A violencia machista é a principal causa de morte das mulleres de entre 15 e 44 anos, por diante do cancro, a malaria, os accidentes de tráfico e mesmo as guerras.
Na cúspide da pirámide de violencia está o feminicidio, o asasinato de mulleres polo mero feito de selo. Mais na base da sociedade patriarcal atopamos outras manifestacións, formas sutís de violencia que podemos atopar nas nosas relacións familiares, sociais, no ámbito da parella, no traballo, na escola, nas organizacións e na comunidade no seu conxunto.
Recoñecer estas actitudes non significa aceptar que vivimos nunha sociedade que perpetúa a desigualdade e a diferenza entre mulleres e homes, e que agocha a discriminación e a violencia contra as mulleres. Ao contrario, é ir ás orixes, valores e condutas xerados pola cultura dos xéneros e propiciar cambios e alternativas.
A CIG convoca concentracións e fai un chamamento a saír novamente ás rúas amosando que é responsabilidade de toda a sociedade mudar e reverter o noso modelo de relacións sociais.
MOBILIZACIÓNS DA CIG CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA:
A Coruña: ás 12 horas na Praza Luís Seoane, ás 12 horas
Ferrol: ás 12 horas diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galiza
Compostela: ás 12 horas diante da Confederación de Empresari@s, na rúa do Vilar, 54
Pontevedra: ás 11:30 horas na Praza 8 de Marzo
Vilagarcía: ás 11 horas diante da FECA (Federación de Empresarios/as da Comarca de Arousa, na Rúa Castelao)
Ourense: ás 11 horas diante do local sindical
Lugo: ás 12 horas diante da CEL (Confederación de Empresarios/as de Lugo)
Ningún comentario:
Publicar un comentario