mércores, 2 de decembro de 2015

A Xunta estáfanos 33 millóns nas pagas extras do 2013 que recoñece a Xustiza

Catro novas sentenzas só nos Servizos Centrais da Xunta favorables á recuperación dunha cantidade que oscila entre 130 e 500€ correspondentes á paga extra de xuño de 2013. Destas, tres xa foron pagadas coa nómina de novembro.

A contagotas van chegando as sentenzas xudiciais pero todas baixo un mínimo común denominador: recoñecen o dereito a 1/3 do complemento específico na paga extra de xuño de 2013. A maiores, unha delas, ao haber silencio administrativo, estima na súa totalidade a recuperación dos dous complementos específicos das pagas extras do 2013 e mesmo condena a 400€ en custas procesuais á Xunta. As catro sentenzas recollen que á cantidade que se ten dereito a percibir débenselle engadir os xuros desde a data de reclamación.

Estas sentezas veñen dos Xulgados do Contencioso Administrativo de Compostela onde chegaron varias demandas xudiciais do persoal funcionario dos Servizos Centrais por este tema. Ao ser reclamación de cantidades inferiores a 18.000€ as sentenzas son firmes e non cabe recurso. Para o persoal laboral a reclamación fíxose en vía de conflito colectivo e resolveuse no Tribunal Superior de Xustiza de Galiza en termos similares pero non é firme e está recorrida pola Xunta co obxecto de atrasar todo o que poida o inevitábel.

No ano 2013, o goberno de Feijoo decidiu recortar o complemento específico (ou concepto equivalente para o persoal laboral) nas dúas pagas extras de todo o seu persoal pasando a ser Galiza unha das escasas comunidades nas que se aplicou un recorte adicional. Recorte que continúa hoxe en día e que está anunciado que se prorrogará mínimo este 2016, medida co que aproximadamente están a quitarnos uns 200 millóns de euros por ano.

Estas sentenzas inciden nos fundamentos xurídicos das sentenzas que xa recoñeceran o pagamento dunha parte da extra de Nadal de 2012; isto é, a Xunta descontou retroactivamente unha parte da paga extra de xuño de 2013, ao se aprobaren os Orzamentos para ese ano o 1 de marzo de 2013, polo que o recorte da parte devindicada nos meses anteriores de xaneiro e febreiro é ilegal.

Desde o 2013 levamos advertindo á Xunta deste tema pero como quen oe chover, polo que só cabe cualificado de estafa a gran escala e que calculamos constitúe para todo o persoal da Xunta ao redor de 33 millóns de € sen contar custas e xuros de demora. Uns sobrecustos e saturación da vía xudicial que lle da igual facer fronte á Administración autonómica porque non sae do peto dos seus responsables políticos. Destacamos que a Xunta é plenamente consciente do seu comportamento pero xoga co efecto numérico das demandas. Un comportamento habitual nas eléctricas ou compañías de telecomunicacións pero que nunha Administración pública resulta vergoñento.

A CIG seguirá promovendo reclamacións contra o recorte ilegal da paga do ano 2013 e anuncia unha nova vaga de demandas nos Xulgados do Contencioso Administrativo ao que a Xunta nos obriga para recuperar o que legalmente é noso.

Por se non queda claro, esta reclamación salarial na vía xudicial non esmorece a nosa reclamación fundamental neste tema:



Fálase en:

http://www.galiciaconfidencial.com/noticia/26945-denuncian-xunta-estafa-33-millons-pagas-extras-funcionarios

http://galego.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2015/12/03/cuatro-sentencias-obligan-xunta-pagar-parte-extra-recortada-junio-2013/0003_201512G3P6993.htm



Novas relacionadas:


Ningún comentario:

Publicar un comentario