martes, 5 de xaneiro de 2016

A CIG denuncia escaseza de persoal e material na Residencia de Maiores de Volta do Castro de Santiago de Compostela

A CIG diríxelle un escrito ao conselleiro para denunciar a escasez de persoal e material na Residencia de maiores Volta do Castro, recordándolle os seus compromisos parlamentarios.
A sección sindical da CIG de Política Social da Coruña, pon no seu coñecemento os seguintes feitos que consideramos moi graves e que están a dificultar a calidade dos servizos prestados a 150 residentes de Residencia de Maiores Volta do Castro:

1º. O conselleiro de Política Social, comprometeuse no Parlamento de Galicia a efectuar a dotación necesaria para solucionar os problemas de escasez de material e medios averiados na Residencia de Volta do Castro. A día de hoxe, martes 5 de xaneiro de 2016, o centro continua con 1 lavadora averiada (dende fai mais de 6 meses), que imposibilita o normal desempeño do traballo en lavandería para dar servizo a un centro con 150 residentes asistidos. A esta falta engadeselle a restricción a 3 pañais por día e residente, co que é un "milagro" manter en condicións de limpeza e hixiene a roupa de cama e dos usuarios. O persoal e os residentes soportan estas carencias nuns limites de laboriosidade e dilixencia, propias de épocas de escasez tercermundista.   

2º.  Argumentando falta de orzamento, durante as vacacións de Nadal e permisos concedidos nestas datas, non se cubre á totalidade do persoal ausente, polo que todos os departamentos da Residencia de Maiores de Volta do Castro están a traballar dende o 23 de decembro de 2015, co persoal escaso e insuficiente isto é co número de persoal por debaixo dos servizos mínimos marcados para un caso de FOLGA. Esta situación conleva a sobrecarga de traballo para o persoal que esta en quendas  e a imposibilidade de realizar as atencións normais e diarias que necesita o mantemento da Residencia de Maiores  e os seus 150 usuarios. O traballo realizase en condicións de estrés laboral e  atencions primarias, con acumulación de tarefas e anulación de servizos básicos.

Poñemos esta situación en coñecemento de Vde., como conselleiro de Política Social, tome URXENTEMENTE as medidas necesarias para dotar de medios e persoal á Residencia de Maiores de Volta do Castro, problemática que ven arrastrando no tempo sen nengun tipo de SOLUCIÓN e que como sabemos que os reises magos non se ocupan destas cousas, SI que é a súa responsabilidade como conselleiro tomar medidas efectivas para que a atención e os medios materias e de persoal sexan os apropiados e necesarios na Residencia de Maiores de Volta do Castro de Santiago de Compostela.

1 comentario:

  1. Por non ter, non teñen nin directora xeral de inclusión social, a Sra. Mª de los Angles Teijeiro González esta nomeada no DOG 9/11/15 e ainda non tomou posesión do seu cargo, por o menos nadie a viu por o seu despacho, igual solicitou incompatibilidade co seu actual cargo de diputada e non o sabe nadie, esto e o que lle importa os servizos sociais a este gobernó, IMPPRESENTABLE. Saúdos Fulgencio.

    ResponderEliminar