Para 2016 prometen máis de 2000 prazas de emprego público, así o anunciou o conselleiro de Facenda na súa intervención parlamentar do martes, 24 de novembro. Este ano a oferta foi dun total de 1163 prazas das que 1/3 foron para para Administración Xeral.
Estas últimas semanas soaba na prensa que se duplicaría a oferta de emprego público da Xunta para o ano que vén. O primeiro do que se soubo foi Ensino porque o conselleiro de Educación xa o anunciara no Parlamento a finais do mes pasado a convocatoria de máis de 1.000 prazas. Despois algúns medios, previo pago, desglosaban mesmo os datos do resto dos 2000 postos que facilitou o conselleiro.
En reunión do 27 de novembro o director de Función Pública ofrece as seguintes pinceladas adicionais: desminte o publicado nalgúns medios de convocar as 700 prazas de incendios que están en réxime de temporalidade, fala de que como moito serán 200 prazas en Administración xeral entre persoal funcionario e laboral, que por primeira vez se ofertarán 6 prazas específicamente para a quenda de persoas con discapacidade intelectual, que valoran sacar o proceso de funcionarización na OPE 2016 e que nada da consolidación das OPE 2008 que para 2016 o Ministerio de Facenda non autoriza
Neste énfase de "bonanza económica" non perden comba nin de sacar rédito cos empregos públicos. Falan de 18.000 empregos para o 2016, dos cales 2.000 serán creados pola Administración autonómica. Esquécense que eses 2000 non se van crear necesariamente no vindeiro 2016 pois unha cousa é a oferta, outra a convocatoria e outra a resolución do proceso e nomeamento como persoal funcionario ou sinatura do contrato como persoal laboral. O oportunismo non se lle escapa nin aos medios máis condescendentes co Goberno.
Taxa de reposición
O aumento na "presunta" oferta pública de emprego por mór do xa reiterado anuncio de aumentar a taxa de reposición ao 50% con carácter xeral e ata o 100% en determinados servizos público. Un aumento que no proxecto de lei de Orzamentos para o 2016 non se ve reflexado na mesma intensidade para a cobertura temporal nin sequera de maternidades e paternidades. Dado que se estima que é preciso cubrir con esa intensidade esas vacantes, como teñamos que agardar a ter cuberta de xeito definitivo estas prazas, van quedar ben atendidos eses servizos...
Por suposto, ninguén, salvo a Xunta (e viva a transparencia!) ten acceso a que postos actualmente están vacantes na Xunta para verificar que esta promesa de cubrir en tanto porcento determinados postos vacatnes se está a producir. Non é a primeira nin a última vez que reclamamos que este dato ten que ser público xunto coas relacións de postos de trababallo (RPTs).
Por suposto, ninguén, salvo a Xunta (e viva a transparencia!) ten acceso a que postos actualmente están vacantes na Xunta para verificar que esta promesa de cubrir en tanto porcento determinados postos vacatnes se está a producir. Non é a primeira nin a última vez que reclamamos que este dato ten que ser público xunto coas relacións de postos de trababallo (RPTs).
O curioso de todo esto xa non é o populismo co aumento do número de prazas no sector público de quen vai só un par de anos defendía a necesidade de reducilo por debaixo dos niveis que temos agora. O curioso é vender como emprego creado no 2016 o que simplemente é unha oferta que non se sabe moi ben cando se vai concretar con seguridade, máxime nun escenario europeo que esta clamando recortes para o ano que vén por valor de 10.000 millóns de euros. E é que hai que dar sensación de melloría da situación económica, de ter feitos os deberes e ata de que o PP apreta pero non afoga. E isto é só o principio.
Ningún comentario:
Publicar un comentario