Dentro do calendario de mobilizacións emprendido desde os comités da Consellaría de Política Social, o vindeiro xoves, 17 de decembro terá lugar a 3ª data da manifa que partirá do Parlamento de Galiza ás 17:00h e rematará na Praza da Quintana. Desta volta, como novidade a manifestación discorrerá con velas.
Cómpre recordar que o proxecto de Lei de Orzamentos 2016 mantén prorragadas boa parte da Lei de medidas de 2012 entre as que se atopa a suspensión do artigo 19 do convenio colectivo (dereito a descansos en domingos e festivos) que empeora a prestación dos servizos públicos. Outras como a de "pagar por enfermar" xa forons convetidas en permanentes a través da Lei de emprego público. Pero a recuperación económica non era sólida!? Pois non o é a recuperación dos servizos públicos.
Na propia manifestación tamén se reivindicará a convocatoria inmediata do concurso de traslados para persoal laboral que o Convenio Colectivo recolle como Permanente e o anterior resolveuse vai xa para 3 anos.
Na propia manifestación tamén se reivindicará a convocatoria inmediata do concurso de traslados para persoal laboral que o Convenio Colectivo recolle como Permanente e o anterior resolveuse vai xa para 3 anos.
Persoal laboral e funcionario, traballadoras e traballadores públicos, persoas usuarias dos servizos sociais públicos e cidadanía en xeral, están chamadas a esta mobilización.
Ningún comentario:
Publicar un comentario