A
resolución do 10 de xullo de 2015, que modifica as instrucións do
réxime de vacacións, permisos e licenzas para adaptala á nova Lei do
Emprego Público colou unha modificación que sinala o seguinte "Os
empregados públicos que teñan concedida a flexibilidade horaria por
motivos de conciliación familiar e laboral, deberán xustificar a
imposibilidade de cumprir cos seus deberes de conciliación no
dito horario para poder facer uso deste permiso", con respecto ao acompañamento dun familiar dependente á hora de ir a calquera cuestión médica.
A Xunta de Persoal dos Servizos Centrais esixe a derrogación inmediata desta modificación.
Impón unha penalización gratuita ao persoal que dispón desta modalidade
horaria que o discrimina con respecto ao resto do persoal ao converilo
para este persoal en recuperable; algo que non contempla a lei. Co mesmo
argumento poderían impor que calquera permiso ou licenza, por exemplo,
cando teñamos a un familiar ingresado no hospital, acabe sendo
compensado, se non podemos xustificar a imposibilidade de cumprir cos
deberes de conciliación no dito horario... pero de que horario estamos a
falar? por outra banda... Presentarase escrito dirixido aos órganos
competentes nesta materia, máis á Comisión de Seguimento da
Flexibilidade e á Valedora do Pobo.
Isto está tamén relacionado con outra denuncia do órgano de representación relacionado coa non cobertura en todas as consellarías das baixas en todos os casos relacionados con aspectos da conciliación familiar e laboral, comezando polas maternidaes, paternidades, adopcións e acollementos, lactancia, ou riscos durante o embarazo ou lactación natural.
E din que o futuro se escribe con F de fillos jajajajajajajajajajaja...rir por non chorar!
ResponderEliminarAnimo!