No BOE do 31 de outubro publicouse o Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público.
Son varios os textos legais que o Goberno do estado español sacou adiante a última hora (recordamos a nova Lei de Procedemento Administrativo e a de Réxime Xurídico das Administracións Públicas) e tamén son varias as versións consolidadas baixo a forma de Real Decreto Lexislativo que están a publicar: a semana pasada foi o novo texto refundido do Estatuto dos Traballadores e nesta semana tocoulle ao Estatuto Básico do Empregado Público mais tamén, entre outros, ao texto refundido da Lei da Seguridade Social.
Principais novidades do texto refundido do Estatuto Básico do Empregado Público
- A recuperación dos días de asuntos particulares e vacacións, de acordo coas últimas modificacións lexislativas.
- A novidade de que as vacacións non gozadas por enfermidade póidanse gozarse tras o alta.
- As melloras efectuadas en materia de mobilidade, xornadas, permisos e situacións administrativas nos casos de violencia terrorista.
- Os permisos por coidado de fillo menor afectado por enfermidade grave e para os casos de acollemento pre adoptivo e adopción.
- Incorpóranse tamén as normas aprobadas na Lei de Orzamentos Xerais do Estado para 2016, como o permiso retribuído para as funcionarias en estado de xestación.
Estas "novidades" xa estaban introducidas mediante outros textos legais pero ficaban dispersas en diferentes normas, de aí a necesidade de refundir o texto orixinal coas diferentes modificacións. Algunas delas, como o das vacacións non gozadas ou o dos permisos por coidado de fillo/a afectado por enfermidade grave xa figuran recollidas na recente Lei de emprego público de Galiza.
Consonte ao RD lexislativo, o texto refundido entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no BOE.
Con todo, a entrada en vigor da duración prevista para o permiso de paternidade no artigo 49.c) (catro semanas), producirase nos termos previstos na disposición transitoria sexta do devandito texto refundido (15 días ata que entre en vigor o disposto no artigo 2 da Lei 9/2009)
Por último, a entrada en vigor, tanto do apartado 2 do artigo 50 (vacacións non gozadas por enfermidade e outros) como da disposición adicional décimo sexta (permiso retribuído para funcionarias a partir da semana 37 de xestación), producirase o 1 de xaneiro de 2016.

Ningún comentario:
Publicar un comentario