1753727470123118268.post-38275210036600101782023-06-15T11:06:00.000+02:002023-06-15T11:06:29.108+02:00Horario de verán 2023
Horario oficial:
Do 16 de xuño ata o 15 de setembro deberán realizarse 6 horas diarias continuadas de traballo entre as 8:00 e as 15 horas. O cálculo do cumprimento da xornada laboral será en cómputo diario.
Horario flexibilidade automática:
Do 16 de xuño ata o 15 de setembro, deberán realizarse 6 horas diarias continuadas de traballo entre as 8:00 e as 15 horas. O cálculo do cumprimento da xornada laboral será en cómputo diario.
Ata o 30 de xuño será posible compensar débeda do mes de maio e ata o 31 de xullo débeda da primeira quincena do mes de xuño. O tramo horario de compensación será de 8:00 a 15:00 horas.
Horario flexibilidade conciliación:
Do 16 de xuño ao 15 de setembro, deberán realizarse 6 horas de traballo diarias na franxa horaria autorizada pola Secretaría Xeral Técnica na resolución de concesión de flexibilidade por conciliación. O Cálculo do cumprimento da xornada laboral, será en cómputo mensual.
Ata o 30 de xuño será posible compensar débeda do mes de maio e ata o 31 de xullo débeda da primeira quincena do mes de xuño.
Horario redución de xornada de traballo diaria:
Do 16 de xuño ao 15 de setembro, deberá realizarse diariamente dentro da franxa horaria autorizada polo órgano de persoal correspondente para a concesión desa reducción de xornada o tempo de traballo que se determine mediante a seguinte fórmula:
0,80x XR*
XR = nº de minutos traballados diarimante en xornada reducida.
Queda excluído o persoal suxeito a horarios especiais e persoal a quendas, segundo dispón a Instrucción do 20 de xuño de 2013.
Así mesmo, e por motivos de conciliación da vida familiar e laboral, os empregados e empregadas públicas que teñan ao seu cargo persoas que teñan recoñecida unha discapacidade igual ou superior ao 33% sempre que convivan co solicitante e dependan deste, poderán acollerse a esta modalidade de xornada ato o 30 de setembro.
CIG San Caetanohttp://www.blogger.com/profile/02721567468466654506noreply@blogger.com0