venres, 11 de decembro de 2015

Publicación das listas definitivas para cobertura temporal de postos na Xunta

No DOG do 11 de decembro recollese a resolución da Dirección Xeral da Función Pública pola que se fan públicas as listas definitivas para o desempeño transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Administración da Xunta de Galicia, reguladas no Decreto 37/2006, do 2 de marzo. Accede á resolución

As persoas solicitantes admitidas en cada unha das listas dos anexos poden consultarse no portal web da Xunta de Galicia na epígrafe Función Pública. Accede á consulta de listas de substitución

Nas ditas listas figura a seguinte información:
Solicitantes admitidos/as nas listas con indicación da puntuación resultante da aplicación do baremo establecido no artigo 9 do Decreto 37/2006.

Solicitantes excluídos/as con expresión da causa de exclusión.

As listas entrarán en vigor a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG. As persoas solicitantes excluídas disporán do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para solicitar a devolución das taxas por dereitos de inscrición; deberán consignar o nome e apelidos, NIF, número da conta bancaria (vinte díxitos) e localidade desta, e achegarán, así mesmo, copia cotexada do modelo de autoliquidación da taxa.



Ningún comentario:

Publicar un comentario