venres, 20 de novembro de 2015

Tras a entrega de máis de 3 millóns de sinaturas a UE promete melloras no CETA (o TTIP con Canadá)

Martin Schulz, presidente do Parlamento Europeo, non perdeu a oportunidade de aceptar as firmas da Iniciativa Cidadá Europea (ICE) para deter o TTIP durante as mobilizacións en contra deste tratado, que vai a favor única e exclusivamente das grandes empresas e a gran banca e en contra da xente do común.

Estaba claramente impresionado polo gran número de firmas (para que conste: 3.284.289!!) e fixo dúas promesas: En primeiro lugar, quería pedirlle persoalmente á Comisión de Peticións do Parlamento Europeo que valorase se se podería conceder unha audiencia aos promotores do Stop TTIP. En segundo lugar, referiuse ao acordo CETA UE-Canadá na súa forma actual como problemática e pediu á Comisión Europea que inicie renegociaciones co novo goberno de Canadá.


Imos lembrar ao presidente Schulz as súas palabras e insistir en que o tratado CETA non debe ser ratificado. Actualmente o acordo está a pasar por un proceso de depuración legal e unha vez feito isto será traducido a todas as linguas oficiais da UE. A súa ratificación é probable que comece o próximo ano. Despois deste paso é probable que cada estado membro teña que aprobalo de forma individual, tamén. Así que aínda temos unha chea de tempo para propagar os nosos argumentos cara a un público máis amplo e impedir a conclusión do CETA. Mentres tanto, as negociacións TTIP están a progresar con lentitude, o que é tamén un sinal do éxito do noso crecente movemento

Agora que entregamos as firmas "Detede o TTIP" á Comisión Europea e ao Parlamento Europeo, estamos a prepararnos para remitir as nosas sinaturas ao Consello Europeo de Ministros de Comercio este venres en Bruxelas. Despois de todo, estas tres institucións son responsables da conclusión do TTIP e do CETA e non deberían poder reclamar en ningún momento que nunca escoitaron nada sobre a oposición de parte dos cidadáns da UE! O que é máis, nalgúns Estados membros da UE, tamén planeamos transferencias aos gobernos ou parlamentos respectivos. Imos manter a presión e temos moitas ideas de como deter o TTIP e o CETA. Mantédevos ao tanto!

Aquí un vídeo do acto de entrega das 3.284.289 sinaturas:

 

Fonte: Stop TTIP

Ningún comentario:

Publicar un comentario